É falar das festas de Bouzas e pensar enseguida no verán e nos seus fogos artificiais. As festas de Bouzas son, seguramente, as máis famosas de todos os barrios de Vigo grazas ao gran espectáculo pirotécnico do seu día grande. Este ano serán entre o 17 e o 21 de xullo de 2026.
Celébranse sempre durante a segunda quincena de xullo e durante 5 días o barrio énchese de comida, atraccións e música. Celébrase na honra do Santísimo Cristo dos Aflixidos e o domingo, despois da misa solemne e da procesión, á media noite o ceo cúbrese de cores cos famosos fogos de Bouzas.
Programa das Festas de Bouzas 2026

As festas na honra do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas son sempre lembradas polo espectáculo poético e os fogos artificiais. Este ano a temática estará centrada en Lumes que van ao mar e a selección de textos, a súa adaptación e a narración correrá a cargo de Juan Caballero, xornalista, fotógrafo e presentador de radio. A selección musical, a dirección artística e a pirotecnia corren a cargo de Eva Xaraiva, da pirotecnia Xaraiva.
Pero, a parte do espectáculo de fogos artificiais, que atrae a miles de persoas cada ano, o programa das Festas de Bouzas 2026 é moi variado, e aquí contámosche todos os actos previstos entre o 17 e o 21 de xullo de 2026.
Sábado, 11 de xullo 2026
- 10:30 h. Alameda: Concurso de pintura.
- 17:00 h. Paseo: Concurso de pesca.
Venres, 17 de xullo 2026
- 19:00 h. Alameda: Acendido da megafonía.
- 19:30 h. Alameda: Concerto da Agrupación Musical de Redondela.
- 20:00 h. Chiringo do paseo: Tardeo con Tony Lombe a súa música lixeira.
- 21:15 h. Alameda: Pregón de Aratxa Treus.
- 22:15 h. Alameda: Acendido da iluminación.
- 22:30 h. Alameda: Concerto do grupo Liar Papers.
- 23:00 h. Aparcadoiro Pavillón: Verbena coa orquestra Pontevedra.
- 23:00 h. Chiringo do paseo: DJ Mitch Golden.
- 00:00 h. Alameda: Concerto da Agrupación Musical de Redondela.
- 00:30 h. Chiringo do paseo: Concerto de Juanjo & Lomba.
- 01:15 h. Aparcadoiro Pavillón: Verbena coa orquestra Pontevedra.
Sábado, 18 de xullo 2026
- 12:00 h. Praza Urzáiz: Saída do desfile de Cabezudos.
- 13:00 h. Chiringo do paseo: Triumm Brunch-House Music All Day.
- 18:00 h. Alameda: Concerto da Banda de Música Municipal da Lama.
- 20:15 h. Alameda: Entrega de Trofeos de Pintura e de Pesca Infantil.
- 21:30 h. Alameda: Concerto da Banda de Música Municipal da Lama.
- 23:00 h. Alameda: Concerto do grupo Rusty Bones.
- 23:00 h. Chiringo do paseo: DJ Set: Álex-G, Borja Martiño e Mitch Golden.
- 23:00 h. Aparcadoiro Pavillón: Macrodiscoteca.
- 00:00 h. Alameda: Concerto da Banda de Música Municipal da Lama.
- 00:30 h. Aparcadoiro Pavillón: Disc-Jockey.
- 01:15 h. Aparcadoiro Pavillón: Macrodiscoteca.
Domingo, 19 de xullo 2026

