Se che encanta ir de porto en porto en Galicia desfrutando das competicións de traiñeiras, deixámosche aquí o calendario de la Liga Galega de Traiñeiras 2025.
Calendario Liga Galega de Traiñeiras 2025

A Liga Galega de Traiñeiras 2025 despútase durante todo o verán en diferentes portos galegos, nas súas tres categorías: Liga A, Liga B e Liga Feminina. O Trofeo Xunta de Galicia 2025 comeza a finais de xuño en Redondela e finalizará a finais de agosto en Moaña.
Toma nota das diferentes citas deportivas e das bandeiras que hai en xogo con este calendario Liga Galega de Traiñeiras 2025:
CALENDARIO LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS 2025: XUÑO | |||
---|---|---|---|
DATA | LUGAR | DISPUTA | COMPETICIÓN |
28 de xuño, 17:30 h | Chapela | XL Bandeira Concello de Redondela | Liga A |
28 de xuño, 16:00 h | Chapela | III Bandeira Chapela Wofco | Liga B |
28 de xuño, 16:30 h | Chapela | X Bandeira Feminina Concello de Redondela | Liga F |
CALENDARIO LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS 2025: XULLO | |||
---|---|---|---|
DATA | LUGAR | DISPUTA | COMPETICIÓN |
5 de xullo, 18:00 h | Mugardos | IX Bandeira Concello de Mugardos | Liga A |
5 de xullo, 17:00 h | Mugardos | VII Bandeira Feminina Reganosa | Liga F |
6 de xullo, 12:00 h | Muros | XVIII Bandeira Concello de Muros | Liga A |
6 de xullo, 11:00 h | Rianxo | IV Bandeira Feminina Concello de Rianxo | Liga F |
12 de xullo, 17:30 h | San Vicente do Mar (Porto de Pedras Negras) | XIV Bandeira Virxe do Carme | Liga A |
12 de xullo, 17:30 h | A Pobra | XX Bandeira Concello de A Pobra | Liga B |
12 de xullo, 16:30 h | San Vicente do Mar (Porto de Pedras Negras) | I Bandeira Feminina Virxe do Carme | Liga F |
19 de xullo, 17:00 h | Oleiros (Parque de Nirvana) | XXIV Bandeira Concello de Oleiros | Liga B |
19 de xullo, 18:00 h | Oleiros (Parque de Nirvana) | X Bandeira Concello de Oleiros | Liga F |
20 de xullo, 12:00 h | Moaña (Porto de Meira) | XI Bandeira Illa do Samertolameu - Concello de Moaña | Liga A |
20 de xullo, 11:30 h | O Grove (Porto de Meloxo) | I Bandeira Feminina Amegrove Concello de O Grove | Liga F |
26 de xullo, 17:00 h | Ferrol (Porto de Curuxeiras) | XVIII Bandeira Cidade de Ferrol | Liga B |
26 de xullo, 17:30 h | Ferrol (Porto de Curuxeiras) | IX Bandeira Feminina Cidade de Ferrol | Liga F |
27 de xullo, 12:00 h | Bueu | XXX Bandeira Concello de Bueu | Liga A |
27 de xullo, 11:30 h | bueu | I Bandeira Concello de Bueu B | Liga B |
CALENDARIO LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS 2025: AGOSTO | |||
---|---|---|---|
DATA | LUGAR | DISPUTA | COMPETICIÓN |
3 de agosto, 12:00 h | Cesantes | VIII Bandeira Cesantes Concello de Redondela | Liga A |
3 de agosto, 11:00 h | Cesantes | III Bandeira Feminina Cesantes Concello de Redondela | Liga F |
9 de agosto, 17:00 h | Narón (Enseada da Gándara) | VII Bandeira Cidade de Narón | Liga A |
17 de agosto, 12:00 h | Boiro (Cabo da Cruz) | XI Bandeira Marina Cabo da Cruz | Liga A |
17 de agosto, 11:00 h | Boiro (Cabo da Cruz) | V Bandeira Feminina Rianxeira | Liga F |
23 de agosto, 18:00 h | Castropol | XXXVII Bandera Princesa de Asturias | Liga A |
23 de agosto, 17:00 h | Castropol | IV Bandera Femenina Princesa de Asturias | Liga F |
24 de agosto, 12:00 h | Moaña (Peirao da Mosqueira) | XLIII Bandeira Concello de Moaña | Liga A |
24 de agosto, 11:00 h | Moaña (Peirao da Mosqueira) | V Bandeira Feminina Concello de Moaña | Liga F |
Competicións da Liga Galega de Traiñeiras
Por unha banda, está a Liga Feminina e, por outro, a nivel masculino, hai dúas categorías, a Liga A e a Liga B. En 2012 a competición masculina dividiuse desta forma.
