A fibra con máis velocidade, seguridade e prestacións do mercado chega agora á península do Morrazo.

Se vives en Cangas, xa podes gozar da nosa fibra MAX. Segue lendo para coñecer as súas vantaxes.

Consultar cobertura de fibra en Cangas

Oferta de fibra MAX en Cangas

Para navegar por internet da forma máis rápida e segura. Para que poidas gozar dos teus contidos favoritos de Prime Video ou Netflix. Para que ningún retardo penalice a túa pericia como gamer. Todo isto é xa posible en Cangas grazas á nosa rede de fibra. Toma nota:

  • Ata 10Gb de velocidade de internet simétricos; é dicir, coa mesma velocidade de subida e de baixada e ata 4 veces máis rápida que outras fibras. O noso internet está preparado para alcanzar os 10 Gb. De momento, xa gozan dun 1Gb os nosos usuarios/as particulares.
  • Mellor velocidade e cobertura. Onde está o router? Aínda que o perdas de vista, o noso sistema wifi 6 de 16 antenas permíteche navegar a pleno rendemento.
  • Con total seguridade. WPA3 é o protocolo sen fíos máis seguro do mercado. A unión perfecta entre velocidade e seguridade.
  • Sen retardos. Despídete dos problemas de latencia ou ping grazas á nosa conexión aos mellores servidores de gaming.
  • Con deco Android 4K incluído. Poderás converter a túa pantalla nunha Smart TV con acceso ás mellores plataformas de streaming en calidade 4K. Tamén poderás acceder aos contidos de rebobina e descargar aplicacións grazas ao seu sistema operativo Android.
  • Con cobertura 5G móbil en Cangas

    Podes contratar tamén o teu móbil con R e gozar da mellor tarifa de datos ilimitados, con chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais.

    E sen perder de vista o máis avanzado en tecnoloxía grazas á cobertura 5G. Poderás gozar automaticamente das súas vantaxes alí onde xa teñamos listo o despregamento e sempre que o teu teléfono sexa compatible.

    Máis velocidade e máis capacidade da forma máis cómoda, unificando facturas e aforrando un pouquiño.

    Ver ofertas de fibra + móbil en Cangas

    Como contratar ou cambiar a fibra en Cangas

    Xa es cliente/a? Chamarémoste en canto a rede estea dispoñible na túa zona para concertar cita contigo. Sen ningún custo adicional para ti, achegarémonos ao teu domicilio para instalarche os nosos equipos.

    Aínda non es cliente/a de R? Bota un ollo á nosa web ou chámanos para coñecer as vantaxes da nosa oferta.

    Cobertura de fibra en Cangas

    Máis de 3.000 empresas e particulares de Cangas xa están a aproveitar as vantaxes da nosa fibra óptica ata o fogar (FTTH).

    E seguimos con tarefas de mellora continua para ser o operador con máis cobertura propia na túa localidade.

    Cangas, un paraíso natural entre rías e illas

    Atopamos Cangas na Península do Morrazo e entre as rías de Vigo e Aldán.

    Un paraíso natural que conta con case 40 areais, entre eles algúns tan coñecidos como a praia de Melide ou a de Barra.

    Imprescindibles son tamén a Costa da Vela, os cantís de Donón, o Monte O Facho e Cabo Home, co seu popular faro e o mellor lugar onde gozar de espectaculares atardeceres.

    A tiro de pedra atópanse tamén as Illas Cíes, xa que dende Cangas podes coller o barco para visitalas. Ou, se o prefires, podes percorrer navegando a ría de Aldán.

    Historia, tradición e orixinalidade

    Do seu patrimonio histórico destacan a colexiata de Santiago, do século XV, e a Capela do Hospital, reflexo do que foi o primeiro hospital da zona e situada en pleno paseo da Alameda.

    Moi preto de alí podes ver un dos tesouros máis curiosos de Cangas: un orixinal quiosco meteorolóxico, referencia especialmente para aqueles/as que saen ao mar.

    Ademais, Cangas segue fiel ás súas tradicións e conserva varias danzas ancestrais orixinais, como a Danza de San Roque en Hío.

    Un espectáculo único que fibra MAX de R, a rede de fibra máis moderna do mercado, che axudará a difundir e compartir con quen queiras.

    Imaxe: Turismo de Galicia.