Os amantes da música e a cultura galega teñen unha cita no Festival de Pardiñas 2026 de Guitiriz, do 31 de xullo ao 2 de agosto. Este ano celebran 47 edicións, así que non podes perder esta Festa de Interese Turístico Galego que organiza a Asociación Cultural Xermolos. Consulta aquí o cartel e o programa do Festival de Pardiñas 2026 para pasar unha fin de semana de festa en Guitiriz.

Programa do Festival de Pardiñas 2026

cartel festival pardiñas 2026
Imaxe: Asociación Cultural Xermolos

Pardiñas é unha feira e unha festa da música e da arte, e precisamente dous dos seus emblemas son a Mostra de Instrumentos de Música Tradicional e a Mostra de Artesanía.

Pero o Festival de Pardiñas 2026 de Guitiriz ten outros acenos de identidade, como os cantos de taberna e os concertos que animan cada noite o festival.

A edición 2026 do Festival de Pardiñas conta cun cartel deseñado por Xabi Balado e Marcos Vigo, que fala dese algo que non se pode explicar, só sentir, cada ano no Festival de Pardiñas.

Xa coñecemos todas as actividades do programa do Festival de Pardiñas 2026, do venres 31 de xullo ao domingo 2 de agosto.

Venres, 31 de xullo 2026

  • 19:00 h. Campo de fútbol Suso Cruz: Encontro amigable Fútbol Gaélico Liga Gallaecia
  • 20:30 h. Bares e rúas de Guitiriz: XII Certame de Cantos de Taberna

Sábado, 1 de agosto 2026

  • 11:30 h. Apertura XXXIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional
  • 13:00 h. Mostra de Instrumentos: Sesión Vermú: Seimeira
  • 16:00 h. IX Aberto de Billarda de Pardiñas
  • 16:30 h. Apertura XLVII Mostra de Artesanía
  • 17:00 h. Mostra de Instrumentos: Pregón: Concha Losada
  • 18:30 h. Mostra de Instrumentos: Concerto Pandeireteiras Agrocovo
  • 19:00 h. XLVII Carreira Popular
  • 20:30 h. Bloquinho de Xermolos, Tanto nos Ten, Alana + Lina e Losa, Eskorzo, Maloa Brothers

Domingo, 2 de agosto 2026

  • 11:30 h. XLVII Mostra de Artesanía e XXXIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional
  • 12:00 h. Mostra de Instrumentos: Obradoiro de treboada: Oli Xiráldez
  • 13:00 h. Mostra de Instrumentos: Sesión Vermú: Arroxó
  • 16:00 h. Mostra de Artesanía: Presentación do cómic "Nariz Vermello"
  • 16:30 h. Mostra de Artesanía: Espectáculo Infantil: Os Jalochos
  • 17:00 h. Mostra de Instrumentos: Obradoiro de baile tradicional: Cris Canosa
  • 17:30 h. Mostra de Artesanía: IV Encontro "Regueifa na Chá"
  • 18:30 h. Mostra de Instrumentos: Concerto Sete Aldeas
  • 19:30 h. Entrega de premios XLVII Certame Terra Chá de Creación Infantil e Xuvenil. Pregón: Alfonso Blanco Torrado, 50 anos de Xermolos
  • 20:30 h. Os Carecos, Dobranotch, Cholo Chicha, Bestas

E o mellor de todo é que o acceso ao festival e a acampada é gratis.

Bota un ollo a este vídeo para descubrir toda a maxia do Festival de Pardiñas:

Como chegar ao Festival de Pardiñas 2026? Podes ver a dirección onde se celebra a festa na parroquia de Lagostella de Guitiriz aquí debaixo.

E despois de Pardiñas, continúan os festivais en Galicia 2026.

Fonte imaxe de cabeceira: Cultura de Galicia