Mira que son escorregadizos os móbiles. Cando te despistas un momento, “alavai” ao chan. E nun segundo á pantalla sáenlle tantas fendas, que ler un WhatsApp é como descifrar un xeroglífico.

Levas un desgusto que non vexas, pero o peor é que estas caídas accidentais saen caras. Porque é unha das reparacións máis custosas. Por iso agora en R asegurámosche o teu móbil contra a rotura de pantallas dende 1€ ao mes.

Co novo servizo ‘Coidamos a túa pantalla’ estarás protexido dos “alavai”! Reparamos a pantalla totalmente gratis.

Cales son as coberturas do seguro?

Se rompe a pantalla do teu móbilR, reparámoscha de forma gratuíta ata o límite da cobertura. E se o arranxo supera ese límite, realizarémosche un abono pola cantidade dese límite.

Valo ver máis claro cun exemplo.

Se o teu teléfono está valorado entre 151€ e 200€, reparamos a pantalla sempre que o arranxo non supere os 140€, que é o límite de cobertura para ese rango de prezo móbil. Pensa que se custa máis de 140€ igual compensa comprar un móbil novo. O que facemos nestes casos é aboarche eses 140€ de límite e ti decides se o queres reparar pola túa conta ou renovar o teu teléfono en R.

Aquí podes consultar os límites de cobertura:

  • Valor do móbil 0 - 150€: límite de cobertura 110€
  • Valor do móbil 151 - 200€: límite de cobertura 140€
  • Valor do móbil 201 - 250€: límite de cobertura 180€
  • Valor do móbil 251 - 436€: límite de cobertura 210€
  • Valor do móbil superior a 437€: límite de cobertura 300€

Como contrato o seguro ‘Coidamos a túa pantalla’?

Poñémoscho moi fácil: só tes que entrar dende o teu móbil na páxina mundo-r.spbseguros.com e seguir as indicacións que che irá dicindo a aplicación. Basicamente, o sistema recoñecerá o teu móbil e darache o prezo mensual do seguro.

Ademais, a primeira cota sáeche gratis 😊.

Sen permanencia

‘Coidamos a túa pantalla’ asegura o teu móbil durante un ano e renovarase de forma automática, a non ser que nos digas o contrario.

Se nalgún momento queres dalo de baixa, rescindiremos a póliza ao momento. Podes facelo falando con R ou ben chamando ao provedor do seguro ao número de teléfono 902 006 332 ou ao 91 832 21 06 de luns a venres de 9:00 h a 17:00 h.

E se necesitas máis cobertura, ademais da pantalla, chámanos e informámosche das opcións que tes para asegurar a rotura de todo o móbil ou para que esteas cuberto contra o roubo.

Porque en R, a túa tranquilidade é o primeiro.