Ola. Como sabes, en móbilR estamos a traballar continuamente para darche o mellor servizo. A idea é que en R dispoñas dun servizo moi completo e competitivo, desfrutando sobre todo do que máis usas: os datos móbiles.

Pero ademais, pensando nos usuarios máis esixentes, sacamos unha tarifa cargada de datos: 100GB con chamadas ilimitadas. No caso de que tires moito de internet móbil pero non precises dun plan tan alto, tamén contas cunha tarifa con 50GB e chamadas ilimitadas para a túa liña.

Ademais, temos outras con 20GB, 10GB, 5GB, 3GB ou 500MB. Pensamos en todos os usuarios, dende o que fai un uso máis intensivo ata o que só usa algunha aplicación.

100GB

Somos o único operador no mercado que ten a día de hoxe unha tarifa para unha liña móbil con 100GB e chamadas ilimitadas.

Podes navegar horas e horas, ver vídeos a esgalla, escoitar as túas cancións favoritas e cantalas ata quedar afónico e de seguro que che quedarán aínda datos. Lembra, ademais, que con móbilR tes datos ilimitados con wificlientesR por toda Galicia.

As liñas adicionais, máis baratas

Esta tarifa está dispoñible tanto para particulares como para empresas, aínda que seguramente estas últimas son as que máis partido lle poden sacar. Porque todos sabemos que no traballo o móbil é unha ferramenta fundamental.

Ademais, se precisas varias liñas con 100GB e chamadas ilimitadas, telas a un mellor prezo. Podes coller todas as liñas adicionais que queiras con tarifa R 100GB 4G por só 39€/mes (IVE incl.) cada unha (a principal custa 69€/mes).

Máis vantaxes

Lembra tamén que a túa liña de móbilR fai desconto no teu combo, polo que tes un mellor prezo global por ter varios servizos.

E por ser cliente de R, tes acceso ilimitado a máis de 130.000 puntos wifi gratuítos por toda Galicia. A maior rede da nosa comunidade, ao teu alcance 

Agardamos que che gusten estas tarifas. E con calquera dúbida, por aquí andamos.

Un saúdo!