Faltan moi poucos días para despedir o 2019 e entrar nunha nova década. Estes días non paramos de ver listas de grandes éxitos e nós tamén quixemos facer balance deste ano. Doce meses nos que traballamos duro, investindo en Galicia, para darche o mellor servizo.

500 megas de internet

Melloramos a velocidade da internet fixa ata 500 megas. Os clientes de 60 subiron a 100 megas, os de 100 a 200, os de 200 a 300 e os de 350 pasaron a 500/50 megas.

Televisión

  • Incorporamos novas canles aos nosos paquetes de televisión:

    • Tv ocio: agora podes ver Viajar, Barça TV, Nós Televisión, Extremadura TV, CNN, Bloomberg, BBC World News, France 24, Al Jazeera, NHK World, Russia Today, Cubavisión, Telesur, Record TV ou CGTN.
    • Tv familia: incorporou Ubeat, Xtrm, Sundance, Somos, Dark, Play-Doc, Nós Televisión e Extremadura TV.
  • Melloramos a calidade dalgunhas canles, con contidos en HD e 4K: deste xeito podes desfrutar en 4K (catro veces máis calidade que o HD) canles como Decasa e Canal Cocina, ou en alta definición TVG, Panda, Somos, Dark e Sol Música.
  • Cada mes puideches desfrutar dun novo especial en rebobina (Cine Acción, Festival de San Sebastián, Terror, 20 Aniversario Historia, Nadal Disney...).
  • Novas apps no deco 4K: Netflix, Amazon Prime Video ou mitelePlus.
  • Seguimos ampliando funcións no noso deco 4K: aumentamos as horas de gravación ata 350 horas ao mes, incorporamos novas listas na portada de rebobina e engadimos a opción de eliminar contidos da lista "continuar vendo".
  • Lanzamos a nova app de tv comigo para que vexas a nosa televisión no teu ordenador (http://ott.mundo-r.com), móbil ou tablet (Android e iOS). Agora inclúe máis canles, gravación de contidos dende a app, opción de continuar vendo, reprodución automática do seguinte episodio, lista de favoritos, busca avanzada e moito máis.

Móbil

Máis galegos con fibra

  • Durante o 2019 seguimos investindo para poder chegar a máis galegos coa nosa fibra.
  • Este ano chegamos por primeira vez ás localidades de Camariñas, Curtis, Ortigueira, Pobra de Trives, Petín, Ponte Caldelas, Porto do Son, O Rosal, Tomiño, Guitiriz e Moraña, grazas ao Plan Avanza do Ministerio de Economía.
  • Tamén aumentamos a nosa presenza en municipios nos que xa estamos como Miño, Cambre, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Ferrol, Neda, Poio, Pontevedra, Vigo, A Guarda, Ordes, Santiago de Compostela, San Cibrao das Viñas, Arteixo, Nigrán, Vigo, Cervo, Sanxenxo, Redondela, Mugardos e Boqueixón.

E non só galegos

No 2019 empezamos a ofrecer servizo fóra de Galicia. León e Cantabria desfrutan xa os nosos mellores servizos de móbil, internet e televisión.

Pagamos os impostos preto dos nosos clientes

Fomos a primeira empresa de telecomunicacións que se acreditará coa Pegada Fiscal da Fundación Knowcosters, o selo que certifica a nosa transparencia e compromiso en materia fiscal..

Compromiso co deporte

  • Fainos moita ilusión estar presentes en LaLiga Genuine, formada por conxuntos do colectivo DI (persoas con Discapacidade Intelectual). Patrocinamos ao Dépor Genuine e ao Celta Integra.
  • Organizamos a primeira xornada "Tecnoloxía e Deporte" xunto coa Fundación Deporte Galego da Xunta e Cinfo.
  • Puxemos en marcha o "Teléfono contra a Violencia no Deporte" xunto ao equipo de WATS Team. Unha canle segura e confidencial a través de mensaxes de Whatsapp para poñer freo ao acoso e á violencia no ámbito deportivo.

Aposta pola innovación

  • Celebramos a primeira edición do programa startupsR DiCo Challenge e tivemos a oportunidade de coñecer en directo os catro proxectos desenvolvidos na fase de aceleración. Unha iniciativa pola que fomos galardoados como "Mellor empresa tractora" de proxectos innovadores nos Premios TIC Galicia 2019.
  • Creamos a Cátedra R en Ciberseguridade xunto ás universidades da Coruña e Vigo e celebramos CyberSec@GAL, o primeiro foro galego sobre seguridade na empresa dixital.

Actividades

Como ves, o ano deu moito de si. No 2020 seguiremos ao pé do canón para darche sempre o mellor servizo.

Feliz Ano!