O verán é para divertirse e nada mellor que a festa das Carrilanas de Esteiro 2026 para facelo. En Esteiro, parroquia de Muros, fano como mellor saben: con enxeño, velocidade e moita arte. Cada ano a terceira fin de semana de xullo a parroquia coruñesa de Esteiro celebra as Carrilanas de Esteiro 2026, do 17 ao 19 de xullo, que divirte tanto aos seus participantes como aos que se achegan a velas.
De pequenos a todos nos gustaba a velocidade e as carreiras coas nosas amizades. E os veciños e veciñas de Esteiro deseñaron o plan perfecto. Unha carreira de vehículos artesanais que saca o mellor de cada un. Estes vehículos son as chamadas carrilanas, coches tradicionais feitos integramente de madeira sen ningún tipo de propulsión máis que a propia forza da gravidade.
Con esta competición preténdese conmemorar un dos xogos máis populares entre os nenos e as nenas de Galicia. E o mellor é que calquera persoa pode participar na carreira de carrilanas. O único requisito é ter unha carrilana que cumpra a normativa (só rodamentos, eixes e chasis de madeira) e inscribirse o día da carreira ou a través do formulario online.
Programa das Carrilanas de Esteiro 2026
A terceira fin de semana de xullo as carrilanas son as estrelas que todos queren ver. E o programa das Carrilanas de Esteiro 2026 é amplo e variado para que o poidas gozar ao grande.
Festival das Carrilanas de Esteiro 2026

Un dos pratos fortes desta festa será o Festival das Carrilanas de Esteiro 2026. O mellor é que a entrada é gratuíta, dando prioridade aos socios e socias (facerse socio tamén é gratuíto), e teñen moitas actividades.
Estes son os concertos que haberá no Festival das Carrilanas 2026 os días 17, 18 e 19 de xullo.
- The Rapants
- Baiuca
- 9Louro
- Treixadura
- De Ninghures
- Familia Caamagno
- Alddara
- Xián Pais
- Mekánika Rolling Band
- Orquesta Neverloura
- Señora DJ
- Kike Varela
- Duendeneta Dilleis
- Moe DJ
Para que non perdas detalle contámosche o programa do Festival das Carrilanas de Esteiro 2026 por días e en que escenario actúa cada grupo:
Venres, 17 de xullo 2026
- 21:00 h. Escenario El Águila: De Ninghures
- 22:55 h. Escenario El Águila: 9louro
- 00:30 h. Escenario El Águila: Baiuca
- 02:20 h. Escenario El Águila: Kike Varela
- Escenario Artón: Moe DJ
Sábado, 18 de xullo 2026
- 21:00 h. Escenario El Águila: Treixadura
- 23:10 h. Escenario El Águila: Familia Caamagno
- 00:45 h. Escenario El Águila: The Rapants
- 02:50 h. Escenario El Águila: Señora DJ
- Escenario Artón: Duendeneta Dilleis
- 13:30 h. Escenario Vegalsa Eroski: Xián Pais e Alddara
Domingo, 19 de xullo 2026
- 13:30 h. Escenario Vegalsa Eroski: Orquesta Neverlousa
- Concierto de calle: Mekánika Rolling Band
Podes ter toda esta información a man descargándote o programa aquí:
Carreiras das Carrilanas de Esteiro 2026

Na terceira fin de semana de xullo, as carrilanas e os seus deseñadores saen das súas goridas para competir e presumir de deseño, xa que non só importa a velocidade, senón tamén a imaxinación, os detalles estéticos, a beleza e as innovacións mecánicas.
O circuíto transcorre pola ladeira coñecida como O Maio. Ten aproximadamente 2,5 quilómetros de lonxitude e é unha estrada estreita, con fortes pendentes entre monte e casas, o que a fai perfecta para divertirse.
O primeiro día de festa, o venres 17 de xullo, xa se poden ver as primeiras carrilanas paseando e lucindo polas rúas de Esteiro. O sábado comezan os primeiros adestramentos e ás sete da tarde dispútase a “pole position” coa que se deciden os postos de saída da carreira final.
O domingo, o día grande das carreiras, o 19 de xullo, ás sete da tarde xa están preparadas as carrilanas. Na primeira carreira compiten os máis pequenos. Ás sete e media chega a quenda dos vehículos lentos, aqueles que prefiren a exposición dos seus orixinais deseños en detrimento da velocidade.
Ao remate ten lugar a entrega de premios na Alameda. Ademais do premio ao campión, tamén hai premios para a carrilana máis fermosa, a mellor engalanada, para os pilotos que vistan os traxes máis orixinais, para a carrilana do ano e para a equipa que reúna as condicións máis singulares.
A organización aínda non publicou o programa das Carrilanas de Esteiro 2026, cando o faga contarémoscho todo aquí, pero todos os anos hai unhas actividades fixas que sempre se repiten e que che comentamos:
Venres, 17 de xullo 2026
- 19:00 h. Adestramentos Oficiais libres no circuíto das carrilanas.
- 21:00 h. Festival das Carrilanas: Concerto de Baiuca, 9louro, De Ninghures, Kike Varela e Moe DJ.
Sábado, 18 de xullo 2026
- 13:30 h. Festival das Carrilanas: Concierto de Alddara e Xián Pais.
- 19:00 h. Pole Position no circuíto de carrilanas.
- 21:00 h. Festival das Carrilanas: Concerto de The Rapants, Treixadura, Familia Caamagno y Señora DJ.
Domingo, 19 de xullo 2026
- 13:30 h. Festival das Carrilanas: Concerto de Orquesta Neverlousa e de Mekánika Rolling Band.
- 16:00 h. Peche da estrada no circuíto de carrilanas.
- 18:00 h. Carrilanas de Nenos no circuíto de carrilanas.
- 18:30 h. Carrilanas Lentas no circuíto de carrilanas.
- 19:00 h. Carrilanas Rápidas no circuíto de carrilanas.
- 20:30 h. Entrega de trofeos.
Sábado, 25 de xullo 2026
- 12:30 h. Alameda Esteiro: Entrega de trofeos.
Como naceu a carreira de carrilanas
A historia da carreira de carrilanas de Esteiro remóntase a máis de vinte anos atrás. Amizades varias e veciñanza reuníronse nunha discoteca do municipio mentres conversaban sobre as festas de Esteiro.
O que se pretendía era idear algo para que a festividade da súa patroa, Santa Mariña, que caía en luns ese ano, reunise a toda a veciñanza e aos curiosos non só ese día, senón tamén a fin de semana anterior. Querían atraer xente a Esteiro, sabendo sempre a limitación monetaria das festas parroquiais. O reto era competir co poderío das festas do Carme dos concellos limítrofes.
E xurdiron varias ideas, entre elas contan que se propuxo un concurso de estornela, unha baixada de bañeiras polo río, unha carreira de zancos... ata que saíu a carreira de carrilanas, de carros de madeira. Aquí naceu a carreira de carrilanas de Esteiro, que 24 anos despois está declarada Festa de Interese Turístico Nacional.
Fonte imaxe cabeceira: Turismo de Galicia.
