Blog de R: festas, curiosidades e rutas en Galicia

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en decembro 2025

O ano 2025 chega ao seu fin, pero as estreas nunca paran na televisión que che ofrecemos en R. Este Nadal, non che faltarán cousas que ver, as mellores películas e series nunca descansan. Para comezar, os dragóns son protagonistas en DreamWorks coa emisión de novos episodios da serie Dragones: Hacia nuevos confines, e en SkyShowtime tamén, coa estrea da versión de imaxe real de Cómo entrenar a tu dragón.

Quecheparece

Nadal en Santiago de Compostela 2025: acendido de luces, mercado, actividades...

Cando se acenden as luces de Nadal en Santiago de Compostela 2025? O venres 28 de novembro poderás gozar do acendido e visitar as luces da Alameda, da Quintana e moitas máis. Ademais, poderás achegarte ao mercado de Nadal Santiago de Compostela, ver os beléns, gozar de concertos e máis actividades de Nadal en Santiago. Contámosche o programa de Nadal Santiago 2025 - 2026 para que non perdas nada.

Quecheparece

Nadal en Pontevedra: guía 2025 coas luces, o mercado...

Pontevedra vístese de gala cada ano para recibir o Nadal cun programa repleto de actividades e, sobre todo, cun impresionante despregamento de luces que transforman as súas rúas nun escenario de conto a partir do día 5 de decembro. E á tradicional iluminación súmase un popular mercado do Nadal, Poboado de Nadal, e unha chea de actividades que farán as delicias de toda a familia.

Xente R

Festivais Galicia 2025: onde e cando son todos os concertos

O Resu, Ortigueira, O Son do Camiño, o Morriña Fest… traémosche a lista completa de festivais Galicia 2025 para que saibas onde e cando se montan as festas cada mes do ano, en especial os festivais de Galicia no verán que son unha chea. Festivaleiro, garda ben esta información e compártea cos colegas cos que vas a ir de concertos en Galicia no 2025: datas, carteis, entradas…

Quecheparece

Todos os festivos en Galicia 2026: calendario laboral

Pensando en vacacións? Bótalle un ollo ao calendario de festivos en Galicia 2026. Consulta aquí tamén as pontes que hai en Galicia en 2026 ou o Entroido en Galicia 2026. E os festivos locais da Coruña, Santiago… e o resto de festivos locais en Galicia 2026 por localidades.

Xente R

Luces de Nadal de Vigo 2025: horario de acendido, que ver…

As luces de Nadal de Vigo 2025 - 2026 volven poñer a cidade na fala da xente. É que ninguén quere perder este espectáculo que comeza co tradicional acendido de luces de Nadal de Vigo 2025. Contámosche cando se acenden as luces de Nadal de Vigo, o horario de aceso, que ver, as principais atraccións e onde aparcar o coche.

Xente R

Magosto en Ourense 2025: onde e cando son as festas do magosto

Durante o mes de novembro a provincia de Ourense celebra a festa do magosto. E faino como manda a tradición, con castañas, viño e música ao redor dunha fogueira. Queres saber onde e cando son os magostos en Ourense 2025? Traémosche a guía máis completa con todas as localidades, datas, programas e prezos para que goces da festa do outono por excelencia.

Quecheparece

Termas en Galicia: onde están, cales son gratis…

Apetéceche un baño tranquilo en augas cálidas e en plena natureza? Non te perdas o noso percorrido polas mellores termas en Galicia, xa que contamos cun bo número de augas termais ao aire libre e moitas delas son gratuítas. A gran maioría das termas naturais de Galicia concéntranse na provincia de Ourense, convertida nun auténtico paraíso termal. Así que aquí atoparás onde están as termas gratis en Ourense e no resto de Galicia.

Xente R

Festa do Samaín en Galicia 2025: onde se celebra e orixe

Queres saber onde celebra o Samaín en Galicia 2025? Percorremos as principais localidades onde podes gozar desta festa a noite do 31 de outubro. Contámosche as actividades e programación do Samaín en Ourense, Briz, Allariz, Ferrol, Cedeira, A Coruña ou Pontevedra para que goces desta tradición tan nosa.

Móbil R

O eSIM xa está en R! Adeus ao SIM físico

A espera rematou! En R celebramos o lanzamento do novo iPhone 17 Air e, para que poidas tirarlle o máximo partido, puxemos en marcha a tecnoloxía eSIM. Con esta tecnoloxía, activar a túa liña móbil será moito máis doado e, ademais, ábrese un mundo de posibilidades para conectar todos os teus dispositivos: smartwatch, tableta, televisor e mesmo o teu coche (IoT – Internet das Cousas).