Na nosa lingua podemos atopar unha serie de nomes que teñen traducións e variantes en idiomas moi dispares. Iso é o que ocorre co nome galego de neno Xan. Neste caso estamos diante dun nome que ten traducións que son mundialmente coñecidas e utilizadas.
Orixe do nome de Xan
Xan é un nome que ten a súa orixe primitiva no hebreo. Concretamente, na palabra Yôḥānnān. Co paso do tempo ese termo trasladouse a outros idiomas, creando novas variantes ata chegar aos nosos días. Tamén é un nome importante na relixión católica e iso contribuíu a que nestes momentos se siga utilizando.
O nome de Xan úsase maioritariamente na nosa terra, especialmente na provincia da Coruña. Nestes momentos hai preto de 300 persoas que se chaman así e a súa media de idade é de 15 anos. Estas últimas cifras mostran que este nome gusta moito ás nais e pais actuais.
Lembremos que unha das súas variantes é o nome de Xoán.
Significado do nome de Xan
O significado de Xan é claro e directo e é “Home fiel a Deus”. Este significado é unha mostra clara da relación que ten este nome coa relixión católica. De feito, un dos catro evanxelistas chámase Xoán.
Doutra banda, aos homes que teñen o nome de Xan asócianselles calidades como o ser activos, sociables, fieis, cumpridores coas súas obrigacións e con tendencia a protexer ás persoas da súa contorna máis próxima.
Onomástica do nome de Xan
A onomástica do nome de Xan celébrase nun día moi máxico e sinalado no que o lume está moi presente. A data é o 24 de xuño, na prestixiosa noite de San Xoán.
Homes co nome de Xan
O número de homes que teñen o nome de Xan localízase maioritariamente na nosa terra. Ademais, teñen unha media de idade moi baixa. En todo caso, contamos con diferentes exemplos de persoas en Galicia con este nome:
- Xan Fraga: historiador.
- Xan Bouzada: sociólogo.
- Xan da Coba: escritor e inventor.
- Xan Fernández Carrera: profesor e escritor.
- Xan Xove: gaiteiro.
- Xan Quinto: bandoleiro.
Como se escribe o nome de Xan noutros idiomas
Xan é un nome que ten variantes e traducións en diferentes linguas. Moitas delas son sumamente coñecidas e aparecen en idiomas que contan con millóns de falantes. Estas son algunhas das máis significativas.
Idioma | Tradución |
---|---|
Español | Juan |
Alemán | Johann |
Danés | Johannes |
Holandés | Hans |
Inglés | John |
Francés | Jean |
Escocés | Ian |
Italiano | Geovani |
Griego | Ioannis |
Portugués | João |