O Resu, Ortigueira, O Son do Camiño, o Morriña Fest… traémosche a lista completa de festivais Galicia 2026 para que saibas onde e cando se montan as festas cada mes do ano, en especial os festivais de Galicia no verán que son unha chea. Festivaleiro, garda ben esta información e compártea cos colegas cos que vas a ir de concertos en Galicia no 2026: datas, carteis, entradas…
Planifica a túa axenda de festivais en Galicia 2026 con este calendario de concertos que xa confirmaron data. Iremos actualizando o post co resto de festivais cando se vaian anunciando as datas de 2026:
Os festivais en Galicia 2026 en primavera: abril
Wake Up! Festival
O festival de música electrónica Wake Up! celebra en Vigo unha edición especial con motivo da Semana Santa.
- Cando: 1 - 2 abril 2026
- Dónde: Vigo, no Ifevi
- Cartel: Klangkuenstler, Chris Liebing, Felicie, Luke Slater, Isma B, Muiños, Franky Rizardo, Loco Dice, Marco Carola, Paco Osuna, Caste & Selles, Milutxo.
- Entradas: á venda aquí.
Modo Perreo - Reggaeton Festival
O festival de Galicia 2026 de reggaetón antigo e electro latino chega a Vigo. O IFEVI acolle a próxima cita do calendario:
- Cando: 3 abril 2026
- Onde: Vigo, no Ifevi
- Cartel: Dasoul, Henry Mendez, Kiko Rivera, K-Narias, UnaIII, Planas, Anxo Silva.
- Entradas: á venda aquí.
Camiño Norte Fest
Ribadeo acolle o festival Camiño Norte Fest, que reúne a música dunha das mellores orquestras (ademais, estreando xira) e os sons de dous DJs.
- Cando: 2 abril 2026
- Onde: Ribadeo
- Cartel: Orquesta Panorama, DJ Alejandro Martínez, DJ Litainer.
- Entradas: á venda aquí.
One Dance
Festival dance das décadas 90, 2000, 2020 no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi). Baila cos mellores temas das últimas tres décadas en One Dance.
- Cando: 4 abril 2026
- Onde: Vigo, no Ifevi
- Cartel: Alice DJ, Barthezz, Carolina Marquez, DJ Quicksilver, DJ Sammy, DJ Sash!, Ian Van Dahl x Astroline, Kate Ryan, Lasgo, Lou Bega, Rebeca, Sylver, Whigfield, DJ Rob, DJ Mark Deluxe, Yaser, Marcos, DJ Charlie, Traffic House, Toni Seijas.
- Entradas: xa á venda aquí.
A Candeloria

Imaxe: A Candeloria
A Candeloria é o festival lucense de rock. Ademais, Feira Candeloria, foodtrucks, sesión vermú, pasabares no barrio da Ponte, buses.
- Cando: 11 de abril 2026
- Onde: Lugo, no Pazo de Feiras e Congresos
- Cartel: Non Servium, Dakidarría, Boikot, Tremenda Jauría, Juantxo Skalari & La Rude Band, Arrhythmia, Me Fritos and The Gimme Cheetos, Jordi Pánico.
- Entradas: compra online aquí
Festival Jaleo!

Imaxe: Festival Jaleo!
Festival en Galicia en 2026 para gozar de boa música durante todo o ano.
- Cando: 11 de abril 2026
- Onde: Santiago, no Multiusos Fontes do Sar
- Cartel: Ultraligera, Xoel López, Ojete Calor, Sidonie, De Ninghures, Señora DJ.
- Entradas: compra online aquí
Picnic Sesións
Outro dos festivais de Galicia 2026 en abril é Picnic Sesións, unha fin de semana de música, foodtrucks, obradoiros ou espazo infantil. Organiza a asociación cultural Lideiras na parroquia de Saiáns, en Vigo.
- Cando: 11 - 12 de abril 2026
- Onde: Vigo, na parroquia de Saiáns
- Cartel: A Banda dos insectos, alumnos Gain Over, Sun Iou, Mambas Negras, Peter Punk, La Yuca Funk, Red Duck Blues.
- Entradas: de balde
FIV de Vilalba

