Blog de R: festas, curiosidades e rutas en Galicia

Quecheparece

O Fuciño do Porco: como chegar, reservas e ruta

Ata hai pouco era descoñecido e case inexplorado pola inmensa maioría da xente, pero nos últimos tempos O Fuciño do Porco estase a converter nun reclamo turístico cos mellores ingredientes: natureza, paisaxe espectacular e unha contorna de ensoño. Amosámosche como chegar, como reservar a visita e a ruta que ofrece.

Quecheparece

Festa do Polbo Mugardos 2025: data, programa…

A localidade coruñesa de Mugardos rende o sábado 12 de xullo homenaxe ao seu produto gastronómico local máis popular, o polbo, cociñado ao estilo mugardés. Aquí tes toda a información imprescindible sobre a Festa do Polbo Mugardos 2025 para que coñezas o programa, os concertos e moito máis.

Xente R

Ribadeo Indiano 2025: programa, datas, historia...

O Ribadeo Indiano 2025 celébrase a fin de semana do 11 ao 13 de xullo para render homenaxe aos emigrantes retornados. E faino con representacións e visitas teatralizadas, concertos, exhibición de vehículos clásicos, obradoiros... que reúnen a miles de persoas con vestidos indianos. Consulta aquí o programa do Ribadeo Indiano 2025, onde atoparás as datas, horarios, todas as actividades e un pouco de historia da festa.

Quecheparece

Festa do Carneiro ao Espeto en Moraña 2025: programa e reservas

Cando chega o verán, as festas gastronómicas enchen todo o país. Unha das máis tradicionais é a Festa do Carneiro ao Espeto en Moraña 2025, que se celebra do 25 ao 27 de xullo, cun manxar espectacular, tanto para o padal como para a vista. Consulta aquí o programa e como facer as reservas dun lote para comer carneiro na Carballeira de Santa Lucía.

Quecheparece

Concertos Castrelos 2025: entradas, datas, horarios…

A cidade olívica xa está a pechar os concertos do verán e por aquí manterémoste actualizado en todo momento sobre os concertos de Castrelos 2025. Consulta a lista de artistas que van tocar no Parque de Castrelos durante os meses de xullo e agosto, cando saen á venda as entradas dos concertos de Castrelos 2025, as datas e os horarios para que non te perdas os grandes eventos do verán en Vigo.

Xente R

Festivais Galicia 2025: onde e cando son todos os concertos

O Resu, Ortigueira, O Son do Camiño, o Morriña Fest… traémosche a lista completa de festivais Galicia 2025 para que saibas onde e cando se montan as festas cada mes do ano, en especial os festivais de Galicia no verán que son unha chea. Festivaleiro, garda ben esta información e compártea cos colegas cos que vas a ir de concertos en Galicia no 2025: datas, carteis, entradas…

Quecheparece

Festival de Ortigueira 2025: grupos, concertos e horarios

O mes de xullo en Galicia por excelencia é o mes dos festivais de música. Hainos de todo tipo, dende os que traen as estrelas máis populares do momento ata os máis especializados. Ese é o caso do Festival de Ortigueira 2025, que despois de 39 anos é coñecido mundialmente. Como é habitual na segunda fin de semana de xullo, este ano do 9 ao 13 de xullo, Ortigueira encherase de música celta.

Xente R

Concertos María Pita 2025: datas e horarios

María Pita é testemuña inmóbil cada ano das actuacións dos grupos do momento. O escenario perfecto para gozar da música ao aire libre e gratis. Queres saber cales son os concertos de María Pita 2025 en agosto? Pois estás no lugar adecuado.

Xente R

Rapa das bestas 2025 de Sabucedo: programa, entradas, orixe...

Cando chega o verán, Galicia convértese nun fervedoiro de festas e celebracións de todo tipo: relixiosas, gastronómicas, históricas... Pero hai unha que destaca sobre o resto, polo seu carácter ancestral e popular, é a Rapa das Bestas 2025 de Sabucedo, do 4 ao 7 de xullo. Contámosche o programa, como comprar entradas e a orixe desta ancestral celebración.

Quecheparece

Festas da Estrada 2025: programa de San Paio

As festas da Estrada 2025 celébranse do 21 ao 30 de xuño. Cinco días de festas patronais con dous festivos, música e baile. Contámosche aquí todo o programa das festas de San Paio A Estrada 2025 para que goces de todas as orquestras e concertos.