Xa se pode ver o outono á volta da esquina, o que significa que a volta ao colexio (e non só falamos da dos máis peques) pode ser dura. Pero R está aquí para facilitarche un pouco a volta á rutina con toda unha avalancha na televisión que che ofrecemos en R, empezando polo fútbol. Segue os equipos galegos na LALIGA HYPERMOTION y na Primera Federación, e mira os partidos de LALIGA EA SPORTS en DAZN.
As series tamén comezan en setembro con forza. SkyShowtime estrea Tierra de mafiosos - T2, a AMC chega Talamasca: La Orden Secreta, de Anne Rice, e Warner TV acolle a nova NCIS: Sydney. Para os amantes dos documentais, Historia emite en exclusiva 11-S: Especial 25 años.
Se tes a opción Total TV, podes ver a película familiar La Furia de los Thundermans en Nickelodeon e seguir cada etapa da Vuelta España 2026, en Eurosport.
Non podemos esquecer as plataformas de streaming. Netflix estrea The Gentlemen: La serie - T2, Disney+ o filme Star Wars: The Mandalorian and Grogu e Prime Video a película Enfrentados: Marfil.
Dámosche máis detalles sobre estas estreas de setembro de 2026.
Goza en R do fútbol durante a tempada 2026 - 2027
En R queremos que non perdas nin un só partido do Celta ou do Dépor, pero tamén que goces dos clásicos de Primeria e todo o fútbol da tempda 2026 - 2027.
LALIGA EA SPORTS en DAZN
Contrata a través de R o novo paquete de fútbol de DAZN. Por 19,99€/mes (con 3 meses gratis), terás 5 partidos en 35 das 38 xornadas de LALIGA EA Sports.
LALIGA HYPERMOTION e Primeira Federación coa opción TV Total
Goza de todos os partidos do Celta Fortuna desta tempada 2026-2027 na canle LALIGA HYPERMOTION, que atoparás nas diais 115, 116 e 117.
E non perdas os pasos do RCD Fabril, do Racing de Ferrol, do CD Lugo, do UD Ourense ou do Pontevedra CF na Primeira Federación na canle Primeira Federación Versus e-Learning, no dial 119, onde poderás gozar dos 10 partidos de cada xornada.
LALIGA HYPERMOTION e Primeira Federación están dispoñibles para os clientes de R que teñan subscrito a opción TV Total.
Tierra de mafiosos - T2, en SkyShowtime
SkyShowtime regálanos unha nova tempada da serie do momento: Tierra de mafiosos. Dez novos episodios nos que os Harrigan intentan manter as aparencias fronte a novos rivais que buscan desestabilizar o seu fracturado imperio criminal. Mentres tanto, o seu fiel solucionador, Harry Da Souza, interpretado por Tom Hardy, debe considerar coidadosamente cada paso.
A partir do 21 de setembro, un novo episodio dispoñible cada semana de Tierra de mafiosos - T2.
- Baixo demanda: dispoñible dende o 21 de setembro en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.
Talamasca: La Orden Secreta, de Anne Rice, en AMC: dial 13
A sensación do último Festival de Sitges chega a AMC. Os fans do universo literario de Anne Rice estarán encantados coa estrea da súa terceira serie Talamasca: La Orden Secreta, de Anne Rice, que serve de ponte entre Entrevista con el vampiro e Las brujas de Mayfair.
Esta serie orixinal de AMC céntrase nunha organización secreta que vixía e protexe o mundo mortal das ameazas sobrenaturais. Ambientada na actualidade, Talamasca é a responsable de manter un fráxil equilibrio entre os reinos mortal e sobrenatural.
- Estrea: luns, 7 de setembro, ás 22:10 h, en AMC (dial 13).
- Emisión: todos os luns ás 22:10 h.
- Baixo demanda: en rebobina.
NCIS: Sydney, en Warner TV: dial 14

O universo de NCIS continúa a expandirse, para deleite dos seus fans. Nesta ocasión, a acción trasládase a Sydney, onde os axentes estadounidenses de NCIS deben traballar da man coa policía australiana para resolver os casos. NCIS: Sydney estréase en setembro en Warner TV.
- Estrea: martes, 15 de setembro, ás 22:00 h, en Warner TV (dial 14).
- Emisión: todos los martes ás 22:00 h.
- Baixo demanda: en rebobina.
11-S: Especial 25 años, en Historia: dial 70

