Os clientes de R poderán vivir a cita deportiva máis esperada do verán. Un evento que se celebra cada catro anos e que nos mantén pegados ao sofá e á pantalla. Porque na televisión R poderase desfutar ao completo da Copa Mundial da FIFA 2026™.

Poderás seguir en directo os 104 partidos do torneo, incluíndo todos os encontros da Selección Española, coa máxima calidade de imaxe e son.

Canto custa ver o Mundial de la FIFA 2026 en R?

Queremos que non perdas nin un só gol, por iso as condición son moi sinxelas:

  • Se xa tes contratado DAZN LALIGA con R: tes todo o Mundial sen cueto adicional. Pagarás o mesmo que xa estabas pagando.
  • Se non tes contratado DAZN LALIGA: 5 €/mes. así de sencillo e barato se xa tes fibra, móbil e TV con R.

E, por suposto, sen ningún tipo de permanencia.

Canles nas que ver todo o Mundial en R

Para que non coincidan partidos e poidas elixir que ver en cada momento, DAZN habilitará 4 canles lineais dedicados en exclusiva á competición. En concreto, trátase de DAZN Mundial, que encontrarás nos seguintes diais da túa televisión de R:

  • 📺 Dial 114
  • 📺 Dial 115
  • 📺 Dial 122
  • 📺 Dial 123

O Mundial en aberto en R

Muchos clientes preguntan tamén se hai partidos en aberto. A respuesta é que si. TVE ten os dereitos para emitir unha serie de encontros, que poderás gozar no dial 1 da televisión de R.

Cal é entón a diferenza entre o que se pode ver en DAZN e en TVE?

  • DAZN Mundial: emite 104 partidos
  • TVE: emite 33 partidos

Co que se buscas non perderte ningún choque, DAZN Mundial é a túa opción.

Vantaxes de ver o Mundial na televisión de R

Lembra que na televisión de R tes moitas funcionalidades avanzadas para vivir este mundial de fútbol de forma máis intensa:

  • Control do directo: podes parar unha emisión en directo se necesitas facer algo ou mesmo rebobinar
  • Gravador na nube: programa a gravación dos contidos que máis che interesen para ver a outra hora.
  • Rebobina: gardamos os contidos dos últimos sete días para que os teñas dispoñibles.
  • Na TV e no móbil: en tv comigo, a nosa app, terás todos os partidos. Co que esteas na praia ou de viaxe, non perderás ningún partido.

Un Mundial histórico: datas e formato

O Mundial 2026 celebrarase do 11 de xuño ao 19 de xullo e será unha edición histórica. Por primeira vez, participarán 48 selecciones (16 máis que antes) en 16 estadios repartidos entre Estados Unidos, Canadá e México.

Calendario da Selección Española no Mundial

España está encadrada no Grupo H de la fase de grupos. Toma nota das datas e horarios para non perder os primeiros pasos do gallego Borja Iglesias e do resto de xogadores convocados pola selección:

  1. España vs. Cabo Verde

📅 Luns, 15 de xuño de 2026 | ⏰ 18:00 h

  1. España vs. Arabia Saudita

📅 Domingo, 21 de xuño de 2026 | ⏰ 18:00 h

  1. Uruguai vs. España

📅 Sábado, 27 de xuño de 2026 | ⏰ 02:00 h

Se aínda non tes contratado DAZN con R, contacta con nós no 449 ou actívao na web de clientes para non perderte nada do Mundial.