Para atopar actividades en Galicia pretiño de ti, tanto se es de bailar e cantar en concertos e festivais, coma se prefires un plan máis tranqui nun museo ou no teatro, ou non perdoas unha festa gastronómica na túa terra, esta é a axenda que precisas. Traémosche moitos plans para gozar durante a fin de semana.
Que podes facer este mes de setembro? Pois todo isto e máis.
Plans de setembro en Galicia
Como é Galicia en setembro? Un non parar de plans diferentes para facer e gozar da boa música, monólogos ou teatro e exposicións. Se queres vivir con intensidade os concertos e festivais, as festas gastronómicas de interese turístico e moito máis, anota todas estas datas.
A mellor música que sonará en Galicia en setembro

1 e 2 de setembro: "Osa do Mar 2023"
O festival "Osa do Mar" convertiuse nunha cita imprescindible para os/as amantes da música alternativa, con artistas como Catuxa Salom ou Shego. A cita é en Burela os días 1 e 2 de setembro.
2 de setembro: Infected Rain
A banda moldava liderada por Lena Scissorhands presenta "Ecdysis" na Sala MasterClub de Vigo o día 2 de setembro.
2 e 3 de setembro: "O Son do Pazo 2023"
O festival intercéltico "O Son do Pazo" reúne no Pazo de Mos os días 2 e 3 de setembro aos mellores grupos de música folk e tradicional de Galicia e Portugal.
7 a 10 de setembro: "Revenidas"
O festival de Vilaxoán de Arousa segue enchendo de sonido punk as noites de setembro, do 7 ao 10. Este ano, coas actuacións de Ska-P, Fillas de Cassandra ou Zoo e un Concerto Especial XX Aniversario de Dakidarría.
8 e 9 de setembro: "Nachiños Fest"
Crystal Fighters, Alizzz, The Rapants... Disfruta da mellor música indie co “Nachiños Fest” nas Cabazas (Covas), en Ferrol, os días 8 e 9 de setembro.
9 de setembro: Robert Plant
Robert Plant, o que fora líder e fundador de Led Zeppelin, actúa no Claustro do Mosterio de San Salvador de Celanova o sábado 9 de setembro, como parte da programación de "O Gozo Festival".
15 de setembro: Blood Red Shoes
O dúo inglés de rock alternativo Blood Red Shoes sobe ao escenario de La Iguana Club de Vigo o venres 15 de setembro.
15 e 16 de setembro: Caudal Fest
Vetusta Morla, Dani Fernández, Leiva ou Sidonie figuran no cartel do "Caudal Fest 2023". Quinta edición do festival que se celebra no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo os días 15 e 16 de setembro.
15 e 16 de setembro: "Canteira Fest"
Sés ou Fillas de Cassandra actúan nun festival que reivindica o feminismo, o ecoloxismo, a lingua e a cultura galega. Os días 15 e 16 de setembro, na Canteira de Paredes, en Vilaboa, provincia de Pontevedra.
16 de setembro: Paul Weller
O músico británico, que foi fundador e líder de The Jam e agora rebautizado como "The Modfather", é o cabeza de cartel do "Festival Underfest SON Estrella Galicia". No Auditorio Mar de Vigo o sábado 16 de setembro.
16 de setembro: David Bisbal
"Me siento vivo". Así se chama a xira que está levando a David Bisbal polos escenarios de medio mundo. O sábado 16 de setembro podes escoitalo en directo no Coliseum da Coruña.
16 de setembro: Los Secretos
¿Queres escoitar grandes clásicos como "Pero a tu lado" ou "Déjame"? Podes ver a Los Secretos na Parcela Cedie de O Barco de Valdeorras o día 16 de setembro, coincidiendo coas Festas do Cristo.
20 de setembro: Porridge Radio
A banda británica de indie rock liderada por Dana Margolin actúa na Sala Garufa da Coruña o día 20 de setembro.
21 de setembro: Rage
A xira "Iberian Tour 2023" trae ao grupo alemán de heavy metal Rage a Vigo o día 21 de setembro. A cita é na Sala Rouge.
21 a 23 de setembro: “Santiago Music Festival”
Primeira edición do “Santiago Music Festival”, que reúne a artistas urbanos como Juanma López, Hydn, Niko Gónzalez ou Marcos Magán. Do 21 ao 23 de setembro no Campo da Festa do Castiñeiriño de Santiago de Compostela.
21 a 23 de setembro: "Brión Sona Festival"
Máis de 27 artistas pasarán polo escenario do "Brión Sona Festival", situado na Carballeira de Santa Minia de Brión, entre os días 21 e 23 de setembro.
22 de setembro: Deluxe + Triángulo de Amor Bizarro
Deluxe e Xoel López volven, por un día, ás súas orixes. Farano dentro do ciclo "Noites do Porto", no Muelle de Batería do Porto da Coruña o día 22 de setembro. A mesma noite, tamén sobe a ese escenario Triángulo de Amor Bizarro, unha das bandas imprescindibles da escena indie-rock.
23 de setembro: Silvia Penide
A cantautora galega Silvia Penide acaba de publicar o seu décimo disco "Mientras dura el aplauso" e chega coa súa xira 20 Aniversario ao Teatro Principal de Pontevedra o sábado 23 de setembro.
23 de setembro: Sen Senra
O novo proxecto discográfico do galego Sen Senra é "PO2054AZ". Nel combina sons urbanos, influencias americanas, esencia vanguardista e nostalxia do pasado. No Muelle de Batería do Porto da Coruña o sábado 23 de setembro.
29 de setembro: Jared James Nichols
Un dos grandes nomes do blues-rock, o estadounidense Jared James Nichols, chega á Sala Rouge de Vigo o venres 29 de setembro.
29 de setembro: Pimpinela
Os irmáns Lucía e Joaquín Galán, artísticamente coñecidos como Pimpinela, celebran o seus 40 anos de carreira musical cunha xira que os trae ao Coliseum da Coruña o venres 29 de setembro.
30 de setembro: Nito Mestre
Un percorrido polos 50 anos de exitosa carrira musical do rockeiro arxentino Nito Mestre. En directo, en La Fábrica de Chocolate de Vigo o sábado 30 de setembro.
30 de setembro: Pablo Alborán
O cantautor malagueño Pablo Alborán chega ao Coliseum da Coruña coa súa xira "LA CU4RTA HOJA", o mesmo título do seu sexto álbum. O concerto é o sábado 30 de setembro.
Imos ao teatro en Galicia en setembro

