O futuro do rural e das nosas aldeas pasa por conectalas a internet de alta velocidade. E non importa se a fibra óptica non chega a todos os recunchos de Galicia, xa que en R temos a mellor oferta para conectar a túa leira ou casa da aldea a internet. E, ademais pódeslle engadir tarifas de móbil con xigas ilimitados de R.

Porque nos importa que a conectividade non sexa un problema se queres volver ao rural a teletraballar.

Consultar cobertura de internet rural en Galicia

A oferta máis completa e rápida da internet rural en Galicia

Estarasche a preguntar como conseguimos levar internet de alta velocidade ás zonas rurais de Galicia onde non chega a fibra. Pois con este foguete que é o mambo axiña: ata 150 Mb con router wifi 6 e que che dá todo isto:

  • Velocidade de ata 150 Mb: multiplica as velocidades actuais de ADSL, que non pasan de 5 Mb. Ollo, porque a velocidade depende da cobertura. Iso si, a velocidade media que están a gozar agora mesmo os nosos clientes é de 102 Mbps.

  • Conexión de máis de 32 dispositivos á vez: agora podes teletraballar e de forma simultánea conectar todo tipo de aparellos a internet, dende os móbiles ata consolas, pasando polo robot de cociña.

  • Cobertura wifi en toda a túa casa: o noso router wifi 6 de última xeración conta con conectividade 5G para que sempre navegues a máxima velocidade.

  • Gaming sen retardo: mellora a túa experiencia de xogo en liña grazas a unha latencia brutalmente baixa. Para que te fagas unha idea, o lag que poidas ter é o mesmo que o dunha conexión de fibra óptica.

Completa a túa oferta da internet rural con tarifas de móbil

Non por vivir no campo tes que renunciar a ter un paquete pechado de internet e liñas de móbil. Co internet rural de R tes as mesmas vantaxes que os nosos clientes de fibra.

É dicir, que podes engadir unha ou máis liñas de móbil con xigas ilimitados para non quedar nunca sen datos, aínda que esteas no medio do monte.

Ver ofertas de internet rural + móbil en Galicia

Contrata agora internet rural e móbil con R

Para empezar a gozar da internet de alta velocidade nunha zona rural onde non chega a fibra só tes que chamarnos ou entrar na nosa web e contratar internet rural; ou sexa, o mambo axiña do que che falabamos antes.

E non tes que facer nada máis. Nós encargámonos de enviarche o equipo á túa casa en 24 horas, para que recibas o router wifi 6 ao día seguinte de contratar o servizo e empeces a navegar canto antes.

Enviámoscho, enchúfalo e listo. En menos de 3 minutos, e sen necesidade dun instalador, pódelo poñer ti mesmo en marcha seguindo esta guía.

Porque esa é outra das vantaxes do noso internet rural, que é moi fácil de instalar. Evitas cables, porque simplemente colocas o router no sitio da casa que ti queiras.

Internet rural en toda Galicia

Xa ves que é moi fácil e moi rápido contratar internet rural de R en Galicia.

Unha conexión de calidade, a que che ofrece o mambo axiña, que por fin chega a máis de 140.000 fogares galegos repartidos ao longo de case 50 municipios.

Galicia merecíase este internet rural. Ti merecías esta conexión, vivas onde vivas.

Esperamos que o goces e estaremos atentos por aquí por se tes algunha dúbida. Podes deixar a túa pregunta na caixa de comentarios.