- 10:30 h. Alameda: Saída do pasarrúas da Banda de Música Municipal de Redondela.
- 11:45 h. Atrio Igrexa Parroquial: Recepción de persoeiros.
- 12:15 h. Igrexa Parroquial: Misa Solemne cantada poa Coral Rosalía de Castro.
- 13:00 h. Chiringo do paseo: Vermuteo e paella.
- 13:30 h. Alameda: Concerto da Banda de Música Municipal de Redondela.
- 17:30 h. Alameda: Concerto da Banda de Música Municipal de Redondela.
- 19:00 h. Chiringo do paseo: Actuación de Wondercovers.
- 19:30 h. Alameda: Actuación do grupo Followings.
- 20:15 h. Alameda: Concerto da Banda de Música Municipal de Redondela.
- 21:00 h. Chiringo do paseo: Final do Mundial de Fútbol 2026 cunha pantalla xigante.
- 21:00 h. Procesión do Santísimo Cristo dos Aflixidos.
- 22:45 h. Chiringo do paseo: Evento especial.
- 23:00 h. Ponte e praia: Festival Poético Piromusical Cidade de Vigo-Vila de Bouzas.
- 23:30 h. Aparcadoiro Pavillón: Verbena coa orquestra Tango.
- 23:45 h. Chiringo do paseo: DJ Set: Charlie, Dani Muñoz, B2B e Mitch Golden.
- 00:00 h. Alameda: Concerto da Banda de Música Municipal de Redondela.
- 01:00 h. Aparcadoiro Pavillón: Disc-Jockey.
- 01:45 h. Aparcadoiro Pavillón: Verbena coa orquestra Tango.
Luns, 20 de xullo 2026
- 17:00 h. Chiringo do paseo: DJ Set: Tardeo.
- 17:30 h. Alameda: Tatarina, xogos infantís.
- 20:00 h. Igrexa Parroquial: Misa Solemne na honra da Virxe do Carme.
- 21:00 h. Procesión na honra da Virxe do Carme.
- 22:00 h. Alameda: Actuación do grupo Bonsai Down.
- 21:00 h. Chiringo do paseo: Actuación de Nickzz.
- 23:00 h. Aparcadoiro Pavillón: Verbena coa orquestra Saudade.
- 23:00 h. Chiringo do paseo: Actuación de Estorben.
- 00:30 h. Chiringo do paseo: La Iguana Club Rocks, The Seaside Komodo Kids & Echaide al Aparato.
- 00:30 h. Aparcadoiro Pavillón: Disc-Jockey.
- 01:15 h. Aparcadoiro Pavillón: Verbena coa orquestra Saudade.
Martes, 21 de xullo 2026
- 13:00 h. Igrexa Parroquial: Misa Solemne na honra de San Pedro "EOPescador".
- 14:00 h. Hotel Coia: Comida de Patróns.
- 18:30 h. Chiringo do paseo: La Jaranita, Iván Alonso & Gus García.
- 21:00 h. Procesión na honra de San Pedro coa imaxe da "Pesca Milagreira".
- 23:00 h. Aparcadoiro Pavillón: Verbena coa orquestra El Combo Dominicano.
- 23:30 h. Chiringo do paseo: Origen, Churruca, Loves Bouzas, DJ Charlie, B2B, Mitch Golden & Friends.
- 01:30 h. Aparcadoiro Pavillón: Disc-Jockey.
- 02:00 h. Aparcadoiro Pavillón: Verbena coa orquestra El Combo Dominicano.
Como ver mellor os fogos de Bouzas

Unhas 20.000 persoas reúnense cada ano en Bouzas para gozar dos fogos artificiais das festas de Bouzas. Podes gozar deles dende toda a ría de Vigo. A choiva de cores constitúe un dos pratos fortes da Festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos, declarada Ben de Interese Turístico de Galicia en 2004.
Buscar un bo lugar dende onde velos é, ás veces, unha tarefa complicada e leva tempo. Bouzas énchese de xente esa noite. As opcións máis seguras son buscar un punto alto da cidade, como é o Monte do Castro, xa que o espectáculo é visible dende calquera punto da ría.
Para quen queira probar unha experiencia nova, diferente e divertida, existen empresas de aluguer de embarcacións que ofrecen a posibilidade de ver os fogos de Bouzas dende o mar.
Polo módico prezo de 29,5€ (un adulto) ou 14€ se tes entre 3 e 12 anos, a naviera Mar de Ons dáche a oportunidade de embarcar con eles e pasar un par de horas para ver os fogos de Bouzas. con cátering incluído. O prezo sen cátering é máis barato. As saídas dos barcos son ás 21:30 horas dende o porto de Cangas e ás 22:00 horas dende o porto de Vigo, reservando sempre o billete con antelación.
Historia dos fogos das Festas de Bouzas
A tradición popular di que os fogos de Bouzas puideron nacer no século XVII. Cóntase que en 1605 se celebrou na vila o nacemento en Valladolid do primeiro fillo varón do rei Filipe III. O bispo de Tui estivo na festa e os seus arcabuceiros comezaron a lanzar salvas de honra, mentres os veciños queimaban troncos, pólas e alcatrán. E ese podería considerarse o precedente máis antigo dos fogos de Bouzas.
Se buscamos información precisa e demostrable sobre os fogos das festas de Bouzas, as primeiras noticias precisas sobre o espectáculo aparecen en 1861. Nunha crónica consta que “as novenas celebrábanse coa maior solemnidade, anunciando a primeira con un repique de campás e un gran número de fogos artificiais que fixeron que os habitantes abandonasen os seus lugares”.
Sexa cal for o motivo, hoxe os fogos das festas de Bouzas na honra do Santísimo Cristo dos Aflixidos son uns dos máis esperados e espectaculares da zona. Milleiros de persoas acoden a disfrutalos. Se non os coñeces, a que esperas? Non te deixarán indiferente.
Imaxe cabeceira: Confraría do Santísimo Cristo dos Aflixidos.