1 de setembro: "Noites de Retranca. Especial Moncho Borrajo"
Cumplir 50+1 anos facendo rir merece unha homenaxe. Dito e feito no Teatro Colón da Coruña o día 1 de setembro. O homenaxeado: Moncho Borrajo.
8 e 23 de setembro: "Códice K"
Unha comedia teatral sobre o roubo do Códice Calixtino da Catedral de Santiago de Compostela que podes disfrutar no Teatro Colón da Coruña o venres 8 e no Auditorio Municipal de Rianxo o día 23 de setembro.
14 de setembro: "La Isla del Aire"
En Menorca, unha familia de cinco mulleres, guiadas pola matriarca, Mencía, emprende unha viaxe en barca á “Isla del Aire”. Obra de teatro que podes ver no Teatro Principal de Ourense o día 14 de setembro.
15 a 17 de setembro: Berto Romero - "Lo nunca visto"
Un show inédito de Berto Romero que ten maxia, música, efectos especiais, sorpresas e moita risa. No Teatro Afundación de Vigo do 15 ao 17 de setembro.
21 a 23 de setembro: "Made in Galiza"
Estrea nacional dunha peza de Sarabela Teatro, "Made in Galiza", que aborda temas de sociolingüística e maneiras de vivir dende unha perspectiva lúdica e divertida. No Teatro Principal de Ourense do 21 ao 23 de setembro.
22 de setembro: Juan Carlos Ortega "Las noches de Ortega"
Un show en directo co particular universo e humor do escritor e presentador de radio e televisión Juan Carlos Ortega. O día 22 de septiembre, no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela.
22 de setembro: "Luis Piedrahita - Es mi palabra contra la mía"
Un espectáculo protagonizado polo inxenio e a tenrura de Luis Piedrahita. No Auditorio Sede Afundación de Pontevedra o día 22 de setembro, na Gala Benéfica Día Mundial do Alzheimer.
23 de setembro: Faemino e Cansado - "17 VECES RELOAD"
Un espectáculo refeito, revisado, evolucionado y novamente montado, como 17 veces, ao xeito de Faemino e Cansado. Risas garantidas no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela o día 23 de setembro.
De exposicións en Galicia en setembro