Imaxe: FIV de Vilalba
O FIV de Vilalba é un clásico da música indie. Conta con zona de acampada e servizo especial de autobús.
- Cando: 24 - 25 de abril 2026
- Onde: Vilalba (Lugo), na praza da Constitución
- Cartel: La M.O.D.A., Carlos Ares, Alcalá Norte, Ángel Stanich, Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Banda de Música de Vilalba, Grande Osso, Rapariga DJ, Futuro Alcalde.
- Entradas: á venda online
Orballo Fest
O Orballo Fest é un festival de Galicia 2026 gratuíto que se celebra en abril no Rosal.
- Cando: 25 de abril 2026
- Onde: O Rosal (Pontevedra), na Praza do Calvario
- Cartel: DJ Anxo Silva, Joselete, Famous Corner, DJ G. Rich, DJ Divergente, DJ Diego Wass.
- Entradas: gratis
Os festivais de Galicia 2026 en maio
Fa Ce La Fest
Fa Ce La Fest leva a Lugo o mellor da música independente.
- Cando: 6 - 9 de maio 2026
- Onde: Lugo, no Parque da Milagrosa
- Cartel: Temples, Shego, Australian Blonde, Triángulo de Amor Bizarro, Pacífica, Axolotes Mexicanos, Toldos Verdes, Bernal, Los Palms, Ripship, Sigilu, Error 97, Filophóbicas, Fotocopia, Aeronave Adolescente, Las Yadhys, The Foolans, Sapo Bufo.
- Entradas: á venda aquí
Millo Verde
Festival alternativo de música, actividades culturais e deportivas. Así é o Millo Verde que se celebra na área Recreativa da Praia de Cesantes, en Redondela. Tamén conta con zona de acampada.
- Cando: 21 - 23 de maio 2026
- Onde: Redondela, na Área Recreativa da Praia de Cesantes
- Cartel: Nadie González, Pladür,Vimbio, La Chiva Gantiva, Pan de Capazo, Iyaman Pablo & Irie Reggae Vibes, Mitad Doble, Esmorgadas, Grupo Maquetas, Rebeliom do Inframundo, Alpargata, FÜLÜ, Catalina Grande Piñón Pequeño, Carmen Xía, Lula Mora, Esmorgadas, Bloquinho Aperta, Moon Cresta.
- Entradas: á venda aquí
Ourensound Fest

Imaxe: Ourensound Fest
Festival de música rock en Ourense. O Ourensound Fest conta con zona de acampada e estacionamento de furgos.
- Cando: 22 - 24 de maio 2026
- Onde: Campo fútbol Parque tecnolóxico San Cibrao das Viñas - Ourense
- Cartel: Love of Lesbian, Iván Ferreiro, Carlos Ares, Alcalá Norte, Fontán, La M.O.D.A., Siloé, Duncan Dhu, Marlon, Niña Polaca, Abril, La Duendeneta, Mr. Kitos + concerto de balde na Praza Pereiro de Aguiar a cargo de A Tarabela Ambulante.
- Entradas: compra online aquí
Riot GZ Fest
Novo festival en Galicia 2026 que reúne aos mellores grupos de punk en Lugo. Riot GZ Fest celébrase durante dous días no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
- Cando: 22 - 23 de maio 2026
- Onde: Lugo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
- Cartel: Evaristo (repasa a súa carreira: La Polla Records, The Kagas, Tropa do Carallo, The Meas, Gatillazo) The Toy Dolls, Perkele, Cockney Rejects, Bull Brigade, Sham 69, The Rumjacks, Arene 6, Lion's Law, Keltoi, Ruxe Ruxe, Misconduct, Chulería, joder, True Mountains, Jawless, Jordi Pánico.
- Entradas: compra online aquí
Coruña Sounds
Coruña Sounds é un deses festivais de verán en Galicia que che trae grandes artistas no seu ciclo de concertos.
- Cando: maio - xullo 2026
- Onde: A Coruña, no Coliseum e Palacio da Ópera
- Cartel:
- Megadeth: 27 de maio 2026, no Coliseum. Compra entrada
- Alejandro Sanz: 18 de xullo 2026, no Coliseum. Compra entrada
- Víctor Manuel: 12 de decembro 2026, no Palacio da Ópera. Compra entrada
- Entradas: entradas xa á venda online
Xuño: festivais en Galicia 2026
Surfing the Lérez Festival
Festival gratuíto e benéfico á beira do río Lérez. Surfing the Lérez Festival conta con zona infantil de actividades, foodtrucks e mercado.
- Cando: 12 - 13 de xuño 2026
- Onde: Pontevedra, na Illa das esculturas ou Illa do Covo
- Cartel: Niños Bravos, Freedonia, 9Louro, Mad Foxes, Estrogenuinas e máis por anunciar.
- Entradas: gratis
O Son do Camiño

