Elas están a romper a fenda de xénero en ámbitos tan masculinizados como o deporte e a tecnoloxía. Falamos de Iria Uxía Romarís, adestradora axudante do Club Ourense Baloncesto (COB); Lucía Otero, adestradora do Deportivo Genuine; e Ana Fernández, directora da Cátedra R en Ciberseguridade.

Mulleres á fronte de 3 proxectos nos que colaboramos dende R e cuxas historias queremos compartir neste Día Internacional da Muller para visibilizar o seu importante traballo.

Porque en R estamos comprometidos coa igualdade.

Ana Fernández Vilas, directora da Cátedra R en Ciberseguridade

Ana Fernández Vilas, directora de la Cátedra R en Ciberseguridade

Ana compaxina o seu labor investigador e o seu traballo como docente no Mestrado InterUniversitario de Ciberseguridade UVIGO-UDC, coa dirección da Cátedra R en Ciberseguridade.

Ela é muller nun posto de dirección e no ámbito das enxeñarías. Recoñece que hai fenda de xénero nas enxeñarías en particular, pero tamén na investigación científica e tecnolóxica, en xeral.

Malia iso, móstrase optimista, como nos contaba nesta entrevista: “non podemos cambialo todo en dous días, pero é importante que o problema se perciba, e estase facendo porque aquí mesmo estamos a falar do tema. Percíbese, ademais, porque ten impacto económico, e se dan pasos, seguro que máis a modo do que todos desexariamos”.

O esforzo, para Ana, é clave para derrubar esa brecha: “as accións de impulso externo teñen que propiciar un cambo interno como sociedade; non son socióloga, pero entendo que isto require o seu tempo. Sen dúbida, canto máis esforzo poñamos niso antes taparemos esa fenda”.

Iria Uxía Romarís, adestradora axudante do Club Ourense Baloncesto (COB)

Iria Uxía Romarís, entrenadora ayudante del Club Ourense Baloncesto (COB)

A técnica galega estreouse esta tempada como adestradora axudante do Club Ourense Baloncesto (COB).

Empezou xogando ao baloncesto de pequena e non parou de formarse dende entón.

Hoxe é unha das poucas mulleres nos corpos técnicos nas ligas de baloncesto. Un camiño que, recoñece, custou: “en xeral non é un traballo fácil, nin é sinxelo obter unha oportunidade. Pero creo que para as mulleres un pouquiño máis, sobre todo adestrando en baloncesto masculino, onde non hai moitas e costa; pero tamén é satisfactorio”.

Nesta recente entrevista, Iria Uxía contábanos que a ela pecháronselle portas: “dixéronme claramente que por ser muller. Penseino e dixen: estou a tentar algo que é imposible?”

E aquí hai dúas claves para ela: “por unha banda, nós temos que ser valentes e tentalo; e, sobre todo, ten que ser algo da sociedade en xeral”.

Para conseguir unha igualdade que “non significa que haxa o mesmo número de mulleres que de homes sendo adestradoras, senón que cando hai unha persoa preparada para un posto, teña as mesmas oportunidades de obtelo, sexa muller ou home”.

Lucía Otero, adestradora do Deportivo Genuine

Lucía Otero, entrenadora del Deportivo Genuine

Outra muller pioneira no deporte feminino é Lucía Otero. Ela é adestradora do Deportivo Genuine, un equipazo formado por xogadores/as do colectivo DI (persoas con Discapacidade Intelectual).

O seu traballo foi recoñecido por LaLiga co premio eWoman Mérito Deportivo en 2019, que recoñece a mulleres deportistas ou que desenvolven a súa vida profesional vinculada ao mundo deportivo e que sexan exemplo de autenticidade, responsabilidade, evolución, transparencia, integridade, compañeirismo e superación.

O circuíto eWoman é o punto de encontro para mulleres referentes nos sectores da innovación, a tecnoloxía, o emprendemento e o deporte. E recibir o premio para Lucía supuxo: “unha sensación única que che dá forzas e ánimo para continuar e para mellorar día a día”, comentábanos nunha entrevista que podes ler aquí.

Precisamente nesa entrega de premios, a adestradora lembraba que “Cando empecei as miñas prácticas neste club moitos compañeiros dicíanme: ‘co difícil que é entrar no Deportivo como adestrador, van elixir a ti que encima es muller, seguro que vas ser ti a primeira...’ e vaia, dous anos despois aquí sigo cumprindo o meu soño particular”.

Estas tres mulleres son un exemplo e un referente porque co seu traballo e esforzo, achégannos cada día máis á igualdade en todos os ámbitos.

Moitas grazas a todas!