Coa chegada do verán comeza a tamén a época das festas coas súas verbenas. E os galegos ben sabes que ademais de comer, somos xente que lle damos tanto á cumbia como ao pasodobre Durante os meses estivais non queda recuncho en Galicia no que non haxa unha unha “sesión vermouth” ou un festival no que desfrutar destes días tan longos e (esperemos) de bo tempo.

O fenómeno das verbenas foi cambiando ao longo dos anos. Quen lles ía dicir aos nosos avós, que recollían a iso das 11 da noite, que agora é cando as orquestras comezan a botar as cancións dos “bailes”. É que hoxe en día hai un auténtico fenómeno fan con algúns dos grupos musicais que nin os Back Street Boys ou Justin Bieber De feito, moita xente fai centos de quilómetros para ir a unha verbena onde toca a súa orquestra favorita. Porque, quen nos ía dicir que as orquestras estarían tan de moda?

O boom comezou coa París de Noia e a Panorama, que arrasaban alí por onde pasaban, levando tras de si un amplo número de fans. Curiosamente, nos últimos dous anos quen arrasa na escena verbenística galega é a orquestra canaria o Combo Dominicano. Pero non se quedan atrás tampouco outras como a Aché ou a Olympus.

Sexas fan duns ou doutros grupos ou simplemente queiras ir de parranda, a tecnoloxía está para botarche unha man, porque temos dispoñibles varias apps para saber en que lugares hai festa rachada.

Pero claro aínda que saibas onde son as festas, seguro que che interesa saber onde toca a orquestra á que segue, pois para iso está dispoñible a app Orquestas de Galicia na que podes consultar a axenda de actuacións de orquestras, grupos, tríos, dúos, solistas e discotecas móbiles. Ademais permite visualizar as actuacións que están máis preto de ti e realizar buscas por formación, lugar, localidade, concello e provincia. Nesta ligazón podes descargar a app para android e nesta para iOS.

app_orquestasgalicia

Turismo de Galicia ofrece información sobre todos os puntos de interese turístico, aloxamentos, patromio cultural e Festas de Interese Turístico de Galicia e está dispoñible para android e para iPhone. A aplicacón permíteche explorar por concellos e consultar as Festas de Interese Turístico que se celebran nese municipio.

app_turismo

Páxinas Galegas é unga app que permite buscar, ademais de empresas, as festas que hai e haberá por toda a nosa xeografía. Para consultar as festas é preciso ir á sección de servizos e aí pinchar na imaxe de Festas de Galicia que te leva a súa web onde podes consultar as festas segundo a data ou localidade seleccionada. Podes descargar a app para android e para iPhone.

Con todas estas apps xa non hai desculpa para perderse ningunha das nosas festas, así que a desfrutar e a bailar.

Un saúdo!