Imaxe: O Son do Camiño
Un dos primeiros festivais de verán de Galicia, O Son do Camiño reúne a miles de festivaleiros cada ano no Monte do Gozo de Santiago.
- Cando: 18 - 20 de xuño 2026
- Onde: Santiago de Compostela, no Monte do Gozo
- Cartel: Linkin Park, Katy Perry, Dani Martín, Lola Índigo, Biffy Clyro, DJ Snake, Afrojack, Guitarricadelafuente, Sen Senra, Dorian, Hoobastank, Carlos Ares, Sexy Zebras, Leire Martínez, Niña Polaca, MVRK, The Bloody Beetroots (DJ set), Barry B, Carlangas, D. Valentino, Ortiga, The Molotovs, Corella, Michenlo, Sarria, Habló Pablo + Escenario Son Electro: Aida Blanco, Bárbara Lago, Bego Martín, Carlita, Caste, DJ Gigola, Héctor Oaks, HoneyLuv, Hoonine, Jimi Jules, MCR-T, Paramida, Patrick Mason (house set) B2B HAAi, Perel, Supergloss, Tout Sanders, Viviana Casanova, Li/Lu.
- Entradas: á venda aquí
Perla Mural Fest
Grandes concertos neste festival de Galicia 2026 que se celebra en Fene. Ademais de música, goza dos murais e moito máis en Perla Mural Fest.
- Cando: 22 - 28 de xuño 2026
- Onde: Fene, en Perlío
- Cartel: Rufus T. Firefly, Melon Diesel, Luis Fercán, True Mountains, Battosai, Los Tigres del Cañotas, Zavala & Atalaias de Caión, DJR4TIBRÓN, Daft Punk Vibes e máis por anunciar.
- Entradas: á venda aquí
Noites do Porto
Un dos festivais en Galicia 2026 que se consolida é Noites do Porto, que cambia de datas a xuño. Este ciclo de concertos na Coruña celébrase no Peirao de Batería e amplíase a outras salas da cidade como o Playa Club, Mardi Gras, Garufa Club, Jazz Filloa e Inn Club.
- Cando: 22 xuño - 5 de xullo 2026
- Onde: A Coruña, no Peirao de Batería e outras salas da cidade
- Cartel: Lela Soto (22 de xuño 2026, en Jazz Filloa), La Tania (25 de xuño 2026, en Garufa Club), ELLiS-D (28 de xuño 2026, en Mardi Gras), Curtis Harding (30 de xuño 2026, en Inn Club), María José Llergo (2 de xullo 2026, no Teatro Colón), Nadadora (5 de xullo 2026, en Garufa Club) e máis por anunciar.
- Entradas: á venda aquí
Fumega Fest
Os amantes do rock e o metal teñen unha cita nun escenario singular, como é o Parque do Pasatempo de Betanzos. Outro dos festivais de Galicia 2025 para anotar na túa axenda.
- Cando: 26 - 27 xuño de 2026
- Onde: Betanzos, no Parque do Pasatempo
- Cartel: Stoned Jesus, Conan, Burst, Causa Sui, Wet, Cactus, Men Eater, Travo, Moura, Lucifernaga, Volcanova.
- Entradas: á venda aquí
Galicia Fest
Festival de Galicia 2026 que se celebra en xuño en Vigo. O Galicia Fest tráeche aos mellores grupos do indie e pop nacional, no marco dos concertos do Xacobeo. Ademais de música, podes gozar de foodtrucks e barras.
- Cando: 26 - 27 de xuño 2026
- Onde: Vigo, no Porto de Vigo
- Cartel: La Reina del Flow, Coti, Maryland, Miriam Rodríguez, Pablo Lesuit, Sabela, José de Rico, Álvaro de Luna, Juan Magán, Lori Meyers, Taburete, Carla Lourdes, Fredi Leis, Marlena, Vera Fauna.
- Entradas: á venda aquí
Petra Rosa Festival
Música en directo nunha contorna única, nunha canteira de granito rosa convertida en escenario. Esa é a proposta de Petra Rosa Festival no Porriño. Anota estes concertos no teu calendario de festivais en Galicia.
- Cando: 26 - 28 de xuño 2026
- Onde: O Porriño, na Estrada a Salceda, S/N, 36418
- Cartel: Fiesta Bresh, Pablo López, Antonio Orozco, Sergio Dalma.
- Entradas: á venda aquí
Festivais en Galicia en verán 2026: xullo
Resurrection Fest

