Gustaríache escoitar a Carlos Blanco falar sobre momentos do día a día? Seguro que si, e por ese motivo, Carlos sobe aos escenarios co seu novo espectáculo "A penúltima". Xa están aquí os monólogos R 2025! Contámosche onde e cando son os monólogos para clientes de R deste ano.
Datas monólogos R 2025
Dúas cidades e un gran monologuista cunha gran traxectoria que conseguirá facerche rir sen parar.
Estas son as datas da xira 2025 de monólogos R, "A penúltima" con Carlos Blanco:
- Sábado, 10 de maio, ás 20:00 h. en Palexco da Coruña.
- Sábado, 31 de maio, ás 20:00h. no Auditorio Mar de Vigo.
Como conseguir a túa entrada dobre para os monólogos R 2025 na Corua?
Se queres vir este ano, 2025 aos monólogos R na Coruña, só te que cubrir este formulario. Regalamos 10 entradas dobres.
Atento ao blog, porque máis adiante regalaremos entradas para Vigo ;)
Carlos Blanco: un gran actor cunha longa traxectoria
Carlos Blanco, un dos actores máis coñecidos de Galicia, e por iso queremos que nos volva a acompañar nos monólogos R. Foi actor principal en series como: "Mareas vivas", "Fariña" ou "O caso Asunta".
Ademais, presentou programas como "Saber e xogar", "Selección galega" ou "Somos unha potenzia".
Tamén estivo nomeado en premios como mellor interpretación masculina secundaria na película "Dhogs" e mellor comunicador de TV en "O gran camiño". Sendo gañador do premio a mellor interpretación masculina secundaria coa película "Heroína" e como mellor actor en "Almorzo con diadema".