Se es dos que gozan estando ao día de todo o que pasa ou che gusta ter sempre un bo faladoiro de fondo mentres ceas, estás de parabéns. A grella de televisión de R segue medrando e dámoslle a benvida a La Séptima, que aterra directamente no dial 10.
Un oco para unha canle xeralista que acaba de nacer, con vocación de proximidade, pensada para acompañarte en calquera momento do día.
Que vas atopar en La Séptima?
A proposta desta canle combina a información con espazos dinámicos para entender a actualidade desde distintos ángulos:
- Información en directo: boletíns horarios e espazos informativos centrados nas noticias máis relevantes do día, tanto de ámbito nacional como internacional.
- Análise e faladoiro: mesas de debate plurais onde xornalistas e expertos analizan a actualidade política, económica e social.
- Reportaxes e entretemento: formatos de divulgación, documentais e magacines pensados para desconectar e gozar en compañía.
Dispoñible desde xa no teu desco de R
Como sempre, non tes que facer absolutamente nada para empezar a vela; a canle xa está integrada na túa subscrición habitual. Só tes que coller o mando, marcar o 10 e empezar a gozar.
Ademais, lembra que tes á túa disposición todas as vantaxes da tele de R: se chegas tarde a un programa, podes usar a función rebobina para velo desde o principio, ou recuperalo cando mellor che veña.
Pon o dial 10 no teu desco e cóntanos que che parece esta nova incorporación!