Imaxe: Resurrection Fest
O festival heavy de Galicia por excelencia, o Resurrection Fest. Metaleiros de todo o mundo reúnense en Viveiro para escoitar ás grandes estrelas internacionais do heavy e do rock. O Resu dispón de zona para durmir no Resucamp, na praia de Area, zonas de acampada libre e mesmo zona Glamping.
- Cando: 1 - 4 de xullo 2026
- Onde: Viveiro (Lugo)
- Cartel: Sabatou, Iron Maiden, Limp Bizkit, Marilyn Manson, A Day to Remember, Anthrax, Trivium, Mastodon, Testament, Angelus Apatrida, Bleed from within, President, High Vis, Blues Pills, Hamlet, Lionheart, Borknagar, Caskets, Dying Wish, Gaerea, Faetooth, Dogma, Self Deception, Annisokay, The Callous Daoboys, The Browning, Psychonaut, Iscream Never Ground, Authority Zero, The Funeral Portrait, Witch Club Satan, The Pretty Wild, A.A. Williams, Harm’s Way, Burning Witches, End it, Distant, Last train, The Scratch, Immortal Disfigurement, Return to dust, Hulder, TSS, Belvedere, Gridiron, Rosalie Cunningham, Blood Command, Frontierer, Initiate, Ciclonautas, The Gems, Hand of Juno, Vulvarine, God Complex, Blood Vulture, The family men, Cwfen, Fuet!, Lampr3a, Aneuma, Not yet, Todomal, Cardiac, Stellvris, Mourir, Her anxiety, Crowded, Okkultist, Cavalera Conspiracy – Chaos Ad, P.O.D., Blood Incantation, Converge, The Rasmus, Imminence, Thrown, Caliban, House of protection, Feuerschwanz, Man with a misión, Get the shot, The vintage caravan, Nevertel, Black Maracas, Fallen at dawn, Blaze the Trail, Nukore, Oslo Ovnies, Pants off, Madmess, Kruddö.
- Entradas: xa á venda online
Sil Fest
Festival de verán en Galicia 2025 no Barco de Valdeorras. Sil Fest ten programados concertos, actuacións para os peques, mercado, catas, zona de acampada e moito máis a beiras do río Sil, na praia fluvial.
- Cando: 2 - 4 de xullo 2026
- Onde: O Barco de Valdeorras, no Paseo do Malecón
- Cartel: Morgan, La Paloma, Puño Dragón, Hinds, L.A., Bum Motion Club, Begut, Adrian Timms, Zabriskie, Mazu, La Gloria, Sr. Jingles, Os Parrandas, DJ90, Dani Argü DJ, Hawkins DJs, Dj Repunante, Henriko (#MiniSilFest), Paco Nogueiras (#MiniSilFest).
- Entradas: xa á venda online
Festival Armadiña Rock
Combarro celebra o festival de música e cultura Armadiña Rock a principios de xullo. Non perdas este festival gratis en Galicia 2026.
- Cando: 3 - 5 de xullo 2026
- Onde: Combarro, na Praza da Chousa
- Cartel: proximamente
- Entradas: gratis
Atlantic Pride

Imaxe: Atlantic Pride
O Atlantic Pride é o festival de cultura LGTBI+ da Coruña con concertos gratis por toda a cidade.
- Cando: 5 - 12 de xullo 2026
- Onde: A Coruña, na Fundación Luis Seoane, Praza de Pontevedra, Xardíns de Méndez Núñez
- Cartel: Miriam Rodríguez, Zahara Rave, Alba Reche, Ricky Merino, Saia Santa, Whigfield, Choriza May, Electra, Julieta, Kika Lorace, Kim Miller, La Niña Delantro, Arde, Chloe Vittu, Jonydasvie, Montedapena, raze, Pitita, Sasha Moon, Terrae DJ's e máis artistas por anunciar.
- Entradas: gratis
O Gozo Festival

Imaxe: O Gozo Festival
O Gozo Festival leva a diferentes cidades galegas aos artistas internacionais máis recoñecidos durante todo o ano. É un dos festivais de Galicia máis esperados.
- Cando: marzo - xullo 2026
- Dónde: A Coruña, Santiago de Compostela
- Cartel:
- The Kooks: 5 de marzo 2026, Sala Pelícano da Coruña. Compra entrada
- Garbage: 6 de xullo 2026, Sala Pelícano da Coruña. Compra entrada
- Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora, Miriam Rodríguez: 11 de xullo 2026, Monte do Gozo de Santiago de Compostela. Compra entrada
- Entrada: xa á venda online
Festival PortAmérica

Imaxe: PortAmérica
Música independente, gastronomía de importantes cociñeiros, mercado, zona de acampada e de furgos... Así é o PortAmérica, festival en Galicia de verán imprescindible.
- Cando: 9 - 10 de xullo 2026
- Onde: Caldas de Reis (Pontevedra), no recinto da Azucreira de Portas
- Cartel: Rigoberta Bandini, Fillas de Cassandra, The Rapants, Niña Polaca, Hey Kid, Marina Reche, Amoebo, Hombres G, M-Clan, Eliades Ochoa, Sexy Zebras, Grande Amore, Repion, Orkesta Mendoza, Eladio y los Seres Queridos, Alejo, Candela Liste, Dani Martín, Amaia, Xoel López, Sanguijuelas del Guadiana, Instituto Mexicano del Sonido, Meridian Brothers, Noelia Franco, Nortec: Bostich + Fusible Full Band, La Duendeneta, Oski, Señora DJ, Grupo de Baile Senior Uned, La Magia del Color – Down Vigo, Premio Portamérica Vigo Porté 2026.
- Entradas: xa á venda online
Festival de Ortigueira

