As súas augas medicinais e o seu polbo fan do Carballiño todo un referente. Do mesmo xeito que o é a fibra ultrarrápida de R en Galicia, grazas á súa gran cobertura e maior capacidade de navegación.
Estamos a levar a nosa fibra MAX a cada recuncho da nosa terra. Agora, se vives no Carballiño xa podes contratar a mellor rede de fibra óptica ata o teu fogar.
Consultar cobertura de fibra no CarballiñoAs vantaxes da mellor oferta de fibra no Carballiño
Sabes que a nosa fibra está preparada para ofrecer ata 10 Gb de velocidade simétrica? Unha conexión 4 veces máis rápida que a doutras fibras. Xa estamos a dar 1 Gb aos nosos clientes particulares pero aspiramos a máis.
E iso é só una das vantaxes de fibra MAX. Aquí tes máis:
• Mellor velocidade e cobertura. Aínda que ti e o teu router vos distanciedes, navega coma se aínda seguises ao seu lado. Para iso contamos cun sistema wifi 6 de 16 antenas.
• Sen retardos: lag free. Conectámonos ás mellores plataformas e servizos de gaming para converterte no mellor gamer. Porque agora xa non vas perder nin unha soa partida por problemas de latencia ou ping.
• Un extra: deco Android 4K. En altísima calidade verás as mellores películas e series de Netflix ou Prime Video, convertendo a túa pantalla nunha Smart TV. O noso deco tamén conta co sistema operativo Android para descargar aplicacións.
Engade tarifa de móbil á túa oferta de fibra
E para o teu móbil, que ofrecemos? Se tamén contratas o teu móbil con R podes gozar da mellor tarifa de datos ilimitados, con chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais.
Ademais, incorporamos cobertura 5G, para que navegues aínda máis rápido alí onde estamos a despregar esta nova tecnoloxía móbil que vai revolucionar a nosa forma de comunicarnos.
Fibra e móbil nunha mesma factura para que che resulte máis cómodo e aforres un pouquiño de diñeiro, que nunca está de máis.
Ver ofertas de fibra + móbil no CarballiñoComo contratar ou cambiar a fibra MAX
Fácil e rápido, tanto se es cliente coma se aínda non te decidiches.
Se xa es cliente/a, chamarémoste nós en canto a rede estea dispoñible. Concertamos unha cita contigo e achegámonos ao teu domicilio para instalarche os nosos equipos de forma gratuíta. Antes de que te deas conta, estarás a gozar na túa casa de todas as vantaxes da nosa fibra.
Se aínda non es cliente/a de R, chámanos ou contacta connosco/as a través da nosa web. Aquí tes información detallada sobre a nosa oferta. Calquera dúbida, estaremos encantados/as de axudarche a resolvela.
Cobertura de fibra no Carballiño
Quizais es un das 5.000 vivendas e negocios que xa gozan da nosa oferta de fibra MAX no Carballiño.
Pero se aínda non chegou á túa zona, non te preocupes, porque seguimos a traballar para que cada vez sexades máis os que poidades acceder á rede de fibra máis moderna do mercado.
Témolo claro: queremos ser o operador con máis cobertura propia na túa localidade e non pararemos ata conseguilo.
O Carballiño, en terra de mananciais cocíñase o mellor polbo
O Carballiño está situado no noroeste da provincia de Ourense. É terra de boa gastronomía, termalismo, patrimonio e natureza.
Sabías que o seu nome, O Carballiño, débese aos numerosos carballos, que hai na localidade? Moitos deles atópanse nas serras que rodean a localidade: A Martiñá, O Testeiro e O Suído.
O Carballiño destaca polas propiedades medicinais dos seus mananciais, que o converteron nun paraíso termal cuxos maiores expoñentes son as Caldas de Partovia e, especialmente, o Gran Balneario do Carballiño. Trátase dun impoñente edificio cunha emblemática Casa de Baños, inaugurada xa no ano 1.900, e rodeada de amplos xardíns que bordean o río Arenteiro.
A beiras deste río discorre tamén unha bela senda peonil que nos conduce ao Parque Etnográfico, no que se rehabilitaron varios muíños de auga e o mellor lugar para desconectar e gozar da natureza.
Do seu patrimonio sobresae o Templo da Veracruz, obra de Antonio Palacios, mestura de estilos arquitectónicos e construída integramente con materiais da zona.
E non podemos falar do Carballiño sen acordarnos do polbo e da súa famosa "Festa do Polbo", con máis de 50 anos de historia e declarada Festa de Interese Turístico Internacional. A fama do polbo do Carballiño ten a súa orixe en Santa María de Arcos, berce dos polbeiros e polbeiras mestres/as na preparación do "polbo á feira".
Así que O Carballiño xa pode presumir de contar agora co mellor pulpo e coa mellor rede de fibra do mercado, a de R.
Imaxe: Turismo do Carballiño.