Chega o momento da mantiña e do sofá, chega novembro repleto de estreas na televisión que che ofrecemos en R. En SkyShowtime, poderás ver Michael, a película biográfica musical do Rei do Pop. Sundance TV, que é a nosa canle invitada de novembro, presenta a nova serie de Isabel Coixet: Alguien debería prohibir los domingos por la tarde. Máis estreas de novas series: Warner TV a nova tempada de FBI - T9 e en SkyShowtime, The Paper – T2. Os documentais tamén chegan en novembro, incluíndo tres producións do Especial Imperio Romano en Historia.
Se tes a opción Total TV, goza en familia de Miraculous: las aventuras de Ladybug - T7, en Disney Channel.
E que hai das plataformas de streaming? Netflix estrea a película familiar Hermanastras, HBO Max a serie Infamia e Disney+ a nova entrega de Percy Jackson y los dioses del Olimpo - T3.
Dámosche máis detalles sobre estas estreas de outubro de 2026.
Michael, en SkyShowtime
O "Rei do Pop" como nunca o viches antes. A película Michael decubrirache toda a carreira dun dos artistas máis influentes da historia, dende os Jackson 5 ata o seu ascenso como a maior icona da música. Michael Jackson está interpretado polo seu propio sobriño, Jaafar Jackson, que debuta no cine neste filme biográfico musical que se estreará en SkyShowtime o martes 24 de novembro.
-
Baixo demanda: dispoñible dende o 24 de novembro en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.
Alguien debería prohibir los domingos por la tarde, en Sundance TV: canal invitado (dial 11)
Sundance TV é a canle convidada (canle 11) este novembro e tráenos unha das estreas máis esperadas do outono: Alguien debería prohibir los domingos por la tarde, a nova serie de Isabel Coixet. En oito episodios, descubrirás a historia de Louise, unha moza que soña con converterse en directora de cine e múdase a París grazas a unha bolsa para escribir o seu primeiro guión. Alí, formará a familia que elixiu con Charlie e Nelson, cos que tentará atopar o seu lugar no mundo.
-
Estrea: martes 10 de novembro, ás 22:30 h, en Sundance TV (canal invitado: dial 11).
-
Baixo demanda: en rebobina.
FBI - T9, en Warner TV: dial 14

Cun comezo explosivo que manterá aos fans pegados á pantalla, chega a nova tempada dun dos dramas policiais máis exitosos: FBI - T9. A unidade de elite da oficina do FBI en Nova York regresa con novidades, e o axente OA (Zeeko Zaki) embárcase na misión máis arriscada da súa carreira: unha operación encuberta que o afastará da unidade e cuxa verdadeira natureza só coñecen uns poucos elixidos. Non perdas a estrea en Warner TV a partir do 5 de novembro.
-
Estrea: xoves 5 de novembro, ás 22:00 h, en Warner TV (dial 14).
-
Emisión: todos os xoves, ás 22:00 h.
-
Baixo demanda: en rebobina.
The Paper - T2, en SkyShowtime
The Paper regresa a SkyShowtime en novembro. Novas e divertidas aventuras xornalísticas agardan ao equipo do Toledo Truth Teller. Nesta segunda tempada, despois de arrasar nos premios de xornalismo de Ohio, Ned embarcase nunha nova cruzada xornalística, centrándose nun club privado local e poñendo en risco o xornal. Os primeiros catro episodios de The Paper - T2 estarán dispoñibles o 6 de novembro, e despois novos episodios cada semana.
-
Baixo demanda: dispoñible dende o 6 de novembro en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.
Especial Imperio Romano, en Historia: dial 70

Este novembro, a canle Historia ofréceche tres grandes producións que te levarán ao corazón da antiga Roma. Mergúllate no Especial Imperio Romano con estas tres grandes producións. A primeira, Roma: el sueño de un imperio, céntrase no auxe desta civilización; a continuación, Coliseo: la joya de Roma, explora este símbolo do seu poder; e, finalmente, Roma, el nacimiento de una superpotencia, repasa a historia milenaria do imperio. Todos os martes de novembro, tes unha cita coa canle Historia.
-
Estrea: martes 3 de novembro, ás 22:55 h, en Historia (dial 70).
-
Emisión: todos os martes de novembro
-
Baixo demanda: en rebobina.
E se tes a opción Total TV, apunta estas estreas:
Próximos encontros da Liga Nexus Energía Asobal en Eurosport: dial 70

Eurosport emite dous partidos da Liga Nexus Energía Asobal nas súas canles cada semana. Poderás seguir ao único equipo galego que temos en primeira división, o Club Balonmano Frigoríficos del Morrazo de Cangas, ou ver os encontros máis interesantes cada fin de semana.
-
Emisión: todas as fin de semana de novembro, en Eurosport.
Miraculous: las aventuras de Ladybug - T7, en Disney Channel: dial 9

Disney Channel regálanos en novembro novos episodios da serie de animación ambientada en París, protagonizada por Marinette e Adrien, dous adolescentes que se transforman nos superheroes Ladybug e Cat Noir. Miraculous: las aventuras de Ladybug - T7 estrearase en Disney Channel o 14 de novembro. Uns días antes, o 2 de novembro, poderás ver os episodios máis recentes.
-
Estrea: sábado 14 de novembro, en Disney Channel (dial 9).
-
Baixo demanda: en rebobina.
Destacados en Netflix, HBO Max y Disney+
Hermanastras, en Netflix
Chega a Netflix unha película encantadora, atrevida e única para toda a familia: Hermanastras. Acción e risas están garantidas nesta historia que esnaquiza todo o que pensabamos saber sobre a media irmá de Cincenta e a Fada Madriña.
-
Estrea: venres, 20 de novembro, en Netflix.
Infamia, en HBO Max
Tras a súa candidatura aos Goya o ano pasado por Un fantasma en la batalla, non podes perderte a nova serie orixinal de HBO Max, Infamia, protagonizada por Susana Abaitua. A actriz interpreta unha avogada decidida a resolver a desaparición de dúas nenas hai vinte anos, un caso que a enfrontará cos seus peores demos.
-
Estrea: venres, 13 de novembro, en HBO Max.
Percy Jackson y los dioses del Olimpo - T3, en Disney+
Despois de dúas tempadas cheas de aventuras para Percy Jackson e Annabeth, nos novos episodios Percy tentará rescatar a súa amiga, que foi secuestrada polas forzas de Cronos. Se queres saber se o consegue, non perdas Percy Jackson y los dioses del Olimpo - T3, en Disney+.
-
Estrea: venres, 20 de novembro, en Disney+.
Todas estas estreas de novembro de 2026 e moito máis contido agárdante na televisión que podes gozar a través de R.
