A rede móbil 5G de R suma e segue. Xa poden gozar desta tecnoloxía máis do 70% dos galegos (e a idea é chegar ao 98% a finais deste ano). Así que queremos contarche que tes que facer para aproveitar todas as vantaxes do 5G. E, sobre todo, como configurar o teu móbil para activar o 5G de R.

Iso si, vas necesitar un smartphone que sexa compatible con esta tecnoloxía.

Tarifas móbiles de R con 5G

Antes de nada, seguro que queres saber en que tarifas móbiles de R se pode gozar de acceso á rede móbil 5G. Máis que nada por se ti tamén podes desfrutar desta mellora e navegar máis rápido.

Pois non vas ter que mirar a túa tarifa, porque todas as liñas móbiles de R contan con 5G.

Que mellor que ofrecer un bo servizo e a velocidade máis avanzada a todos os nosos clientes de R con móbil.

Configura o teu móbil para activar a rede 5G de R

Unha vez aclarado isto, para activar a rede 5G de R no teu móbil só tes que seguir esta sinxela guía, que tamén che servirá para comprobar se o teu teléfono incorpora esta tecnoloxía ou necesitas comprar un novo dispositivo con 5G.

1. Abre o menú de "Axustes" e selecciona a opción "Rede móbil" (o nome pode cambiar dependendo da marca do teléfono)

2. Dentro de "Rede móbil" é probable que teñas que seleccionar a tarxeta SIM.

3. Pulsa o menú "Redes móbiles" para ver as redes compatibles co teu teléfono e poderás activar o 5G.

4. Tamén poderás seleccionar que se conecte automaticamente ao 5G cando esteas preto dunha antena con esa cobertura.

Se comprobaches que non aparece a opción da rede 5G é que o teu móbil non dispón desa tecnoloxía. O recomendable é que renoves o teu terminal na nosa tenda móbilR e empeces a gozar de máis velocidade e cobertura.

Teléfonos móbiles compatibles con 5G en R

Mellora a túa experiencia móbil coa rede 5G. Estes son os smartphones compatibles con 5G que atoparás no catálogo de móbiles de R. Como vas ver, hai moita variedade de modelos e marcas para que poidas elixir ao teu gusto:

Oppo

• Oppo A77

• Oppo Find X5 Lite

• Oppo Reno 8 Lite

• Oppo Reno 8 Pro

Honor

• Honor Magic 4 Lite

• Honor 70

Xiaomi

• Xiaomi 12

• Xiaomi Redmi Note 11 Pro

• Xiaomi 12T

• Xiaomi 12 Lite

Samsung

• Samsung Galaxy A13

• Samsung Galaxy A53

• Samsung Galaxy S22

• Samsung Galaxy S22 Ultra

• Samsung Galaxy A33

• Samsung Galaxy Z Flip4

Apple

• iPhone 13

• iPhone 14

• iPhone 14 Plus

(Manteremos actualizada a listaxe, pero podes ver en calquera momento o stock de móbiles con 5G na nosa web, seleccionando o menú "Dispositivos con 5G").

Que é o 5G e que vantaxes ten a rede 5G

O 5G é a quinta xeración de conectividade móbil, que dá un salto de calidade xigante respecto ao 4G. Fíxate:

Moita máis velocidade: o 5G consegue velocidades de descarga de entre 100 e 1.000 veces máis rápidas que o 4G. Que significa isto? Pois, por exemplo, que poderemos descargar unha película en 10 segundos.

Máis usuarios/as conectados/as: con 5G poden conectarse ata 100 veces máis usuarios/as e dispositivos que coas redes 4G sen que estas se saturen.

Aumenta o alcance: prevese que haberá 1 millón de nodos por quilómetro cadrado, polo que alcanzará a máis usuarios/as.

Menor consumo: a conexión 5G supón unha redución de ata o 90% na utilización de enerxía para a rede.

Baixa latencia: con 5G a latencia pasa a ser 50 veces menor que en 4G, polo que a información transmítese practicamente en tempo real, o retardo será insignificante.

Cobertura da rede 5G de R

Agora a cobertura de R chega a calquera recuncho. Como che diciamos arriba, a rede 5G xa alcanza máis do 70% da poboación galega. Podes consultar aquí a cobertura 5G por municipios.

Se xa es de R, gozas automaticamente da rede 5G, porque está incluída en todas as tarifas de móbil. Igual que as chamadas ilimitadas 😊.

E se vas contratar agora R, bota un ollo ás ofertas de fibra e móbil para gozar de máis velocidade e cobertura 5G.

Prepárate para escoitar cancións en streaming sen cortes ou navegar por Internet sen apenas esperas.

Porque a tecnoloxía 5G supón a redución do retardo nas comunicacións, o aumento do caudal de transferencia da información, unha mellora da cobertura, e a posibilidade de que millóns de dispositivos estean conectados á vez.

Esperamos que esta guía che axude a configurar o teu móbil para activar o 5G de R.