Xabier é un nome de home en galego cunha personalidade moi marcada.

Trátase dun nome que ten unha variante moi usada, xa que en Galicia podemos ver tanto o nome de Xabier como o de Xavier.

En concreto, hai unhas 500 na nosa comunidade que se chaman Xavier, fronte ás máis de 1.100 que levan o nome de Xabier, co que a variante con “b” é máis usada.

Orixe do nome de Xabier

A pesar de que o nome de Xabier se utiliza moito en Galicia, trátase dun nominativo de orixe vasca. Este nome transmite forza e sonoridade.

De feito, ás persoas que teñen este nome asígnanselles calidades como a intensidade nas súas emocións, a autoconfianza ou a procura por asimilar novos coñecementos.

Significado do nome de Xabier

O significado do nome de Xabier ten que ver co eúscaro, concretamente, quere dicir casa nova.

En concreto, vén da unión das palabras etxe (casa) e de berri (nova). Co que se trata dunha palabra relacionada cun lugar (topónimo), pero que acabou usándose para chamar os seus habitantes.

Homes co nome de Xabier

A continuación, recollemos algunhas das persoas máis coñecidas co nome de Xabier:

  • San Francisco Xavier: nace no castelo de Xabierre que está situado en Navarra. Posteriormente, esta figura contribuíu á fundación da orde dos xesuítas. De novo, aparece a tradición cristiá achegando popularidade a un nome.
  • Xabier P. Docampo: escritor galego que, entre outros recoñecementos, recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
  • Xabier Prado Lameiro: poeta, autor teatral e veterinario galego vinculado coas Irmandas da Fala.
  • Xabier Quiroga: escritor galego, coñecido por libros como Izan ou da saca.
  • Xabier Fortes: xornalista galego.
  • Xabier Maceiras: escritor, guionista e documentalista.
  • Xabier González: escritor galego.

Fóra de Galicia, temos outros personaxes famosos co nome de Xabier, como o adestrador vasco Xabier Alonso ou o futbolista Xabi Prieto.

Como se escribe o nome de Xabier noutros idiomas

O nome de Xabier tradúcese ao castelán como Javier. Ademais, este é un dos nomes máis populares en España.

Isto débese a que os homes que levan este nominativo asócianselles calidades como activo ou esperto. Pero este nome tamén ten unha variación noutros idiomas como Xaver en alemán, Xabel en asturiano ou Xavier en inglés e en portugués. Mentres que en francés é Javert, en italiano Saverio, en polaco Ksawery ou en aragonés Chabier.

Idioma Tradución
Alemán Xaver
Aragonés Chavier
Asturiano

Xabel

Xavier

Catalán Xavier
Español Javier
Éuscaro Xabier
Francés

Xavier

Javert

Inglés Xavier
Italiano Saverio
Polaco Ksawery
Portugués Xavier