En maio todo se multiplica, os plans de fin de semana, as horas de luz, esperemos que os raios de sol e, en R, tamén os móbiles. Este mes aproveita o noso 2x1: compra un Samsung Galaxy A22 5G dende 9€ ao mes e leva outro de regalo.

Xa pensaches con quen vas compartilo? Seguro que tamén multiplicas pretendentes 😉.

2x1 no Samsung Galaxy A22

Si, liches ben. Este mes, se compras un Samsung Galaxy A22 5G, se o queres, podes levar outro sen pagar nin un euro máis. É ou non una súper promoción?

Seguro que pensas que hai trampa. Como a nosa filosofía é ser transparentes, contámosche aquí a letra pequena:

  • En primeiro lugar, hai un límite de unidades. Temos 1.500 Samsung Galaxy A22 para esta promoción. Non esperes moito porque os/as clientes/as de R teñen moi bo ollo!
  • Hai que pagar o terminal en financiamento durante 24 meses. A cota, como dicimos arriba, é de 9€/mes. Pero pedímosche que quedes connosco durante ese tempo.
  • É necesario ser xa clientes de R con fibra e dúas liñas móbiles. Cada liña móbil irá asociada a un dos terminais.
  • Cumprindo estes requisitos levarás un Galaxy A22 5G Gray e un Samsung Galaxy A22 5G Violet sen pagar máis.

2x1 no Samsung Galaxy A22

Batería que multiplica os teus días

A autonomía é, sen dúbida, un dos puntos fortes do Samsung Galaxy A22. Unha batería de 5.000 mAh que o achega a un móbil de altas prestacións e que che durará moitas máis horas.

Ademais, coa súa carga rápida de 15W tardas menos tempo en telo ao 100%.

Tripla cámara traseira 48 MPX

Galicia está ben bonita na primavera. Aproveita para sacar unhas boas fotos coa tripla cámara traseira do A22.

  • Cámara principal de 48 MPX.
  • Cámara ultra grande angular de 5 MPX cun ángulo de visión de 115 graos.
  • Cámara de profundidade de 2 MPX para desenfocar o fondo nos teus retratos.

Un efecto bokeh que tamén poderás conseguir para os teus selfies coa cámara frontal de 8 MPX.

E para almacenar todas as túas fotos, o Galaxy A22 conta con 128GB de memoria, que sempre podes ampliar ata 1TB cunha tarxeta microSD.

Pantalla de 6,6 polgadas

Móbil de pantalla grande 6,6" Infinity-V Display, para que non perdas detalle do novo vídeo de Cañita Brava 😉 ou teñas unha visión completa mentres xogas.

Ademais, o seu deseño con curvas adáptase á túa man e facilita a navegación pola pantalla.

Máis detalles que che interesan: conta con tecnoloxía NFC para os teus pagos co móbil, lector de pegadas, recoñecemento facial, 5G, 4GB de RAM e Android 11.

Xa ves que é un móbil con moi boa relación calidade-prezo e que, agora en maio, ten promo 2x1.

Compra en liña ou na túa tenda R o Samsung Galaxy A22 dende 9€ ao mes e leva outro de regalo.