Non perdas unha nova edición das Meninas de Canido 2026, do 4 ao 6 de setembro, en Ferrol. Ademais das obras de arte inspiradas en Velázquez que podes percorrer polas rúas do barrio, espérante moitas actividades, concertos, foodtrucks para comer, o Mercado Creativo e moito máis. Consulta aquí o programa das Meninas de Canido 2026 en Ferrol e goza desta festa da arte e da cultura.
As orquestras galegas teñen verdadeiros fans que as seguen onde queiran que actúen. Creamos un calendario con todas as datas para que saibas onde actuarán as orquestras galegas en 2026 e poidas asistir a todas as verbenas da Orquestra Panorama, París de Noia, Combo Dominicano e Los Satélites.
Ribadeo ten en setembro una das súas festas máis queridas na honra de Santa María do Campo, son as festas de Ribadeo 2026, que duran ata o 8 de setembro. O municipio da mariña lucense celebra as súas festas patronais con concertos, verbenas con orquestras, o desfile dos Cocos ou os fogos artificiais. Contámosche todo o programa das festas de Ribadeo 2026.
Os días grandes das festas do Cristo do Porriño 2026 teñen lugar a última fin de semana de setembro, ´dicir, do 25 ao 27 de setembro. Non obstante, as festas esténdense ao longo de todo o mes e conclúen a primeira fin de semana de outubro coa famosa Festa dos Callos. Aquí tes o programa das festas do Cristo do Porriño 2026 para que poidas gozar de todos os eventos.
Hai dous tipos de tardeo na Coruña. Por unha banda, están as zonas de tardeo polas rúas e prazas, xeralmente con terrazas. E, por outro, as sesións de festas de tardeo con Djs e diferentes tipos de música e estilos. Aquí tes a guía de bares e discotecas onde podes gozar de saír de festa polo día.
En Galicia encántanos a boa comida, e a Festa do Marisco de Vigo 2026 é a oportunidade perfecta para saborear un dos manxares máis cobizados da gastronomía galega. Este ano amplíase a dúas semanas esta cita gastronómica, do 27 ao 30 de agosto e do 3 ao 6 de setembro. Unha dobre oportunidade para degustar o mellor marisco de Galicia.
As mellores orquestras de Galicia están nas Festas de San Roque en Melide 2026, do 14 ao 22 de agosto. Unha semana de celebracións que inclúe concertos, música tradicional, charangas, bandas e actividades infantís. Contámosche todas as actividades do programa das festas de San Roque en Melide 2026 este verán.
As Festas de Betanzos 2026, na honra de San Roque, celébranse do 14 ao 25 de agosto e veñen cargadas de concertos e actividades que che contamos aquí. Infórmate de cando son as xiras dos Caneiros, o Globo de Betanzos... no completo programa das Festas de Betanzos 2026.
Agosto é un mes especial para Foz porque celebra as festas patronais de San Lorenzo. O día grande das festas de San Lourenzo de Foz 2025 é o domingo 10 de agosto, cando teñen lugar os fogos. O programa das festas de San Lourenzo de Foz 2025, do 8 ao 11 de agosto, inclúe ademais verbenas e orquestras que che contamos aquí.