Imaxe: Festival de Ortigueira
O festival de música celta máis importante é un clásico do mes de xullo. Concertos, exposicións, talleres, desfiles... nun enclave único. O Festival de Ortigueira está declarado Festa de interese turístico. Poderás deixar o coche en varios aparcadoiros e acampar gratis na zona habilitada na praia de Morouzos.
- Cando: 9 - 12 xullo de 2026
- Onde: Ortigueira (A Coruña)
- Cartel: Anxo Lorenzo, Rubén Alba, Noon, Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos, Xara, Bagad de Vannes, Banda Gaites Saxum, Grupu Etnográficu L’Oriente, Bandina Los Maruetos e máis por anunciar.
- Entradas: gratis
Alén Metal Fest
O Alén Metal Fest é un festival gratuíto en Galicia que se celebra en Vilagarcía de Arousa no mes de xullo.
- Cando: 11 de xullo 2026
- Onde: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), no Parque da Xunqueira
- Cartel: proximamente
- Entradas: gratis
Big Sound Festival
Festival de música urbana que chega a Pontevedra e súmase aos festivais de verán en Galicia 2026.
- Cando: 17 - 18 xullo de 2026
- Dónde: Pontevedra, no Parque de Tafisa
- Cartel: María Becerra, David Bisbal, Nathy Peluso, Ana Mena, Juan Magán, Luck Ra, Beret, Lucho RK, Yami Safdie, Nil Moliner, Besmaya, Despistaos, Hens, Chema Rivas, Big Lois, Gemeliers, Lgido, Mafalda Cardenal, Natalia Lacunza, Rager, Yami Safdie, Besmaya, Luc Loren e máis por anunciar.
- Entradas: xa á venda online
Atlantic Fest

Imaxe: Atlantic Fest
Clásico festival do verán en Galicia, o Atlantic Fest é moito máis que música na praia A Concha. Ofrece gastronomía, actividades para os peques, zona de acampada e autobuses lanzadeira gratis dende varios puntos.
- Cando: 17 - 19 de xullo 2026
- Onde: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), na praia A Concha
- Cartel: Franz Ferdinand, Two Door Cinema Club, Carolina Durante, Carlos Ares, Nacho Vegas, Depresión Sonora, Triángulo de Amor Bizarro, Nadadora e máis por anunciar.
- Entradas: á venda online
Son do Mar Festival
O Son do Mar 2026 celébrase en Meaño con tres días de concertos para que goces dun dos mellores festivais de Galicia 2026. Non perdas este festival de rock, indie e música urbana este verán.
- Cando: 23 - 25 de xullo 2026
- Onde: Meaño
- Cartel: Maldita Nerea, Marlon, Europe, Lia Kali, Bala, Luis Fercán, 9Louro, OBK, Tam Tam Go, Ovy On The Drums e máis por anunciar.
- Entradas: xa á venda aquí
17º Ribeira Sacra Festival
O 17º Ribeira Sacra Festival proponche unha experiencia única vinculada ao territorio, con escenarios únicos como o miradoiro de Santiorxo ou concertos nun catamarán.
- Cando: 24 - 26 de xullo 2026
- Dónde: Ribeira Sacra, varios espazos
- Cartel: The Divine Comedy, Sidonie, Baiuca, Anni B Sweet, Puño Dragón, Vera Fauna, Los Invaders, Mariagrep & Mundo Prestigio.
- Entradas: xa á venda
Festival Sinsal SON Estrella Galicia

Imaxe: Festival Sinsal
O festival de Galicia no verán máis singular cambia de formato. Celébrase durante dúas fins de semana, un na illa de San Simón e Vigo; e outro, en Vigo e o Camiño Portugués. O cartel é secreto e ademais de concertos, o festival Sinsal realiza actividades culturais e conta con varios espazos gastronómicos para comer.
- Cando: 24 - 26 de xullo 2026 e 31 de xullo - 2 de agosto 2026
- Onde: Illa de San Simón, Vigo e Camiño Portugués
- Cartel: secreto
- Entradas: proximamente
Vendaval Fest
Festival na Mariña lucense con foodtrucks, zona de acampada gratuíta e espazo para furgos e caravanas xunto á estación de autobuses.
- Cando: 24 - 25 de xullo 2026
- Onde: Ribadeo (Lugo), no aparcadoiro ao lado do instituto
- Cartel: The Real Mckenzies, El Drogas, Benito Kamelas, Dakidarría, Hamlet, The Lizards, Hermana Furia, Ochobre e máis por anunciar.
- Entradas: á venda aquí
Morriña Fest

Imaxe: Morriña Fest
Unha das citas musicais do verán na Coruña, o Morriña Fest consolidouse como un festival en Galicia de referencia, que reúne a miles de persoas cada ano para ver aos artistas nacionais e internacionais do momento.
- Cando: 24 - 25 de xullo 2026
- Onde: A Coruña, no Porto
- Cartel: Myke Towers, Juanes, Manuel Turizo, Young Miko, Hard GZ, Belén Aguilera, MVRK, D. Valentino, 9Louro, Lemot e máis por anunciar.
- Entradas: xa á venda aquí
Reggaeton Beach Festival
Os amantes do ‘perreo’ teñen unha cita imprescindible neste festival de reguetón en Galicia. Ademais de música, terás actividades acuáticas, gastronomía, atraccións e máis sorpresas.
- Cando: 25 - 26 de xullo 2026
- Onde: Nigrán (Pontevedra), no Porto do Molle
- Cartel: proximamente
- Entradas: xa á venda aquí
SonRías Baixas

