Adiántate ao verán en R e enche a bolsa da praia de máis xigas e un móbil novo. Se os xigas da túa tarifa quedan un pouco curtos no verán, que é cando máis os usas ao estar fóra de casa, faite cun bono de datos extra de 20GB ou 50GB e estrea móbil por 0€.

O ben que che van vir as dúas cousas no verán máis esperado da nosa vida. E é que despois de tanto tempo na casa, estás a desexar presumir nas túas redes sociais desa terraciña na praia, dese primeiro baño, dese xeado que che sabe como nunca.

E o último que che apetece é quedar sen datos ou que o móbil quede colgado no momento menos oportuno. En R poñémoscho a ovo: extra de datos e teléfono novo a elixir.

20GB extra e o Samsung Galaxy A12 64GB por 6€/mes

Contratando 20GB extra por só 6€/mes, o Samsung Galaxy A12 64GB sáeche por 0€

Polo que che custa ese par de xeados despois da praia, levas 20GB extra -que se suman aos da tarifa de datos que tes contratada en R- e o novo Samsung Galaxy A12 64GB.

O A12 permíteche ver máis e mellor, grazas á súa pantalla Infinity-V de 6,5 polgadas.

Para inmortalizar todos os teus plans, contas cunha cámara cuádrupla de 48+5+2+2 MPX. Ten ángulo de visión de 123 graos para as panorámicas, efecto desenfoque en retratos e en imaxes de pequeno detalle. A cámara frontal de 8 MPX permitirache facer selfies impresionantes que mostren máis ou menos o fondo.

E fai todas as que queiras, non te cortes. Tes 64GB de almacenamento, que podes ampliar cunha tarxeta microSD (ata 1TB).

Para aguantar o teu ritmo todo o día, o A12 incorpora unha batería de 5000 mAh con carga rápida.

50GB extra e o Oppo A74 5G por 12€/mes

Contratando 50GB extra por só 12€/mes, o Oppo A74 5G sáeche por 0€

Se necesitas moitos xigas, suma 50GB á túa tarifa de datos con este bono extra, que trae o Oppo A74 5G a 0€.

Móbil de nivel con memoria interna de 128GB para que gardes a túa música, fotos ou apps sen preocuparte polo espazo.

Ademais, notarás que vai moi rápido, aínda que esteas a facer varias cousas á vez ou teñas cen cousas abertas, grazas aos seus 6GB de RAM.

O A74 ten unha pantalla grande de 6,49 polgadas e unha batería de 5000 mAh con carga rápida para todo o día.

E en tema fotos, conta cunha cámara de catro lentes de 48+8+2+2 MPX e Intelixencia Artificial. É a artífice da selección de escenas ou do modo embelecemento. Para os selfies, ten nada menos que 16 MPX.

Agora tócache elixir que combinación se axusta máis ás túas necesidades: 20GB extra e o Samsung Galaxy A12 64GB por 6€/mes ou 50GB extra e o Oppo A74 5G por 12€/mes.

Telo a ovo!!