Quecheparece
Entroido de Verín 2025: programa, datas, horarios…
O Entroido de Verín 2025 dura varias semanas e xunto cos entroidos de Laza e Xinzo de Limia forman un peculiar triángulo de Entroido en Galicia, considerado por moitos o mellor.
O Entroido de Verín 2025 dura varias semanas e xunto cos entroidos de Laza e Xinzo de Limia forman un peculiar triángulo de Entroido en Galicia, considerado por moitos o mellor.
O entroido máis longo de Galicia, e de Europa, celébrase en Xinzo. É que o Entroido de Xinzo 2025 comeza o 8 de febreiro e esténdese durante cinco domingos ata o 9 de marzo. Contámosche todo o que necesitas saber sobre o Entroido en Xinzo: datas, programa, o desfile do martes de Entroido, as pantallas e moito máis.
Febreiro é o mes máis curto do ano, pero as novidades na televisión que che ofrecemos en R non baixan o nivel de estreas. As mellores series, as mellores películas, deportes e documentais para todos os gustos: a serie Dexter Pecado Original e a película familiar Gru 4: mi villano favorito destacan en SkyShowtime e a acción vén da man de Parish, en AMC.
O calendario de festas en Vigo empeza en xaneiro coa tradicional celebración de San Blas na parroquia de Bembrive. O groso da festividade ten lugar do 1 ao 3 de febreiro, pero o programa de San Blas en Vigo 2025 arranca xa o venres 10 de xaneiro. Ademais de música, os furanchos son os outros grandes protagonistas da festa San Blas Vigo 2025, da que che contamos todos os detalles.
Galicia é un paraíso natural incomparable, con todo tipo de paisaxes e sendeiros preparados para a súa visita. As Fragas do Eume é un deses pequenos lugares agochados na provincia da Coruña. 9.000 hectáreas de bosque atlántico, un dos mellor conservados de toda Europa. E para visitalo nada mellor que seguir as súas oito rutas nas que reencontrarse coa natureza.
Descubre as palabras ocultas nesta sopa de letras e gaña unha Nintendo Switch.
Falar do Entroido de Laza é falar dos Peliqueiros. Son os grandes protagonistas da festa desta pequena localidade ourensá. É un dos máis tradicionais e antigos de toda Galicia, que non debes perder. Consulta aquí o programa do Entroido de Laza 2025 para saber cando ver aos Peliqueiros, onde tiran as formigas no Entroido de Laza 2025 ou que é a Farrapada.
Se tentamos describir o Canón do Sil con palabras quedariamos curtos. O mellor é que o vexas cos teus propios ollos desde os case 50 miradoiros do Sil, que seguen o curso do río na Ribeira Sacra. Consulta aquí a lista completa de miradoiros do Sil e como chegar aos mellores balcóns da parte de Ourense e da de Lugo, que divide o río. Tamén che contamos como percorrer os miradoiros do Sil en coche.
A cidade herculina pode presumir de museos, porque ademais de ter unha chea, hainos de temáticas moi variadas. Queres saber cales son os museos gratis na Coruña? Cando é gratis a Domus, por exemplo? Que días a entrada é libre nos museos coruñeses? Contámoscho todo nesta lista dos museos gratis na Coruña.
Apetéceche unha hamburguesa? Neste post atoparás unha recompilación de locais nos que podes tomar unha boa hamburguesa na Coruña.
Ano novo, contidos novos. O 2025 ven cargadiño para todos os amantes das series, dos filmes e dos deportes. O entretemento é o rei na televisión que ofrecemos en R coa nova canle SkyShowtime, que engadimos o mes pasado. Nela pódese gozar da exitosa Yellowstone, entre outros contidos.
Melchor, Gaspar e Baltasar xa están preparados para visitar Ferrol e traerlle aos nenos e ás nenas de Ferrol todo o que pediron, se foron bos, claro. Para iso, a cidade departamental organizou unha benvida á súa altura para que os Reis Magos percorran as rúas de Ferrol o domingo 5 de xaneiro na Cabalgata de Reis en Ferrol 2025 e imos contarvos o seu percorrido e o seu horario.
Xa están de camiño e os máis pequenos da casa xa os esperan. Como todos os anos, Melchor, Gaspar e Baltasar visitan Ourense dende o lonxano Oriente para traerlle aos nenos e nenas que se portaron ben todos os agasallos que lles pediron. Por iso, a cidade das termas ten todo preparado para acollelos como se merecen. Contámosvos o percorrido e os horarios da Cabalgata de Reis de Ourense 2025 do domingo 5 de xaneiro.
Os Reis Magos non se ían perder o Nadal máis iluminado e famoso de Galicia. Como era de esperar, os Magos de Oriente visitarán Vigo para deleite dos máis pequenos da casa o domingo 5 de xaneiro. Por causas meteorolóxicas Melchor, Gaspar e Baltasar non farán o tradicional percorrido pola cidade olívica na Cabalgata de Reis en Vigo 2025, estarán no Instituto Feiral de Vigo durante todo o domingo nunha cabalgata estática. Contámosche o horario.