WhatsApp ten os seus trucos para facerche a vida máis fácil. Sabías que para gravar audios non necesitas pulsar o botón todo o tempo? Un descubrimento. Colle o teu móbilR e tíralle todo o partido ao teu WhatsApp.

  • Engadir contactos escaneando o seu código QR: esquécete de agregar á man os números á túa axenda. Agora cada perfil de WhatsApp ten o seu propio código QR, verás o teu na esquina superior dereita do menú “axustes”. Podes compartir o teu código con quen ti queiras e escanear o das persoas que queres engadir como contacto.

  • Crear un chat para enviarche cousas que che interesan: utiliza WhatsApp para enviarche a ti mesmo ligazóns, fotos ou publicacións que non queiras esquecer. Crea un grupo de WhatsApp con outra persoa e elimínaa despois para quedar ti só. Podes chamar ao grupo “as miñas cousas” .
  • Gravar mensaxes de audio sen pulsar o botón todo o tempo: se os teus audios adoitan ser máis ben longos, agradecerás este truco. Inicia a gravación e escorrega o dedo cara arriba ata que vexas un cadeado, selecciónao e fala todo o que ti queiras.
  • Marcar unha mensaxe como non lida para responder máis tarde: se non contestas un whats ao momento, ten puntos para quedar no esquecemento. Márcao como non lido a modo de recordatorio. Selecciona o chat, vai ao menú superior de tres puntos e pulsa “marcar como non lido”.
  • Citar mensaxes máis rápido: en lugar de seleccionar a mensaxe e reenviala dentro do mesmo chat coa frecha superior esquerda, podes facelo simplemente escorregando o dedo cara á dereita. Aforras un paso.

Unha vez que os descobres, non podes deixar de usalos. Aquí tes máis tips da app de mensaxería.

Coñecías estes trucos de WhatsApp? Cóntanos cales usas ti.