Parece que foi onte, pero o tempo pasa e este 11 de setembro cúmprense 25 anos do ataque terrorista máis devastador dos Estados Unidos, no que perderon a vida unhas tres mil persoas. Historia emite unha programación especial con dous documentais: 102 minutos dentro de las torres y 11-S, recuperando la Zona Cero.
102 minutos dentro de las torres leva aos espectadores ao interior das Torres Xemelgas por primeira vez a través dos ollos daqueles que estaban dentro o 11 de setembro de 2001. En Historia ás 22:00 h.
11-S, recuperando la Zona Cero céntrase na reconstrución levada a cabo polo goberno da cidade de Nova York e que dividiu á cidadanía entre a reconstrución das torres e a preservación da zona como lugar conmemorativo. En Historia ás 23:35 h.
- Estrea: venres, 11 de setembro, a partir das 22:00 h, en Historia (dial 70).
- Baixo demanda: en rebobina.
E se tes a opción Total TV, apunta estas estreas:
La Furia de los Thundermans, en Nickelodeon: dial 91

En setembro, Nickelodeon estrea unha película de superheroes para toda a familia. Trátase de La Furia de los Thundermans, baseada na exitosa serie The Thundermans. Neste filme, a familia de superheroes enfróntase a un gran desafío cando a pequena Chloe desenvolve un novo e destrutivo superpoder, que os obriga a unirse para protexela.
- Emisión: xoves, 3 de setembro, ás 19:00 h, en Nickelodeon (dial 91).
- Baixo demanda: en rebobina.
La Vuelta España 2026, en Eurosport: dial 110

A Vuelta a España 2026 xa está en marcha e rematará o 13 de setembro en Granada. A 81ª edición da carreira comezou o 22 de agosto en Mónaco e percorrerá un total de 3.275 quilómetros nas súas 21 etapas.
Tadej Pogačar era o gran favorito no seu regreso á Vuelta despois de sete anos, pero tras a súa retirada forzosa, Jonas Vingegaard, gañador de 2025, ten un obstáculo menos que superar na súa procura da vitoria. Non perdas todas as etapas en directo en Eurosport.
- Emisión: do sábado 22 de agosto a domingo 13 de setembro, en Eurosport (dial 110).
- Baixo demanda: en rebobina.
Destacados en Netflix, Disney+ e Prime Video
The Gentlemen: La serie - T2, en Netflix
Chega a Netflix unha nova entrega de The Gentlemen: La serie - T2, do aclamado director Guy Ritchie. Oito novos episodios que recuperan a mestura de humor negro, acción e crime que o director estadounidense tan ben manexa. A nova tempada comeza un ano despois de que Eddie deixase atrás a súa condición de herdeiro accidental e buscase expandir o seu negocio no mundo do crime organizado. Eddie descubriu que ten ambición e que o imperio criminal pode ser moito maior do que xamais podería ter imaxinado.
- Estrea: xoves, 3 de setembro, en Netflix.
Star Wars: The Mandalorian and Grogu, en Disney+
Tras o seu paso polos cines, Disney+ estrea a última aventura do universo de Star Wars. No filme Star Wars: The Mandalorian and Grogu, Pedro Pascal interpreta o cazarrecompensas mandaloriano Din Djarin, que tentará axudar á Nova República na súa loita, acompañado polo seu mociño aprendiz Grogu.
- Estrea: mércores, 2 de septiembre, en Disney+.
Enfrentados: Marfil, en Prime Video
Prime Video estrea a última película protagonizada por Ester Expósito e Hugo Diego García: Enfrentados: Marfil. Baseada na novela de Mercedes Ron, o filme comeza co secuestro e liberación de Marfil Cortés (Ester Expósito). É entón cando o seu pai, un poderoso empresario, contrata a Sebastián (Hugo Diego García) como gardacostas de Marfil.
- Estrea: mércores, 9 de setembro, en Prime Video.
Todas estas estreas de setembro de 2026 e moito máis contido agárdante na televisión que podes gozar a través de R.
