Para atopar actividades en Galicia pretiño de ti, tanto se es de bailar e cantar en concertos e festivais, coma se prefires un plan máis tranqui nun museo ou no teatro, ou non perdoas unha festa gastronómica na túa terra, esta é a axenda que precisas. Traémosche moitos plans para gozar durante a fin de semana.
Que podes facer este mes de outubro? Pois todo isto e máis.
Plans de outubro en Galicia
Como é Galicia en outubro? Un non parar de plans diferentes para facer e gozar da boa música, monólogos ou teatro e exposicións. Se queres vivir con intensidade os concertos e festivais, as festas gastronómicas de interese turístico e moito máis, anota todas estas datas.
A mellor música que sonará en Galicia en outubro
1 de outubro: Miriam Rodríguez
A ex concursante de Operación Triunfo presenta os seus novos temas e arranca xira en solitario, "Lo que dejaste a la mitad". O domingo 1 de outubro, na sala Garufa Club da Coruña.
6 de outubro: LEMOT
A banda galega LEMOT, integrada por Alejandro Castro e Pablo Sobrino, converteuse nunha auténtica revelación no mundo do pop rock. Escóitaos na sala Mardi Grass da Coruña o venres 6 de outubro.
6 e 7 de outubro: Luz Casal
"Las ventanas de mi alma" é o disco máis persoal e autobiográfico de Luz Casal. Podes gozalo en directo no Teatro Afundación de Vigo os días 6 e 7 de outubro.
6 e 7 de outubro: “Festival Internacional de Blues”
O festival de blues ourensán dedica a súa edición 2023 a Ray Charles. Sobre o escenario do Teatro Principal de Ourense pasarán artistas como Susan Santos, Thorbjørn Risager & The Black Tornado, Tui Higgins & Xavier Monge Jazz Project e Jimmy Barnatán & The Cocooners.
7 de outubro: The Hives
A banda sueca de garage rock The Hives ten novo álbum, "The Death Of Randy Fitzsimmons", e preséntao na sala Capitol de Santiago de Compostela o sábado 7 de outubro.
7 de outubro: Paula Mattheus
A cantautora vasca presenta o seu novo traballo, "Con Cada Luna", no Hache Music Club de Vigo o sábado 7 de outubro.
11 de outubro: Calexico
Vinte anos despois do lanzamento do seu exitoso disco "Feast of Wire", Calexico réndelle homenaxe cunha xira que o trae ao escenario do Auditorio Mar de Vigo o día 11 de outubro.
13 de outubro: Binomio de Oro de América
A popular agrupación colombiana de música vallenata actúa na sala Ink de Narón o venres 13 de outubro.
13 de outubro: Teenage Fanclub
A banda escocesa que revolcuionou o power pop e o folk-rock, Teenage Fanclub, actúa no Auditorio de Ferrol o venres 13 de outubro.
14 de outubro: Ilegales
Ilegales presenta o seu fin de xira "La Lucha por la Vida" na sala Pelícano da Coruña o sábado 14 de outubro.
14 de outubro: Andrés Suárez
Co seu noveno disco, "Viaje de vida y vuelta", Andrés Suárez segue cultivando éxitos alí por onde pasa. O sábado 14 de outubro actúa no Pazo da Ópera da Coruña.
17 de outubro: Kamaal Williams
"Wu Hen" é o último traballo de Kamaal Williams. Jazz e funk fusionados que podes escoitar na sala Garufa Club da Coruña o día 17 de outubro.
20 de outubro: Cruz Cafuné
O rapeiro Cruz Cafuné trae os seus sons urbanos á sala Pelícano da Coruña o día 19 de outubro.
20 e 21 de outubro: Swit Eme
A nova revelación do hip hop chámase Swit Eme e actúa na sala Malatesta de Santiago de Compostela o venres 20 e na Fábrica de Chocolate de Vigo o sábado 21 de outubro.
21 de outubro: Manolo García
Os seus éxitos con El Último de la Fila e dúas décadas de éxito en solitario avalan a traxectoria de Manolo García. O sábado 21 de octubre podes velo no Auditorio Mar de Vigo.
21 de outubro: “Our Fest de Ourense”
Suede e Kula Shaker encabezan o cartel da segunda edición do festival “Our Fest de Ourense”, que se celebra en Expourense o sábado 21 de outubro.
21 de outubro: Rafa Espino
O cantante e compositor de rap e hip hop Rafa Espino actúa na sala Mardi Gras da Coruña o venres 20 e na sala Doppler de Vigo o sábado 21 de outubro.
26 de outubro: Steve Wynn
É cantante, guitarrista e escribiu máis de catrocentas cancións. O polifacético Steve Wynn actúa no Café & Pop Torgal de Ourense o día 26 de outubro.
27 de outubro: Camela
Os incombustibles Camela teñen novo traballo, "Que la música te acompañe". No Pazo da Ópera da Coruña o venres 27 de outubro.
27 e 28 de outubro: Santero y Los Muchachos
Con "Royal Cantina", Santero y Los Muchachos están percorrendo os escenarios de medio país. O venres 27 chegan ao Riquela, en Santiago de Compostela; e o sábado 28 de outubro, a Radar Estudios, en Vigo.
27 e 28 de outubro: "Castañazo Rock 2023"
Fillas de Cassandra e Dakidarria figuran no cartel do festival "Castañazo Rock 2023", que se celebra no Mercado Gandeiro de Chantada (Lugo) os días 27 e 28 de outubro.
