O verán é para divertirse e na parroquia de Esteiro, en Muros, fano como mellor saben: con enxeño, velocidade e moita arte. Cada ano a terceira fin de semana de xullo a parroquia coruñesa de Esteiro celebra as Carrilanas de Esteiro 2024, do 19 ao 21 de xullo, que divirte tanto aos seus participantes como aos que se achegan a velas.
De pequenos a todos nos gustaba a velocidade e as carreiras coas nosas amizades. E os veciños e veciñas de Esteiro deseñaron o plan perfecto. Unha carreira de vehículos artesanais que saca o mellor de cada un. Estes vehículos son as chamadas carrilanas, coches tradicionais feitos integramente de madeira sen ningún tipo de propulsión máis que a propia forza da gravidade.
Con esta competición preténdese conmemorar un dos xogos máis populares entre os nenos e as nenas de Galicia. E o mellor é que calquera persoa pode participar na carreira de carrilanas. O único requisito é ter unha carrilana que cumpra a normativa (só rodamentos, eixes e chasis de madeira) e inscribirse o día da carreira ou a través do formulario online.
Programa das Carrilanas de Esteiro 2024
A terceira fin de semana de xullo as carrilanas son as estrelas que todos queren ver. E o programa das Carrilanas de Esteiro 2024 é amplo e variado para que o poidas gozar ao grande.
Festival das Carrilanas de Esteiro 2024
Un dos pratos fortes desta festa será o Festival de las Carrilanas de Esteiro 2024. O mellor é que a entrada é gratuíta e teñen moitas actividades.
Estes son os concertos do Festival das Carrilanas 2024 os días 19, 20 e 21 de xullo:
Venres, 19 de xullo:
- 21:00 h. Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
- 22:20 h. Mondra
- 23:50 h. Tanxugueiras
- 01:45 h. Lontreira
- 03:00 h. Cool Nenas
Sábado, 20 de xullo:
- 13:30 h: Quinkillada
- 21:15 h. Capital Voskov
- 22:45 h. Sidecars
- 00:35 h. The Rapants
- 02:25 h. Galician Army
Domingo, 21 de xullo:
- 13:30 h. Monoulious DOP
Carreiras das Carrilanas de Esteiro 2024
Na terceira fin de semana de xullo, as carrilanas e os seus deseñadores saen das súas goridas para competir e presumir de deseño, xa que non só importa a velocidade, senón tamén a imaxinación, os detalles estéticos, a beleza e as innovacións mecánicas.
O circuíto transcorre pola ladeira coñecida como O Maio. Ten aproximadamente 2,5 quilómetros de lonxitude e é unha estrada estreita, con fortes pendentes entre monte e casas, o que a fai perfecta para divertirse.
O primeiro día de festa, o venres, xa se poden ver as primeiras carrilanas paseando e lucindo polas rúas de Esteiro. O sábado comezan os primeiros adestramentos e ás sete da tarde dispútase a “pole position” coa que se deciden os postos de saída da carreira final.
O domingo, o día grande das carreiras, ás sete da tarde xa están preparadas as carrilanas. Na primeira carreira compiten os máis pequenos. Ás sete e media chega a quenda dos vehículos lentos, aqueles que prefiren a exposición dos seus orixinais deseños en detrimento da velocidade.
Ao remate ten lugar a entrega de premios na Alameda. Ademais do premio ao campión, tamén hai premios para a carrilana máis fermosa, a mellor engalanada, para os pilotos que vistan os traxes máis orixinais, para a carrilana do ano e para a equipa que reúna as condicións máis singulares.
Consulta aquí todas as actividades do programa das Carrilanas de Esteiro 2024:
Venres, 19 de xullo
- 11:00 - 22:00 h. Espazo artesanía e zona gastro.
- 16:00 h. Obradoiro "Lixo Atelier", Escolas do Areal.
- 18:00 h. Adestramentos Oficiais libres no circuíto das carrilanas.
- 21:00 h. Festival das Carrilanas.
Sábado, 20 de xullo
- 11:00 - 22:00 h. Espazo artesanía e zona gastro.
- 12:00 - 15:00 h. Exposición de Carrilanas, verificación de carrilanas e espazo infantil na Alameda de Esteiro.
- 12:30 h. Espectáculo Abracadaver no espazo infantil.
- 13:30 h. Concerto de Quikillada.
- 16:00 h. Peche da estrada no circuíto de carrilanas.
- 19:00 h. Pole Position no circuíto de carrilanas.
- 21:15 h. Festival das Carrilanas.
Domingo, 21 de xullo
- 11:00 - 22:00 h. Espazo artesanía e zona gastro.
- 12:00 - 15:00 h. Exposición de Carrilanas e espazo infantil na Alameda de Esteiro.
- 13:30 h. Concerto de Monoulious DOP.
- 16:00 h. Peche da estrada no circuíto de carrilanas.
- 19:00 h. Carrilanas de Nenos no circuíto de carrilanas.
- 19:30 h. Carrilanas Lentas no circuíto de carrilanas.
- 20:30 h. Entrega de trofeos e degustación de produtos típicos na Alameda de Esteiro.
Como naceu a carreira de carrilanas
A historia da carreira de carrilanas de Esteiro remóntase a máis de vinte anos atrás. Amizades varias e veciñanza reuníronse nunha discoteca do municipio mentres conversaban sobre as festas de Esteiro.
O que se pretendía era idear algo para que a festividade da súa patroa, Santa Mariña, que caía en luns ese ano, reunise a toda a veciñanza e aos curiosos non só ese día, senón tamén a fin de semana anterior. Querían atraer xente a Esteiro, sabendo sempre a limitación monetaria das festas parroquiais. O reto era competir co poderío das festas do Carme dos concellos limítrofes.
E xurdiron varias ideas, entre elas contan que se propuxo un concurso de estornela, unha baixada de bañeiras polo río, unha carreira de zancos... ata que saíu a carreira de carrilanas, de carros de madeira. Aquí naceu a carreira de carrilanas de Esteiro, que 24 anos despois está declarada Festa de Interese Turístico Nacional.
Fonte imaxe cabeceira: Turismo de Galicia.