O noso compi Óscar multiplicou ata catro veces a cobertura e a velocidade do wifi de toda a súa casa despois de instalarse wifi mesh R. E quen mellor que el para contarche como funcionan estes amplificadores intelixentes wifi e o sinxelísimo que é configuralos ti mesmo.

Pero antes queremos contarche por que wifi mesh é necesario.

wifi mesh é a resposta de R ás túas necesidades de conectividade dentro da casa

Facer vida na casa este ano levouche a tirar do wifi como nunca. De feito, o 90% dos nosos clientes utilízano para traballar, estudar e gozar do lecer; e é a ferramenta exclusiva de conectividade no 47% dos fogares galego.

Esa é a conclusión do estudo que realizamos en R para analizar as necesidades cada vez maiores de conectividade na casa. E esa escoita permitiunos dar unha resposta rápida para solucionar os problemas de cobertura nos recunchos do fogar onde non chega ben a sinal wifi.

wifi mesh R é para ti se, por exemplo, tes un corredor moi longo ou hai moita distancia entre o router e ordenador, móbil, altofalante intelixente ou decodificador da túa tele R.

Pero mellor que cho conte Óscar:

wifi mesh R, un antes e un despois

Non esperes máis e goza de cobertura wifi total na casa. Consigue o teu amplificador intelixente wifi mesh e cóntanos que tal vai.