27 e 28 de outubro: Quevedo
"Donde quiero estar Tour 2023" chámase a xira de Quevedo, un dos artistas máis recoñecidos do pop actual. No Coliseum da Coruña, o venres 27; e no Instituto Feiral de Vigo o sábado 28 de outubro.
28 de outubro: León Benavente
A banda León Benavente está de "Gira 10º Aniversario", na que interpreta todos os temas do seu primeiro disco, publicado en 2013. Podes velos en directo na sala Malatesta de Santiago de Compostela o sábado 28 de outubro.
Imos ao teatro en Galicia en outubro
1 e 28 de outubro: "Síbaris"
O escritor Víctor Morel non atravesa un bo momento pero a súa muller, Laura, atopa unha solución. O domingo 1 de outubro, no Teatro Afundación de Vigo; e o sábado 28 de outubro, no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo.
13 de outubro: "La Isla del Aire"
Guiadas pola matriarca da familia, cinco mulleres inician unha viaxe en barca á “Isla del Aire”. Obra teatral que podes ver no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela o venres 13 de outubro.
14 e 15 de outubro: "Curva España"
Unha peza da compañía Chévere que ironiza sobre o xénero documental, mesturando en directo teatro e cine. Na sala Ártika de Vigo os días 14 e 15 de outubro.
21 de outubro: "La Tarara"
A historia dunha nena violinista e a dunha prostituta, La Tarara, entrelázanse nesta peza teatral que se representa no Teatro Principal de Ourense o sábado 21 de outubro.
21 de outubro: "La Ruina"
Un show participativo no que se comparten anécdotas embarazosas cotidianas. Unha terapia de grupo en forma de peza teatral que podes disfrutar no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela o sábado 21 de outubro.
De exposicións en Galicia en outubro
Durante todo o mes de outubro: "Atlánticas"
Exposición de fotografías de Adrián Baúlde que explora o papel da muller no mercado laboral. Podes vela no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela.
Durante todo o mes de outubro: "Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega"
O fotógrafo Xulio Gil retrata a plástica galega e aos seus creadores, entre eles nomes como Laxeiro, Francisco Leiro ou Colmeiro, a través desta exposición aberta ao público na Sede Afundación de Vigo.
Durante todo o mes de outubro: "Lorca en Compostela"
Máis de 80 pezas e documentos que amosan a relación entre Lorca e Santiago. A exposición pode visitarse na Casa do Cabido de Santiago de Compostela.
Dende o 7 de outubro: "Walk This Way: La colección privada de calzado histórico de Stuart Weitzman"
Cen pares de zapatos da icónica e extensa colección privada do deseñador Stuart Weitzman, que poden verse por primeira vez fóra de EE.UU. Na Fundación Barrié de A Coruña.
De festa en festa en Galicia en outubro
29 de setembro a 1 de outubro: Festa da Faba de Lourenzá
4 a 12 de outubro: Festas San Froilán de Lugo
5 a 15 de outubro: Festa do Marisco do Grove
17 a 22 de outubro: As San Lucas de Mondoñedo
31 de outubro: Samaín
E máis actividades para gozar do lecer en Galicia
29 de setembro a 8 de outubro: "Ourense Film Festival"
A edición número 28 do Festival de Cine de Ourense, o máis lonxevo de España, encherá a cidade de proxeccións, conferencias e actividades do 29 de setembro ao 8 de outubro.
7 de outubro: "Cantajuego"
Música, baile e humor no novo espectáculo familiar de Cantajuego, titulado "Viva mi planeta". O sábado 7 de outubro, no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.
12 e 15 de outubro: "Harry Potter, el musical"
Un espectáculo musical para toda a familia que homenaxea ás películas e personaxes de Harry Potter. En La Salle, Santiago de Compostela, o xoves 12; e na Sede Afundación Pontevedra o domingo 15 de outubro.
21 de outubro: Gran Gala Internacional "Galicia Ilusiona"
Gala que reúne aos mellores e máis premiados ilusionistas do momento. O venres 6 de outubro, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo; o domingo 8 de outubro, no Teatro Jofre de Ferrol; o sábado 14 de outubro, no Auditorio Afundación de Pontevedra; o domingo 15 de outubro, no Auditorio Municipal de Ourense; o venres 20 de outubro, en Palexco (A Coruña); o sábado 21 de outubro, no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela; e o domingo 22, no Auditorio Mar de Vigo.
22 de outubro: "Fronterizas"
Dance & Performance da man da recoñecida bailarina e coreógrafa Mari Paula. Na Cidade da Cultura de Galicia de Santiago de Compostela o día 22 de outubro.
22 de outubro: "Homenaje a Morricone, Zimmer y Willliams"
Concerto homenaxe a tres xenios do cine, Ennio Morricone, Hans Zimmer e John Willliams, que podes gozar no Pazo da Ópera da Coruña o domingo 22 de outubro.
26 a 29 de outubro: "Charlie y la Fábrica de Chocolate, el musical"
Willy Wonka abrirá as portas da súa misteriosa fábrica neste espectáculo de carácter familiar que se representa no Auditorio Mar de Vigo do 26 ao 29 de outubro.
28 de outubro: "Berro"
"Berro" leva a escena a fusión de danza e música galega. No Teatro Principal de Ourense o sábado 28 de outubro.
Como ves, en Galicia podes elixir entre propostas de música, teatro, exposicións, festas e moitas actividades máis para encher a túa axenda en outubro.