Como se sobe e se baixa de categoría? Segundo a normativa, o último clasificado da liga A non descende directamente. Si sobe directamente o primeiro clasificado da liga B. Dispútase unha promoción a dobre xornada entre o 11º e o 12º clasificados da liga A e o 2º e 3º clasificados da liga B. Esta promoción garante unha única praza de ascenso.
Doutra banda, se un club galego da ACT descende, implicaría que o vencedor da promoción quedaría na liga B, xa que o club da ACT tería praza na liga A.
No caso de que baixen dous clubs galegos da ACT, implicaría o descenso do 10º clasificado da Liga A e así sucesivamente. Doutra banda, se un club galego sobe á liga ACT, increméntase nunha praza a Liga A, que se ocuparía co segundo clasificado da regata de promoción.
Clubes da Liga A de Traiñeiras na tempada 2025
Estes son os clubes de remo que participan este 2025 na Liga A de traiñeiras en Galicia:
-
CM Bueu-Simei
-
CR Chapela-Wofco
-
SD Tirán-Pereira
-
CM Castropol
-
SD Samertolameu-Oversea
-
CR Mecos
-
CM Mugardos
-
CR Urme
-
CR Cabo da Cruz
-
CR Narón
-
CCD Cesantes-Rodavigo
Clubes da Liga B de Traiñeiras na tempada 2025
Estes son os clubes de remo que participan este 2025 na Liga B de traiñeiras en Galicia:
-
CR A Cabana-Ferrol
-
CR Puebla
-
CR Salgado-Perillo
-
CR Chapela-Wofco B
-
CM Bueu-Simei B
Clubes da Liga Feminina de Traiñeiras na tempada 2025
Estes son os clubes de remo que participan este 2025 na Liga Feminina de traiñeiras en Galicia:
-
CR Cabo da Cruz
-
SD Tirán-Pereira
-
CR Chapela-Wofco
-
Cesantes-Bueu-Cefycal-Simei
-
CR Salgado-Perillo
-
CR Rianxo
-
CR A Cabana-Ferrol
-
CM Castropol
-
CR Mecos
-
Amegrove CR
-
CM Mugardos
Liga Galega de Traiñeiras clasificación: palmarés por anos
Queres saber quen gañou a liga Galega de Traiñeiras o ano pasado? Aquí podes consultar toda a clasificación da liga de Traiñeiras das últimas tempadas:
CLASIFICACIÓN xeral LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS | |||
---|---|---|---|
ANO | LIGA A | LIGA B | LIGA F |
2024 | CR Ares | CR Cedeira | CR Chapela - Wofoco |
2023 | CR Ares | Muros - Esteirana | CR Chapela - Wofoco |
2022 | SD Samertolameu - Oversea | CM Castropol | CR Cabo da Cruz |
2021 | SD Samertolameu - Oversea | CR Narón | CR Cabo da Cruz |
2020 | SD Tirán - Pereira | CR Puebla | Cabo Fem |
2019 | CD Ares | CR A Cabana Ferrol | CR Mecos Coruxo Isabel |
Fonte da imaxe: Diego Seixo