Aló polo 1998 obtiñamos a licenza para construír, partindo de cero, unha nova rede de fibra óptica. Comezaba unha despregadura sen precedentes no noso territorio da rede máis extensa de telecomunicacións para Galicia. Dúas décadas despois volvemos facer historia con fibra MAX R, que permite velocidades de ata 10 xigas simétricos, wifi de máxima cobertura e deco Android 4K para a túa tele.

Chega fibra MAX R á túa casa, a fibra elevada á máxima potencia.

A razón de despregar unha nova rede de fibra óptica

As formas de comunicación cambiaron nestes 20 anos e avanzan cada vez máis rápido. Por iso cumpría renovar a nosa rede de fibra óptica para lles dar resposta ás túas necesidades de conexión.

Unha nova rede que che permita conectar na casa moitos dispositivos á vez compaxinando teletraballo, estudos, gaming, streaming ou videochamadas. E para iso era fundamental darche a máxima velocidade e a maior cobertura wifi.

Así nace fibra MAX R, que estamos a despregar en toda Galicia e que moi pronto chegará á túa casa.

As vantaxes de fibra MAX fronte a outras fibras

As vantaxes de fibra MAX R

  • velocidade de ata 10 xigas simétricos: a nova rede de R utiliza a tecnoloxía FTTH, que accede directamente ao teu fogar, e que está baseada no estándar XGS-PON. Isto permite alcanzar velocidades simétricas (iguais de subida e de baixada) ata 10 xigas, o que supón 4 veces máis capacidade de descarga e ata 8 de subida que outras fibras.
  • máis cobertura con wifi 6: selecciona de forma intelixente a banda con mellor calidade en cada momento, por iso dáche 4 veces máis cobertura wifi e maior velocidade. Ademais, protexerás a túa rede wifi co protocolo de seguridade WPA3 máis moderno do mercado.
  • mínimo retardo: mellora a túa experiencia cando xogas en liña e vexas a streamers como ElXokas. Terás lag-free garantido, porque a nosa tecnoloxía conéctase directamente cos servidores de gaming máis importantes e con plataformas como Twitch.
  • inclúe deco Android 4K: descarga aplicacións directamente dende o teu televisor, accede a plataformas como Netflix, Prime Video ou Dazn con só pulsar un botón e moito máis, porque o deco 4K con sistema operativo Android converte a túa tele en Smart TV.

Cambiámosche o equipamento sen ningún custo

Xa viches no vídeo que MAX está a percorrer todos os recunchos de Galicia para cambiarche o equipo que actualmente tes en casa de forma gratuíta.

Se es cliente de R, contactaremos contigo para que un técnico vaia instalarche o novo router con tecnoloxía Wifi 6 e o deco Android 4K, se aínda tes a versión HD.

Na web mundo-r.com/fibramax podes deixarnos os teus datos se queres ser un dos primeiros en gozar de fibra MAX cando chegue á túa zona.

E se aínda non es de R, ao darte de alta xa contarás con esta nova rede de fibra óptica ultrarrápida.

fibra MAX R supón un salto tecnolóxico para Galicia

En R levamos despregando a nova rede FTTH nas catro provincias de Galicia dende a primavera de 2021.

Cando este ano se completen os traballos de despregadura, Galicia converterase nunha das rexións máis avanzadas de Europa en tecnoloxía e poderá competir en calquera lugar do mundo ao máximo nivel, ofrecendo a fogares e negocios galegos os servizos de telecomunicacións máis avanzados do territorio.

Moi pronto fibra MAX chegará á túa casa. No blog de R podes seguir todos os avances do desenvolvemento desta rede ultramoderna nas localidades galegas.

E por aquí estamos para resolver calquera dúbida que teñas sobre fibra MAX. Podes escribirnos na caixa de comentarios.