Achégase a noite máis terrorífica do ano. Con estas apps de Halloween prepárate para pasalo de medo co teu smartphone. Atoparás ideas para disfrazar, para parecer un zombie, atopar pantasmas ou cociñar receitas monstruosas. Truco ou trato?

Disfraces

Non fai falta disfrazarse de cabaza, pero un toque de ambiente non está de máis. Dende as clásicas Katrinas mexicanas a Freddy Krueger ou Eduardo Manstesoiras. Estas apps daranche ideas se non sabes que poñer, aínda que sempre podes botar man da socorrida saba para parecer unha pantasma .

    • Disfraces de Halloween: dispoñible para Android
    • Halloween Costume Party Makeup: dispoñible para iOS

Selfies de medo

Se queres lucir a túa mellor cara, de medo , descarga algunha destas apps e compárteas en redes sociais cos teus amigos. Converteraste nun personaxe máis de Fear The Walking Death ao instante e non terás que usar desmaquillante.

    • Snapchat: dispoñible para Android e iOS
    • Disfraces De Halloween 2016: dispoñible para Android
    • Fear Yourself: dispoñible para Android e iOS
    • ZombieBooth 2 - Zombie Selfie: dispoñible para Android e iOS

Apps de Halloween Selfies

Tons e salvapantallas

Converte o teu smartphone nunha auténtica ruperta con fondos de pantalla con motivos de Halloween. E baixa tons para as túas notificacións como unha porta que se abre, pasos ou berros. A máis dun daralle un susto de morte.

  • Tonos de Llamada de Halloween: dispoñible para Android
  • Scary Ringtones: dispoñible para iOS
  • Halloween Wallpaper: dispoñible para Android
  • Halloween Wallpapers – Amazing Horror Themes & Images: dispoñible para iOS

Xogos

Deixa os marcianiños por uns días e divírtete descontando os días que quedan para Halloween, respondendo preguntas de Trivial, aprendendo a sobrevivir entre zombies ou localizando pantasmas próximas a ti.

  • Killer Clown Attack Ciudad: Creepy Pranks: dispoñible para Android
  • Walking Dead: The Game: dispoñible para Android e iOS
  • Into the Dead: dispoñible para Android e iOS
  • Ghost Observer: dispoñible para Android e iOS

Decoración

Se queres que a túa casa luza como a da Familia Monster este Halloween, tes aplicacións que che darán unha chea de ideas e consellos para facer ti mesmo a decoración: lámpadas de morcegos, teas de araña, candeas de cabaza... Moi recomendables para os mañosos. Ademais podes decargar apps para convidar os teus amigos á túa festa.

    • Decoración de Halloween: dispoñible para Android
    • Decoración Idea de Halloween: dispoñible para Android
    • Decoraciones de Halloween Idea: dispoñible para Android
    • Halloween Party Invitation: dispoñible para Android

Apps de Halloween decoración

Receitas

Aprende a cociñar ollos sanguentos, dedos de bruxa, snacks e caramelos. A pinta non é moi boa, pero seguro que causan sensación.

    • Recetas Halloween: dispoñible para Android
    • Creepy Halloween Recipes: disponible para iOS

Apps de Halloween recetas

Saúdos de ultratumba