O domingo 8 de febreiro celébrase a Festa do Cocido de Lalín 2026, pero a festa gastronómica comeza xa semanas antes, co Mes do Cocido de Lalín, do 15 de xaneiro ao 14 de febreiro de 2026. Contámosche máis sobre o programa de actividades, o tradicional desfile de carrozas e, por suposto, onde comer un bo cocido de Lalín.

Programa da Festa do Cocido de Lalín 2026

Festa do Cocido de Lalín 2026

Fonte: Concello de Lalín

A Festa do Cocido de Lalín 2026 celébrase o 8 de febreiro, sempre é o domingo anterior ao domingo de Entroido.

Ao mediodía abre a Carpa do Cocido no Campo da Feira e, a continuación, na rúa Principal ten lugar o pregón da Feira do Cocido de Lalín 2026, a cargo do prestixioso cirurxián Diego González Rivas, que tamén é Comendador do Cocido xunto con Irene Villa, Ramiro Mejuto, o comunicador científico Jorge Mira Pérez, Almudena Maíllo, Antonio Chaves e o seleccionador Luis de la Fuente, entre outros.

Ás 13:00 h. ten lugar o Desfile da Feira do Cocido de Lalín 2026 polas rúas con carrozas, comparsas, charangas e música. Unha animación que continúa pola tarde na cidade.

Xa se coñece o programa da Festa do Cocido de Lalín 2026, que podes consultar aquí:

Domingo, 8 de febreiro

  • 10:30 h. Casa do Concello: recepción ao pregoeiro e celebración da Encomenda do Cocido, que finaliza coa firma no Libro de Honra e coa impresión das súas mans nun molde.
  • 10:30 h. Charanga Verbeneros nas rúas de Lalín.
  • 12:00 h. Campo da Feira: Apertura da feira e visita á Carpa do Cocido.
  • 12:45 h. Rúa Principal: pregón da Festa do Cocido de Lalín 2026 a cargo do cirurxián Diego González Rivas.
  • 13:00 h. Gran desfile Feira do Cocido Lalín 2026 con carrozas, comparsas, charangas e agrupacións musicais.
  • 17.00 h. Actuación da Charanga Km. Cero polas rúas de Lalín.
  • 18:30 h. Praza da Igrexa: actuacións da Charanga Ardores e a Orquestra Tequila.

Mes do Cocido Lalín 2026

Mes del Cocido Lalín 2026

Fonte: Concello de Lalín

Ademais da Festa do Cocido de Lalín 2026, o 8 de febreiro, do 15 de xaneiro ao 14 de febreiro celébrase o Mes do Cocido. Durante catro semanas podes gozar dun bo cocido en cerca dunha trintena de restaurantes a un prezo medio de 37€.

Podes consultar aquí debaixo os restaurantes que participan no Mes do Cocido Lalín 2026:

Xunto á oferta gastronómica, durante o Mes do Cocido de Lalín 2026 podes gozar de concertos, actividades infantís no “Divercocido”, a Matanza Tradicional ou o Rali do Cocido.

Podes ver aquí as actividades principais do programa do Mes do Cocido Lalín 2026:

Sábado, 24 de xaneiro

  • A partir das 11:00 h. Carpa do Campo da Feira Vello: "Divercocido" con xogos, inchables, música en directo, obradoiros... Entrada de balde.
  • 11:00 h. "Divercocido": con inchables e obradoiro de chapas.
  • 11:30 h. "Divercocido": pasarrúas de Don Cocho.
  • 12:30 h. "Divercocido": concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona.
  • 17:00 h. "Divercocido": espectáculo “Máis Saaabor”.
  • 18:00 h. "Divercocido": inchables, obradoiro de orellas e nariz de porquiño e obradoiro de maquillaxe de porquiño.
  • 20:00 h. "Divercocido": fin de festa.

Domingo, 25 de xaneiro

  • A partir das 10:30 h. Casona de Mouriscade: Matanza Tradicional do Porco, organizada pola área Vía da Prata conformada polas parroquias de Botos, Donsión, A Xesta e Vilanova.

Venres, 30 de xaneiro

  • 21:45 h. Lalín Arena: Gala do Cocido Lalín 2026, coas actuacións de Ana Guerra, Antonio José, Daniela Blasco, Pikete, Maneiro, Festicultores, El Combo Dominicano, Cinema, Gabriel Fandi, Rocío Varela, Ana Paz, El Capitán Sabrosura DJ e Susie Q's.

Sábado 31 de xaneiro e domingo 1 de febreiro

  • Carpa do Cocido do Campo da Feira: Feira Internacional de Apicultura, Alvariza.​​​​​​​

Sábado, 7 de febreiro

  • 12:00 h. Campo da Feira: apertura da Carpa do Cocido, de exposición e venda de gastronomía, artesanía y produtos galegos.
  • 20:00 h. Auditorio Municipal: Concerto do Cocido coa Banda de Lalín.

