Blog de R: festas, curiosidades e rutas en Galicia

Quecheparece

Calendario laboral en Galicia 2024: todos os festivos

Pensando en vacacións? Bótalle un ollo aos festivos de 2024 en Galicia. O Día das Letras Galegas cae en venres e o 25 de xullo é xoves, que che dá para un acueduto no verán. Consulta aquí tamén as pontes que hai en Galicia en 2024. E os festivos locais da Coruña, Santiago... Esperamos que este calendario laboral che axude a planificar o teu 2024.

Quecheparece

Consellos para facer o Camiño de Santiago: recomendacións e indispensables

Vas facer o Camiño de Santiago por primeira vez? Pois le atentamente este post onde che damos unha chea de consellos para facer o Camiño de Santiago, a pé ou en bicicleta, sobre as rutas, a mochila, onde durmir e moito máis. Deste xeito, intentamos resolver todas as dúbidas que che poden xurdir antes de emprender a túa aventura. Toma boa nota destas recomendacións e indispensables para o Camiño e goza desta experiencia única na vida.

Xente R

Magostos en Ourense 2024: onde e cando son as festas do magosto

Durante o mes de novembro a provincia de Ourense celebra a festa do magosto. E faino como manda a tradición, con castañas, viño e música ao redor dunha fogueira. Queres saber onde e cando son os magostos en Ourense 2024? Traémosche a guía máis completa con todas as localidades, datas, programas e prezos para que goces da festa do outono por excelencia.

Quecheparece

Voos dende Galicia: onde podes voar dende A Coruña, Santiago e Vigo

Se estás a buscar voos dende Galicia, podes consultar aquí todos os destinos aos que podes voar dende os tres aeroportos galegos. Contámosche todos os voos directos dende Galicia na tempada de inverno 2024, a partir de novembro, e actualizaremos a lista de destinos cando se achegue a tempada alta, que vai dende abril a outubro de 2025 aproximadamente. Así poderás saber cando hai voos directos a Roma dende Galicia ou os voos a Canarias dende Galicia para as túas próximas vacacións.

Quecheparece

Mitoloxía galega: criaturas, seres e personaxes máis coñecidos

A centenaria cultura galega está chea de personaxes, criaturas e seres mitolóxicos que perduraron no noso imaxinario común durante centos de anos. Hoxe en día aínda mantemos moitos deles nas nosas raíces culturais. Facemos unha selección dos seres, criaturas e personaxes da mitoloxía galega máis coñecidos da nosa terra.

Xente R

Festivais Galicia 2024: onde e cando son todos os concertos

O Resu, Ortigueira, O Son do Camiño, o Morriña Fest… traémosche a lista completa de festivais Galicia 2024 para que saibas onde e cando se montan as festas cada mes do ano, en especial os festivais de Galicia no verán que son unha chea. Festivaleiro, garda ben esta información e compártea cos colegas cos que vas a ir de concertos en Galicia 2024: datas, carteis, entradas…

Xente R

Festa do Samaín en Galicia 2024: onde se celebra e orixe

Queres saber onde celebra o Samaín en Galicia 2024? Percorremos as principais localidades onde podes gozar desta festa a noite do 31 de outubro. Contámosche as actividades e programación do Samaín en Ourense, Briz, Allariz, Ferrol, Cedeira, A Coruña ou Pontevedra para que goces desta tradición tan nosa.

Quecheparece

Mosteiros en Ourense: rutas e horarios para visitalos

O Camiño de Santiago foi un acicate máis para que dende hai séculos as ordes relixiosas se asentasen en Galicia. Grazas a iso, a nosa comunidade, e especialmente a provincia de Ourense, está chea de grandes mosteiros de gran riqueza arquitectónica e cultural. Recompilamos os principais mosteiros en Ourense para que poidas facer unha ruta e visitalos.

Quecheparece

Onde comer as mellores hamburguesas en Vigo

Es de burgers clásicas, hamburguesas gourmet ou prefires opcións máis innovadoras? Quizais propostas vexetarianas. Sexa cal for a túa preferencia, en Vigo atoparala. Aquí tes unha recompilación de locais nos que desfrutar das mellores hamburguesas en Vigo.

Quecheparece

Termas en Galicia: onde están, cales son gratis…

Apetéceche un baño tranquilo en augas cálidas e en plena natureza? Non te perdas o noso percorrido polas mellores termas en Galicia, xa que contamos cun bo número de augas termais ao aire libre e moitas delas son gratuítas. A gran maioría das termas naturais de Galicia concéntranse na provincia de Ourense, convertida nun auténtico paraíso termal. Así que aquí atoparás onde están as termas gratis en Ourense e no resto de Galicia.