Imaxe: SonRías Baixas
A mellor ubicación para un festival de verán en Galicia, as Rías Baixas. O SonRías Baixas é un dos festivais máis lonxevos e conta con acampada gratis coa compra do abono para os tres días do festival e servizo de comida e bebida.
- Cando: 30 de xullo - 1 de agosto 2026
- Onde: Bueu (Pontevedra), no Recinto Multiusos da Estacada
- Cartel: La M.O.D.A., La Pegatina, Ultraligera, Zahara Rave, Barry B, Alcalá Morte, Veintiuno, Alizza, Chiquita Movida, Cool Nenas, Eme DJ, Gara Durán, Hoonine, Juventude, Kike Varela, Duendeneta Dilleis, Mr. Kilombo, NDLR, Quinkillada, Rager, Sobrezero, Sonido Gallo Negro, Ulex.
- Entradas: á venda aquí
Festival de Pardiñas
A asociación cultural Xermolos organiza dende 1980 este festival da cultura galega. O Festival de Pardiñas é música, cantos de taberna, artesanía, exposición de instrumentos tradicionais, talleres... e conta con zona de acampada gratis.
- Cando: 31 de xullo - 2 de agosto 2026
- Onde: Pardiñas, Guitiriz (Lugo), no recinto do balneario de Pardiñas
- Cartel: proximamente
- Entradas: gratis
Festival Costa Feira
Sanxenxo únese aos festivais de verán en Galicia cun ciclo de concertos no Polígono Industrial de Nantes. Costa Feira é música, foodtrucks, zona de recreo e aparcadoiro.
- Cando: xullo - agosto 2026
- Onde: Sanxenxo (Pontevedra), no Polígono Industrial de Nantes
- Cartel:
-
- Xavibo: 30 de xullo 2026
- Nicky Jam: 3 de agosto 2026
- Delaossa: 8 de agosto 2026
- Loquillo: 10 de agosto 2026
- Pop A Feira: Inazio, Íñigo Quintero, Malmö 040, Pavlenha…: 13 de agosto 2026
- Rusowsky: 15 de agosto 2026
- Taburete: 20 de agosto 2026
- Molan los 2000 Reggaetón: 22 de agosto 2026
- Entradas: xa á venda online
Festivais en Galicia 2026 en verán: agosto
Castelo Rock
A asociación Praia do Castelo organiza este festival de rock en Muros. En Castelo Rock hai concertos de pago na Praza do Mercado e tamén actuacións e actividades gratuítas no Curro da Praza ou na Praza da Pescadería entre outros espazos.
- Cando: 6 - 8 de agosto 2026
- Onde: Muros (A Coruña), na Praza do Mercado
- Cartel: Big Special, Kid Kapichi, Law, Martin Human, Nadie González, Orquestra Bravú Xangai, Parquesvr, Saraiba, Tête de la course, True Mountains, Viva Belgrado, XianPais.
- Entradas: xa á venda aquí
Festa da Carballeira de Zas
Festival de Galicia 2026 de música folk. Concertos, artesanía, natureza e moito máis na Festa da Carballeira de Zas, que ten lugar na Carballeira de Velar.
- Cando: 7 - 8 de agosto 2026
- Onde: Zas (A Coruña), na Carballeira de Velar
- Cartel: proximamente
- Entradas: xa á venda aquí
Noroeste Estrella Galicia
Sete días de concertos e artes escénicas nun festival que se expande por varios puntos da Coruña e que ten como escenario principal a praia de Riazor. O Festival Noroeste Estrella Galicia é un dos pratos fortes das festas de María Pita.
- Cando: agosto 2026
- Onde: A Coruña, na Praia de Riazor e máis espazos
- Cartel: proximamente
- Entradas: gratis
O Marisquiño
Un dos festivais de cultura urbana e deporte máis importantes de Europa. O Marisquiño permíteche gozar ao aire libre de concertos, gastronomía, competicións e exhibicións de skate, BMX, break dance, graffiti, batalla de galos e moito máis, na contorna do Porto Marítimo de Vigo e praia de Samil.
- Cando: 6 - 9 agosto 2026
- Onde: Vigo, no Porto Marítimo de Vigo e praia de Samil
- Cartel: proximamente
- Entradas: gratis
Nachiños Fest
A mellor música indie dáse cita en Ferrol en agosto no Nachiños Fest, no Peirao de Curuxeiras.
- Cando: 14 - 15 de agosto 2026
- Onde: Ferrol, no Peirao de Curuxeiras
- Cartel: Baiuca, Puño Dragón, Pavlenha, Raze, Grande Osso e máis por confirmar.
- Entradas: xa á venda aquí
Rock in Rian
"O Festival da Ría" é o lema deste festival en Galicia que se celebra en Rianxo. Ademais de concertos, o Festival Rock in Rian conta con zona de acampada a 5 minutos do festival e moi preto do centro.
- Cando: 14 - 15 de agosto 2026
- Onde: Rianxo, no Parque de Galiza
- Cartel: 9Louro, Familia Caamagno, Orquestra Bravú Xangai, EKOS, Al Borde del Despido, Sustanciados, Bisaiak e máis por anunciar.
- Entradas: á venda online
Río Verbena Fest