Domingo, 8 de febreiro: Feira do Cocido Lalín 2026

  • 10:30 h. Casa do Concello: recepción ao pregoeiro e celebración da Encomenda do Cocido, que finaliza coa firma no Libro de Honra e coa impresión das súas mans nun molde.
  • 10:30 h. Charanga Verbeneros nas rúas de Lalín.
  • 12:00 h. Campo da Feira: Apertura da feira e visita á Carpa do Cocido.
  • 12:45 h. Rúa Principal: pregón da Festa do Cocido de Lalín 2026 a cargo do cirurxián Diego González Rivas.
  • 13:00 h. Gran desfile Feira do Cocido Lalín 2026 con carrozas, comparsas, charangas e agrupacións musicais.
  • 17.00 h. Actuación da Charanga Km. Cero polas rúas de Lalín.
  • 18:30 h. Praza da Igrexa: actuacións da Charanga Ardores e a Orquestra Tequila.​​​​​​​

Sábado, 14 de febreiro

  • A partir das 12:00 h. Praza da Igrexa: Entroido. Vermú das Señoritas.
  • 13:00 h. Museo Municipal Ramón Mª Aller Ulloa: inauguración de Emporcarte, “Ofrenda ao Porco” na rúa Colón e posterior “Cocido das Artes”.

Domingo, 15 de febreiro

  • Entroido da Cacharela, organiza Asociación de Veciños e Veciñas da Cacharela.

Luns, 16 de febreiro

  • Carpa do Cocido: Entroido. Pasarrúas pola mañá e pola tarde, para os peques concurso de disfraces, música, circo, inchables e obradoiros.

Martes, 17 de febreiro

  • Entroido no Centro Comercial Pontiñas.

Sábado, 21 de febreiro

  • A partir das 23:30 h. Carpa do Cocido: orquestras París de Noia e Olympus.

Venres 6 de marzo e sábado 7 de marzo

  • Rali do Cocido 2026.

Os/as pregoeiros/as da Feira do Cocido

Cada ano, a Feira do Cocido conta cun pregoeiro encargado de encomiar a riqueza gastronómica e cultural da festa.

O pregoeiro da Feira do Cocido de Lalín 2026 é o prestixioso cirurxián galego Diego González Rivas.

Pero este é só o último nome en incorporarse a unha ampla listaxe de rostros populares dos medios de comunicación, o xornalismo, a cultura, a literatura ou a gastronomía que exerceron de pregoeiros en sucesivas edicións da Feira do Cocido. Entre eles, Karlos Arguiñano, Luis del Olmo, Susanna Griso, Fernando Ónega ou Manuel Jabois.

Non podemos esquecernos do primeiro pregoeiro, Álvaro Cunqueiro, alá polo ano 1969.

Nin de Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega e pregoeiro da emblemática edición número 50 da Feira do Cocido, quen definiu o cocido como "o Pórtico da Gloria da gastronomía de Galicia".

Historia da Feira do Cocido de Lalín

feira cocido lalin desfile
Fonte: Portal Oficial de Turismo de España

A historia da Feira do Cocido de Lalín remóntase ao ano 1968, cando os seis alcaldes dos municipios que integran a comarca do Deza, entre eles Lalín, se reuniron para pensar unha estratexia de dinamización da gastronomía da zona. Ao ano seguinte, Lalín celebrou a súa primeira Feira do Cocido.

É, por tanto, unha das festas gastronómicas máis antigas de Galicia.

Ao longo dos anos, a súa popularidade multiplicouse. Hoxe, atrae a decenas de miles de visitantes chegados dende múltiples puntos de dentro e fóra de Galicia e, ao mesmo tempo, recibe recoñecementos que confirman a súa fama.

No ano 1999, a Feira do Cocido foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. En 2010 pasou a ser Festa de Interese Turístico Nacional. E en 2020 recoñecérona como Festa de Interese Turístico Internacional, converténdose na primeira festa gastronómica de España merecedora de tal distinción.

Xa ves que sobran motivos para achegarte a degustar un bo cocido e gozar das actividades da Festa do Cocido Lalín 2026, a antesala perfecta do Entroido en Galicia e a mellor receita para combater o frío do inverno 😊.

E falando de receitas…

Receita do Cocido de Lalín

restaurantes lalin cocido

Como se prepara o Cocido de Lalín? É un prato moi completo que esixe bastantes ingredientes e un considerable tempo de preparación.

O porco é o seu ingrediente estrela. Para elaborar un cocido, necesítanse: cabeza de porco curada; lacón curado; espiñazo; rabos salgados; touciño; costela, orellas, lingua e uñas salgadas; chourizos; galiña; faldra ou xarrete de tenreira; graxa; garavanzos; fabas; grelos e patacas.

O proceso de elaboración empeza catro días antes, cando se pon o lacón a desalgar en auga fría.

Dous días antes, lávase e ponse a desalgar e hidratar en auga fría toda a carne de porco.

O día anterior, hai que poñer a remollo garavanzos e fabas.

Á hora de ferver, primeiro ponse a carne xunto co touciño. Noutro cazo, cociñamos garavanzos e chourizos. E as verduras cocerémolas no mesmo pucheiro no que fixemos a carne.

Fonte imaxe de cabeceira: Concello de Lalín.