A fibra con máis velocidade, seguridade e prestacións do mercado chega agora á península do Morrazo.
Se vives en Cangas, xa podes gozar da nosa fibra MAX. Segue lendo para coñecer as súas vantaxes.
Consultar cobertura de fibra en CangasOferta de fibra MAX en Cangas
Para navegar por internet da forma máis rápida e segura. Para que poidas gozar dos teus contidos favoritos de Prime Video ou Netflix. Para que ningún retardo penalice a túa pericia como gamer. Todo isto é xa posible en Cangas grazas á nosa rede de fibra. Toma nota:
Con cobertura 5G móbil en Cangas
Podes contratar tamén o teu móbil con R e gozar da mellor tarifa de datos ilimitados, con chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais.
E sen perder de vista o máis avanzado en tecnoloxía grazas á cobertura 5G. Poderás gozar automaticamente das súas vantaxes alí onde xa teñamos listo o despregamento e sempre que o teu teléfono sexa compatible.
Máis velocidade e máis capacidade da forma máis cómoda, unificando facturas e aforrando un pouquiño.
Ver ofertas de fibra + móbil en CangasComo contratar ou cambiar a fibra en Cangas
Xa es cliente/a? Chamarémoste en canto a rede estea dispoñible na túa zona para concertar cita contigo. Sen ningún custo adicional para ti, achegarémonos ao teu domicilio para instalarche os nosos equipos.
Aínda non es cliente/a de R? Bota un ollo á nosa web ou chámanos para coñecer as vantaxes da nosa oferta.
Cobertura de fibra en Cangas
Máis de 3.000 empresas e particulares de Cangas xa están a aproveitar as vantaxes da nosa fibra óptica ata o fogar (FTTH).
E seguimos con tarefas de mellora continua para ser o operador con máis cobertura propia na túa localidade.
Cangas, un paraíso natural entre rías e illas
Atopamos Cangas na Península do Morrazo e entre as rías de Vigo e Aldán.
Un paraíso natural que conta con case 40 areais, entre eles algúns tan coñecidos como a praia de Melide ou a de Barra.
Imprescindibles son tamén a Costa da Vela, os cantís de Donón, o Monte O Facho e Cabo Home, co seu popular faro e o mellor lugar onde gozar de espectaculares atardeceres.
A tiro de pedra atópanse tamén as Illas Cíes, xa que dende Cangas podes coller o barco para visitalas. Ou, se o prefires, podes percorrer navegando a ría de Aldán.
Historia, tradición e orixinalidade
Do seu patrimonio histórico destacan a colexiata de Santiago, do século XV, e a Capela do Hospital, reflexo do que foi o primeiro hospital da zona e situada en pleno paseo da Alameda.
Moi preto de alí podes ver un dos tesouros máis curiosos de Cangas: un orixinal quiosco meteorolóxico, referencia especialmente para aqueles/as que saen ao mar.
Ademais, Cangas segue fiel ás súas tradicións e conserva varias danzas ancestrais orixinais, como a Danza de San Roque en Hío.
Un espectáculo único que fibra MAX de R, a rede de fibra máis moderna do mercado, che axudará a difundir e compartir con quen queiras.
Imaxe: Turismo de Galicia.