Imaxe: Río Verbena Fest
Música urbana e grupos indies danse cita no Río Verbena Fest, un festival de verán en Galicia á beira do río Lérez. Podes comer nos foodtrucks do recinto. Tamén hai sesión verbena de balde na Praza Méndez Núñez.
- Cando: 21 - 22 de agosto 2026
- Onde: Pontevedra, na planicie do Recinto Ferial
- Cartel: Love of Lesbian, Siloé, La La Love You, Carlos Ares, Sidonie, Sanguijuelas del Guadiana, Yoli Saa, Luis Fercán, Cora, Los Acebos, Señora DJ e máis por anunciar.
- Entradas: á venda online
Festival Irmandiño de Moeche

Imaxe: Festival Irmandiño
Neste festival de Galicia 2026 danse cita a historia das revoltas irmandiñas, a cultura e a música. O Festival Irmandiño de Moeche ten o seu día grande o sábado, cando se celebra o asalto ao castelo e o espectáculo pirotécnico e lumínico. Os concertos realízanse no escenario situado no campo do Castelo de Moeche e son gratis.
- Cando: 21 - 23 de agosto 2026
- Onde: Moeche, no campo do Castelo de Moeche
- Cartel: proximamente
- Entradas: de balde
Festival de la Luz

Imaxe: Festival de la Luz
O Festival de la Luz é unha iniciativa da cantante Luz Casal na súa casa natal, en Boimorto. Ademais de concertos, neste festival de verán en Galicia podes gozar de mercado, artesanía, exposicións, gastronomía, zona infantil e zona de acampada.
- Cando: 28 - 30 de agosto 2026
- Onde: Boimorto (A Coruña)
- Cartel: Pablo Alborán, Repion, Chambao, Boikot, Nena Daconte, La Bien Querida, Ráfaga, Luar na Lubre, La Paloma, Budiño, Ona Mafalda, Cómplices, Me Fritos and The Gimme Cheetos, Sabela, Treixadura, Bernal, Mäbu, Quinkillada, Los Motores, Emilio Rúa, Stivijoes, Vangoura, Los Acebos, Dani Cornes, Poi Floi, U2Live, Vimbio, The Benturas, Delara, A Banda de Balbina, Banda de Música de Salceda, Santiaguiños de Boimorto, Kris K DJ e máis por anunciar.
- Entradas: xa á venda aquí
Festival O Son do Pazo
Festival intercéltico, música, artesanía, gastronomía, espectáculos infantís e ata olimpíadas rurais é o que propón o Festival Intercéltico O Son do Pazo, en Mos.
- Cando: 29 - 30 de agosto 2026
- Onde: Mos (Pontevedra), na contorna do Pazo de Mos
- Cartel: proximamente
- Entradas: gratis
Festivais en Galicia 2026 en setembro
Recorda Fest

Imaxe: Recorda Fest
O mellor do indie e do pop danse cita neste festival de verán en Galicia no Peirao de Batería da Coruña. Así é o Recorda Fest:
- Cando: 4 - 5 de setembro 2026
- Onde: A Coruña, no Peirao de Batería
- Cartel: Beret, Juan Magán, La M.O.D.A., Taburete, Hey Kid, Hydn, Inazio, Mafalda Cardenal e máis por anunciar.
- Entradas: xa á venda online
Osa do Mar