Ata o 15 de setembro: “Exposición de escultura. Eduardo Rodríguez Osorio”.
Doce pezas en pedra, madeira e bronce, realizadas polo escultor Eduardo Rodríguez Osorio, que podes ver na galería La Marina-José Lorenzo da Coruña.
Durante todo o mes de setembro: "A vida lenta. Memorias e ritmos do rural galego"
Una exposición que reúne documentais fotográficos e cinematográficos sobre o rural galego dende 1930 ata finais do século XX. Podes vela na Sede Afundación de Lugo.
Durante todo o mes de setembro: "Calle Cervantes: El arte del collage de David Coulter"
Exposición de collages do artista David Coulter, ricos en detalles e nutridos de historias do día a día. Na Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela.
Durante todo o mes de setembro: "Laxeiro, paisajes de adolescencia"
Exposición que reúne obras dun Laxeiro nas súas primeiras etapas artísticas, nas que experimenta coa cor e o encadre. Na Fundación Laxeiro de Vigo.
De festa en festa en Galicia en setembro

1 de setembro: Festa do Pan de Neda
1 e 2 de setembro: Feira Franca de Pontevedra
7 de setembro: "A queima das Fachas" de Castelo en Taboada (Lugo)
7 a 11 de setembro: Romería de A Barca de Muxía
8 a 15 de setembro: Festas da Guadalupe de Rianxo
14 a 18 de setembro: Festa das Mortallas da Pobra do Caramiñal
22 a 24 de setembro: Romería da Saínza en Rairiz de Veiga
25 de setembro: Festa de San Miguel e “Danza das Espadas” en Marín
E máis actividades para gozar do lecer en Galicia

26 de agosto a 3 de setembro: Pantin Classic
Os/as mejores surfistas do mundo dánse cita nunha nova edición, e xa van 36, do Pantin Classic. Na praia de Pantín, en Valdoviño, entre os días 26 de agosto e 3 de setembro.
2 de setembro: "ARTEFICIAL"
Un festival musical e interdisciplinar en pleno conxunto histórico de Ribadavia que terá lugar o día 2 de setembro. Inclúe concertos, roteiros de sendeirismo, arte, "Mercado das Sementes", graffiti, cine e moitas máis actividades para toda a familia.
14 a 17 de setembro: "WOS Festival 2023"
Música electrónica, con grupos como Midori Takada ou Lee Gamble, e, ademais, artes visuais, cine, talleres e conferencias nun evento, o WOS Festival 2023, que se celebra en diferentes espazos de Santiago de Compostela do 14 ao 17 de setembro.
16 de setembro: "Festival de Poesía 'Imos ter máis que palabras"
IV edición do festival que aposta por unha noite de poesía para todos os públicos. No Teatro Principal de Ourense o sábado 16 de setembro.
Como ves, en Galicia podes elixir entre propostas de música, teatro, exposicións, festas e moitas actividades máis para encher a túa axenda en setembro.