Fálase moito dos gamers, pero pouco das lanparty. E en Galicia temos unha das mellores: a XGN R Encounter. Se non oíches falar nunca destes encontros de afeccionados e profesionais da informática e as novas tecnoloxías, tes a oportunidade en bandexa. Porque do 7 ao 9 de outubro volve outra vez ao seu formato presencial a XGN R Encounter na Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Que significa XGN?

No caso de que te preguntes que significa XGN no nome da party, trátase das siglas de Xuventude Galicia Net. É a denominación histórica do evento, porque o evento foi impulsado pola Consellería de Política Social e Xuventude.

Estamos ante un evento que foi gañando peso ano tras ano, ata converterse no encontro máis importante de Galicia, ata o punto de que se ten que celebrar no recinto da Feira Internacional de Silleda, onde acoden miles de persoas.

Cómo es la lanparty XGN R Encounter: actividades, fechas…

Como é unha lanparty por dentro?

Non che estamos a preguntar por toda a fibra que tiramos para que navegues a 20 xigas de velocidade, senón a como viven os participantes esta experiencia.

Porque iso é o que é, unha experiencia na que as persoas rexistradas volven verse as caras despois dun ano, conviven durante tres días man a man, acampan, contan anécdotas, trucos de xogos e, por suposto, miden as súas forzas en competicións de arte dixital, centradas en curtametraxe, gráficos 3D, ilustración e música dixital, concurso de dobraxes e fotografía, retoque fotográfico, fast compos, anime music video e torneos de videoxogos.

Pero tamén hai quen goza “cacharrendo”. Para eles, a XGN R Encounter ten preparadas actividades como modificar e personalizar equipos, experiencias de realidade virtual ou talleres de hidroimpresión (transferir un deseño impreso nunha lámina a calquera obxecto que entre nunha cubeta).

Cómo es la lanparty XGN R Encounter: actividades, fechas…

Podo asistir á XGN R Encounter se non estou rexistrado?

Non é que poidas, é que deberías asistir ;) Porque as lanparty non son só eventos para profesionais ou gamers. Son encontros para compartir e aprender sobre novas tecnoloxías e lecer electrónico para todos os públicos. Ademais, o acceso é libre.

E, algo que nos fai moita ilusión anunciar: volve ao formato presencial. Todas estas actividades abertas a calquera interesado ou curioso volven celebrarse fisicamente, cara a cara, na Feira Internacional de Galicia ABANCA. Que xa tocaba despois da pandemia.

Como che diciamos, podes visitar a party e escoitar conferencias súper interesantes: “Monta a túa web dende cero”, “Ivao, simulando o ceo” ou “Materiais baratos para iniciarse no cosplay (disfrázate para representar o teu personaxe de videoxogo, cinema, manga ou cómic favorito)”.

Máis actividades: talleres para programar un sensor para medir a calidade do aire, deseñar un reloxo con 60 leds que marcan os segundos ou xogar ao fútbol cos Robots Dash. Ademais de eventos de simulación de voo ou concursos virtuais de “tomas suaves” e “voo nivelado”.

Cando empeza a XGN R Encounter?

Lembrámosche as datas para que non perdas a maior lanparty de Galicia. Anota: do 7 ao 9 de outubro na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda.

A zona Intranet está reservada para os participantes rexistrados e a Extranet para todos os públicos.

E esperamos que goces moito desta edición da XGN R Encounter, un encontro único vinculado á rede de Encounters da Fundación Euskaltel.

A que agora ves as lanparty con outros ollos 😉? Ven a coñecela.