Imaxe: Festival Osa do Mar
A Asociación Cultural Fanto Fantini organiza o Festival Osa do Mar que se celebra en Burela, con concertos de pago e actividades gratis, como os Cantiños para os peques ou os concertos no barco museo.
- Cando: 4 - 6 de setembro 2026
- Onde: Burela (Lugo), no recinto da Praza do Concello
- Cartel: Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude, La Milagrosa, Rata, Señora DJ, Sobrezero, Xosé Maseda, West SRK e máis por anunciar.
- Entradas: á venda online
Revenidas
Música, cultura e gastronomía danse cita no Festival Revenidas de Vilaxoán. O programa inclúe propostas tan orixinais como unha camiñada con música, os concertos a bordo pola ría de Arousa ou a tradicional sardiñada gratuíta no parque de dona Concha con animación. É que este festival en Galicia combina concertos de pago con actuacións e actividades gratis.
- Cando: 10 - 13 de setembro 2026
- Onde: Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), no porto de Vilaxoán
- Cartel: Evaristo, Rebeliom do Inframundo, Kumbia Queers, Ilan Amores, Arrhythmia, Süne, Nadie González e máis por anunciar.
- Entradas: xa á venda online
Fene Rock Festival
O Fene Rock Festival combina un programa de concertos de pago e sesións vermú gratuítas. Ademais, conta cunha zona de acampada e espazo para autocaravanas para que goces deste festival en Galicia 2026 en setembro.
- Cando: 18 - 20 de setembro 2026
- Onde: Fene, no Paso de San Valentín
- Cartel: El Drogas, Hamlet, Catalina Grande Piñón Pequeño, Aphonic.
- Entradas: entradas á venda aquí
Caudal Fest

Imaxe: Caudal Fest
Festival en Galicia imprescindible, o Caudal Fest é a última gran festa do verán. Músicos nacionais e internacionais danse cita no Xardín do pazo de Feiras e Congresos de Lugo, que conta con zona de descanso para durmir dentro do recinto e postos de comida.
- Cando: 18 - 19 de setembro 2026
- Onde: Lugo, no Xardín do pazo de Feiras e Congresos
- Cartel: Lori Meyers, Siloé, Ultraligera, Xoel López, La La Love You, Pignoise, Sanguijuelas del Guadiana, Sexy Zebras, Barry B, Leire Martínez, Ortiga, Besmaya, Anni B Sweet, Inazio e máis por anunciar.
- Entradas: xa á venda aquí
Revoltallo
Festival de música e cultura emerxente, que ten lugar na Carballeira do Pedregal, en Valladares. Así é o Revoltallo:
- Cando: 18 - 20 de sepembro 2026
- Onde: Vigo, na Carballeira do Pedregal, en Valladares
- Cartel: proximamente
- Entradas: gratis
Festivais en Galicia 2026 en outubro
Castañazo Rock
A Asociación Cultural O Castañazo, en Chantada (Lugo), organiza o Castañazo Rock, o festival de outono en Galicia de música rock.
- Cando: 30 - 31 de outubro 2026
- Onde: Chantada (Lugo), no recinto cuberto do Mercado gandeiro
- Cartel: proximamente
- Entradas: proximamente
Festivais que xa tiveron lugar este 2026
Festivais de febreiro en Galicia 2026
Invernia Fest
Chega a Pontevedra un dos festivais de Galicia 2026 que se celebra no inverno. O mellor do rock e do pop nacional danse cita en Invernia Fest. Ademais, ofrece foodtrucks para comer.
- Cando: 6 febreiro - 7 de febreiro 2026
- Onde: Pontevedra, no Recinto Feiral
- Cartel: Sôber, Efecto Mariposa, Chroma, Green Hot Peppers, La Fuga, Obús, Agoraphobia, Afónica Naranjo, Gansos Rosas, Liorta e DJs.
- Entrada: xa á venda aquí
Festival Queixo de Arzúa

Imaxe: Festa Queixo de Arzúa
Festival de música que se celebra durante a Festa do Queixo de Arzúa.
- Cando: 27 febreiro - 1 de marzo 2026
- Onde: Campo da feira de Arzúa
- Cartel: Dorian, Dakidarría, Dulzaro, Cool Nenas, Dogo, Budiño, Ialma, MJ Pérez.
- Entrada: gratis
Marzo: festivais en Galicia 2026
ExpoRock Festival
O mellor da música rock reúnese na Coruña neste festival de Galicia 2026 que se celebra en marzo. Ademais dos concertos, ExpoRock Festival conta con Feira Vintage, foodtrucks e exposición de Harley-Davidson.
- Cando: 14 de marzo 2026
- Onde: A Coruña, en Expocoruña
- Cartel: M-Clan, Soziedad Alkoholika, El Drogas, Talco, Obús, Ciclonautas, Agoraphobia.
- Entradas: á venda aquí
Lingua Urbana Fest
Festival de Galicia 2026 dentro dos Concertos do Xacobeo. Lingua Urbana reúne no Ifevi de Vigo a importantes artistas da música urbana.
- Cando: 27 de marzo 2026
- Onde: Vigo, no Ifevi
- Cartel: La Pantera, C Marí, Lorna, Metrika, Sticky M.A., 9Louro, West SRK, DJ sets: Sote, Skinyz, Telmo Brea, Valensk8.
- Entradas: á venda aquí
Quedámonos sen alento, como ti cando termine a xira de festivais en Galicia 2026. Xa ves que hai unha chea para elixir durante todo o ano, festivais de verán en Galicia 2026, concertos no outono… E contarémoscho todo aquí.
