Blog Mundo R - Página 2

Quecheparece

O Fuciño do Porco: como chegar, reservas e ruta

Ata hai pouco era descoñecido e case inexplorado pola inmensa maioría da xente, pero nos últimos tempos O Fuciño do Porco estase a converter nun reclamo turístico cos mellores ingredientes: natureza, paisaxe espectacular e unha contorna de ensoño. Amosámosche como chegar, como reservar a visita e a ruta que ofrece.

Xente R

Ribadeo Indiano 2025: programa, datas, historia...

O Ribadeo Indiano 2025 celébrase a fin de semana do 11 ao 13 de xullo para render homenaxe aos emigrantes retornados. E faino con representacións e visitas teatralizadas, concertos, exhibición de vehículos clásicos, obradoiros... que reúnen a miles de persoas con vestidos indianos. Consulta aquí o programa do Ribadeo Indiano 2025, onde atoparás as datas, horarios, todas as actividades e un pouco de historia da festa.

Quecheparece

Festa do Carneiro ao Espeto en Moraña 2025: programa e reservas

Cando chega o verán, as festas gastronómicas enchen todo o país. Unha das máis tradicionais é a Festa do Carneiro ao Espeto en Moraña 2025, que se celebra do 25 ao 27 de xullo, cun manxar espectacular, tanto para o padal como para a vista. Consulta aquí o programa e como facer as reservas dun lote para comer carneiro na Carballeira de Santa Lucía.

Quecheparece

Festival de Ortigueira 2025: grupos, concertos e horarios

O mes de xullo en Galicia por excelencia é o mes dos festivais de música. Hainos de todo tipo, dende os que traen as estrelas máis populares do momento ata os máis especializados. Ese é o caso do Festival de Ortigueira 2025, que despois de 39 anos é coñecido mundialmente. Como é habitual na segunda fin de semana de xullo, este ano do 9 ao 13 de xullo, Ortigueira encherase de música celta.

Xente R

Rapa das bestas 2025 de Sabucedo: programa, entradas, orixe...

Cando chega o verán, Galicia convértese nun fervedoiro de festas e celebracións de todo tipo: relixiosas, gastronómicas, históricas... Pero hai unha que destaca sobre o resto, polo seu carácter ancestral e popular, é a Rapa das Bestas 2025 de Sabucedo, do 4 ao 7 de xullo. Contámosche o programa, como comprar entradas e a orixe desta ancestral celebración.

Quecheparece

Festas da Estrada 2025: programa de San Paio

As festas da Estrada 2025 celébranse do 21 ao 30 de xuño. Cinco días de festas patronais con dous festivos, música e baile. Contámosche aquí todo o programa das festas de San Paio A Estrada 2025 para que goces de todas as orquestras e concertos.