Non hai nada mellor para combater a calor este verán que gozar da televisión que che ofrecemos en R. As mellores estreas agárdante en Disney Channel e Disney+, co novo filme da franquicia de Los Descendientes, Los Descendientes: viaje al mundo oscuro, e tamén coa nova serie musical Electric Bloom.
En SkyShowtime tes dúas propostas imprescindibles, a nova tempada de La Agencia - T2 e a película de terror Five Nights at Freddy's 2. Se che gustan as historias de detectives, non perdas Bosch, a nova serie de Star Channel. E o documental destacado deste mes é a impresionante produción de National Geographic: Pompeya: antes del desastre con Tom Hiddleston.
Se tes a opción Total TV, ademais das estreas de Disney Channel que mencionamos, non esquezas o momento máis emocionante das tardes de verán: o Tour de Francia 2026 chega a Eurosport do 4 ao 26 de xullo.
As plataformas de streaming tamén están cheas de estreas interesantes. En Netflix podes ver Enola Holmes 3, en Prime Video está a esperadísima estrea de Proyecto Salvación con Ryan Gosling e en HBO Max, La Momia de Lee Cronin.
Contarémosche máis detalles sobre estas estreas de xullo de 2026.
Los Descendientes: viaje al mundo oscuro, en Disney Channel e Disney+
Disney Channel estrea a nova película da franquicia Los Descendientes, titulada Los Descendientes: viaje al mundo oscuro o 16 de xullo se tes a opción Total TV. Estará dispoñible en Disney+ a partir do 17 de xullo.
Nesta nova entrega, o Sombrereiro, o novo vilán creado por Red e Chloe ao cambiar o pasado, captura á Raíña de Corazóns. Para salvala a ela e a todo o País das Marabillas, Red e Chloe farán equipo con Pink, a nova irmá de Chloe; Luis, o fillo de Luisa Madrigal; e Max, o fillo do Sombrereiro.
-
Estrea: xoves, 16 de xullo, en Disney Channel (dial 9).
-
Emisión: a partir do 17 de xullo dispoñible en Disney+.
La Agencia - T2, en SkyShowtime

En xullo, desfruta en SkyShowtime da nova tempada de La Agencia. Tras dous anos de espera, Michael Fassbender volta como un axente encuberto da CIA que regresa ao seu posto de traballo nunha comisaría de policía de Londres, onde reaviva un romance pasado, metendo a ambos os dous implicados nun xogo mortal de intriga e espionaxe internacional.
-
Baixo demanda: dispoñible en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.
Five Nights at Freddy's 2 – SkyShowtime
Os afeccionados ao terror están de noraboa. SkyShowtime estrea Five Nights at Freddy's 2. Recentemente despedido e desesperado por atopar un traballo para poder manter a custodia da súa irmá pequena, Mike acepta un posto como garda de seguridade nocturno nun restaurante temático abandonado. Un ano despois do pesadelo na pizzería Freddy Fazbear, a historia repítese. Five Nights at Freddy's 2 estréase en SkyShowtime o 5 de xullo.
-
Baixo demanda: dispoñible dende o 5 de xullo en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.
Bosch, en Star Channel: dial 12

Star Channel estrea este mes de xullo unha das series detectivescas máis aclamadas do ano, baseada nas novelas de misterio de Michael Connelly: Bosch. Nela, Harry Bosch, interpretado polo actor Titus Welliver, aborda casos de homicidio en Los Ángeles e debe resolver un misterioso asasinato mentres está baixo investigación no tribunal federal.
-
Estrea: luns, 6 de xullo, ás 15:00 h, en Star Channel (dial 12).
-
Baixo demanda: en rebobina.
Pompeya: antes del desastre con Tom Hiddleston, en National Geographic: dial 71
Despois de cativarnos como Loki no universo Marvel, o actor Tom Hiddleston viaxa á antiga Roma nas horas previas á erupción do Vesubio que sepultou Pompeia para contarnos as historias reais dos seus habitantes. Podes velo en Pompeya: antes del desastre con Tom Hiddleston, en National Geographic, unha poderosa serie documental que se centra no drama humano.
-
Estrea: sábado, 25 de xullo, ás 22:00 h, en National Geographic (dial 71).
-
Baixo demanda: en rebobina.
E se tes a opción Total TV, apunta estas estreas:
Electric Bloom, en Disney Channel: dial 9

O universo de Disney Channel estrea unha nova comedia musical que conta a historia do popular grupo pop Electric Bloom, narrada por tres dos seus membros. Cancións, humor e nostalxia únense en Electric Bloom, que se estreará en Disney Channel o 10 de xullo e máis tarde en Disney+.
-
Estrea: venres, 10 de xullo, en Disney Channel (dial 9).
-
Emisión: dispoñible en Disney+.
Tour de Francia 2026, en Eurosport: dial 110

As tardes calorosas de verán non son o mesmo sen ciclismo. Xullo é o mes do Tour de Francia 2026, que bota a rodar do 4 ao 26 de xullo. Este ano coa emoción engadida de que a primeira etapa comeza en Barcelona. Segue todas as etapas en directo en Eurosport ata a meta en París e non esquezas os resumos diarios e en profundidade de cada etapa no programa La Montonera, con Alberto Contador, Javier Ares e Juan Antonio Flecha.
-
Emisión: do 4 ao 26 de xullo, en Eurosport (dial 110).
-
Baixo demanda: en rebobina.
Destacados en Netflix, Prime Video e HBO Max
Enola Holmes 3, en Netflix
Millie Bobby Brown, Louis Partridge e Henry Cavill volven a Netflix cunha nova entrega da saga de Enola Holmes. Enola terá que aprazar os seus plans de voda cando Sherlock desaparece. En Malta, verase envolta nun caso perigoso. Non perdas Enola Holmes 3 en Netflix.
-
Estrea: mércores, 1 de xullo, en Netflix.
Proyecto Salvación, en Prime Video
Un dos maiores éxitos de taquilla de ciencia ficción do ano chega a Prime Video, protagonizado por Ryan Gosling. Ryland Grace, un profesor de ciencias que esperta nunha nave espacial, debe usar os seus coñecementos para salvar a Terra. Poderá resolver o misterio da substancia que está matando o sol? Descúbreo en Proyecto Salvación en Prime Video.
-
Estrea: venres, 3 de xullo, en Prime Video.
La Momia de Lee Cronin, en HBO Max
De reencontro familiar a pesadelo. Se che gustan as películas de terror, non perdas La Momia de Lee Cronin. Unha nova versión do clásico que podes ver en xullo en HBO Max.
-
Estrea: venres, 3 de xullo, en HBO Max.
Todas estas estreas de xullo de 2026 e moito máis contido agárdante na televisión que podes gozar a través de R.
