Supoñemos que xa oíches falar del, pero querémosche presentar wifi mesh R. Non importa canto trote lle dás á wifi, non importa cantas persoas se conectan á vez, non importa o tamaño da túa vivenda; wifi mesh remata para sempre os teus problemas de wifi na casa.
Multiplica ata catro veces a cobertura e a velocidade da sinal wifi
A túa casa é agora a túa oficina, a túa sala de xogos, o teu ximnasio, o teu cine... a túa e a da túa familia. E dependes da wifi para evitar situacións como estas:
- estás en plena reunión, tócache falar e córtase.
- soas como un robot nas videochamadas porque a conexión é débil.
- párase a serie que estás a ver en rebobina por un microcorte.
- estás fóra do partido de FIFA porque caeu a wifi.
Isto acabou con wifi mesh R:
- multiplica ata 4 veces a cobertura, para que a teñas en todas as estancias da túa casa sen importar o lonxe que estean do router.
- máis velocidade na conexión de wifi que con outros dispositivos como PLCs ou repetidores.
- maior estabilidade en smartphones, tablets, consolas, aparellos de domótica ou alarmas que teñas conectados, xa que ofrece a mellor conexión posible en todo momento.
E o mellor de todo é que é autoinstalable porque é supersinxelo 😊.
Como funciona wifi mesh?
wifi mesh é unha tecnoloxía que conecta o teu router cunha serie de amplificadores intelixentes, que teñen forma de caixas moi discretas, e que se comunican entre elas para formar unha rede wifi única. Non queremos entrar en tecnicismos, pero queda con que os seus algoritmos permiten que cada dispositivo da túa casa se conecte sempre á caixa “mesh” que mellor cobertura lle dea.
A solución de R incorpora 1 amplificador intelixente, pero, se o teu fogar mide 200 m2 ou máis, convén que instales 2 ou 3 caixas “mesh”.
Xestiona o teu wifi mesh directamente dende o móbil a través da app de R
Dende a app de cliente de R podes consultar e cambiar o nome da rede wifi, restablecer o contrasinal, consultar que dispositivos están conectados, permitir ou bloquear a navegación e realizar un diagnóstico automático da rede para detectar posibles problemas e solucionalos ao momento, entre outras opcións.
Se aínda non descargaches a app, xa estás a tardar: para móbiles Android ou iOS.
Queres un wifi como unha casa? Pásate ao wifi mesh de R e mellora a cobertura wifi en toda a túa casa.