Ola a todos. Volven a casa as apps de Nadal, como o turrón, para que non decaia a festa entre conversación e bostezo con cuñados e curmáns . Fai espazo no teu móbilR, porque as vas a querer todas.

FelicitApp

Onde quedou aquel “Hola soy Edu, Feliz Navidad” ou o canso “Feliciano”. Non pode faltar na lista o clásico de marcarse un baile disfrazado de Elfo, pero tamén podes tirar de mensaxes graciosas se non estás inspirado ou facer un típico posado de Nadal:

Queridos Reis Magos:

Aínda que o mellor agasallo é un sorriso , recibir un detalle sempre vén ben. Propoñémosche dúas apps que vos axudarán a facer a carta aos Reis, unha para xestionar as túas compras e lista de desexos, e outra para atopar os prezos máis baratos:

  • Christmas Gift List: dispoñible para Android e iOS
  • RadarPrice: dispoñible para Android

Amigo invisible

Outro clásico do Nadal que se repite cada ano. Xestiona os sorteos con aplicacións como estas:

  • Amigo invisible App: dispoñible para Android
  • Amigo invisible Regalos: dispoñible para iOS

Papa Noel con GPS

Segue desde unha aplicación a ruta de Papá Noel cara ao seu destino para que chegue a tempo. Ademais, podes informar aos Reis Magos se os peques se comportan ben e premialos por iso:

  • Sigue a Papá Noel: dispoñible para Android
  • Where is Santa Lite: dispoñible para iOS
  • SantApp: dispoñible para Android e iOS
  • Reyes Magos: dispoñible para Android

Panxoliñas e xogos para os peques

Sergio Ramos gustaría destas apps cheas de vocabulario do Nadal para que o seu “Morry Crismas” non fose trending topic. Podedes cantar as panxoliñas máis populares en inglés e castelán, ou ver os vídeos de YouTube:

  • Villancicos Navideños: dispoñible para Android
  • Villancicos de Navidad: dispoñible para iOS

E ademais de panxoliñas, os nenos, auténticos protagonistas do Nadal, poderán acougar os seus nervios pintando ou facendo quebracabezas con esta app:

Personaliza a túa pantalla

Momento para cambiar o fondo de pantalla do móbil e vestilo de Nadal. Podedes atopar moitas apps, algunhas con imaxes en 3D, e outras mesmo que inclúen panxoliñas, que soan con só axitar o móbil:

  • Navidad fondo animado: dispoñible para Android
  • Fondos de pantalla & Wallpapers Feliz Navidad: dispoñible para iOS

Decoración de Nadal

Apps que calculan cantas bólas, cintas e luces debe ter a túa árbore segundo o seu tamaño, outras para montar o teu propio Belén no móbil e para facer ti mesmo a decoración do Nadal:

  • Decorar Árbol de Navidad: dispoñible para Android e iOS
  • Belén de Navidad: dispoñible para Android e iOS
  • DIY Christmas Decorations: dispoñible para Android

Mañoso na cociña

Nós somos de bacallau con coliflor e capón de Vilalba, así que as apps específicas de receitas do Nadal non nos valen para moito . Pero se queredes sorprender ao mesmísimo Chicote, deixámosvos algunhas suxestións:

  • 1001+ Recetas de Navidad y Fin de año: dispoñible para Android
  • 500+ Christmas Recipes: dispoñible para iOS
  • Canal Cocina: dispoñible para Android e iOS
  • Cocktail Flow: dispoñible para Android e iOS

A sorte está botada

E se toca? Compróbao dende o móbil facilmente con estas aplicacións:

  • TuLotero: dispoñible para Android e iOS
  • Loterías y Apuestas del Estado: dispoñible para Android e iOS

Pois con moita sorte para todos e o anuncio de Lotería de Nadal de este ano, despedímonos.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

Fuente do gif