Co obxectivo de facilitar as comunicacións nun momento especialmente crítico debido á catástrofe humanitaria provocada polo terremoto en Venezuela, R, o operador de telecomunicacións líder en Galicia, puxo en marcha un conxunto de medidas extraordinarias para axudar os seus usuarios a manterse conectados co país caribeño.

En concreto, a compañía galega ofrecerá de forma gratuíta as chamadas persoais internacionais internacionais, así como o envío de SMS dende Galicia a Venezuela para os seus clientes/as*.

Esta iniciativa busca facilitar a comunicación con familiares, amigos e achegados nunha situación de especial dificultade polas consecuencias dos movementos sísmicos das últimas horas.

Así mesmo, R tamén aplicará o roaming gratuíto —tanto en servizos de voz como de datos— a aqueles clientes que se atopen actualmente en Venezuela, co fin de que poidan comunicarse sen restricións con España e informar sobre a súa situación aos seus seres queridos**.

Estas medidas especiais no tráfico telefónico aplicaranse tanto a clientes residenciais como de empresa e permanecerán activas durante os próximos 15 días (sen prexuízo de seren ampliadas en función da evolución e do alcance da emerxencia humanitaria).

A compañía está, ademais, mobilizando aos seus empregados para impulsar iniciativas solidarias que contribúan a apoiar á poboación afectada, canalizando o seu compromiso e colaboración en favor de quen máis o necesitan nesta situación de emerxencia.

R quere expresar así a súa solidariedade e apoio ao pobo venezolano nestes momentos tan difíciles, á vez que traslada o seu desexo de que a situación se estabilice e a normalidade poida restablecerse canto antes.

*Cun límite de consumo responsable de 1.000 minutos e 300 SMS por ciclo.  

** No caso de clientes en roaming dende Venezuela, o servizo será gratuíto para unha utilización persoal, quedando suxeito a un uso razoable do servizo (quedan expresamente excluídos os servizos de alto volume de consumo de datos como o streaming).

Imaxe de Kelly Sikkema