Blog de R: festas, curiosidades e rutas en Galicia

Quecheparece

Influencers galegos que triunfan nas redes sociais 2026

Quen son os influencers galegos con máis seguidores? Buscamos nas redes sociais para facer a lista Top influencers Galicia, que encabezan Xurxo Carreño, Wismichu e Patty Dragona como os principais youtubers galegos ou El Xokas dentro dos streamers galegos; pero hai máis tiktokers e instagramers galegos que triunfan nas redes sociais. Se non os coñeces, empeza xa a seguilos.

Xente R

Festivais Galicia 2026: onde e cando son todos os concertos

O Resu, Ortigueira, O Son do Camiño, o Morriña Fest… traémosche a lista completa de festivais Galicia 2026 para que saibas onde e cando se montan as festas cada mes do ano, en especial os festivais de Galicia no verán que son unha chea. Festivaleiro, garda ben esta información e compártea cos colegas cos que vas a ir de concertos en Galicia no 2026: datas, carteis, entradas…

Quecheparece

Entroido en Pontevedra 2026: programa, desfile, “Loro Ravachol”...

O Entroido de Pontevedra é un dos entroidos máis singulares e populares de Galicia. Tradición e sátira combínanse nun programa de actividades no que non faltan o Concurso de Murgas, a Festa Pirata ou o Gran Desfile de Entroido, nin personaxes emblemáticos como o “Loro Ravachol” e o Rei Urco. En 2026, o Entroido de Pontevedra celébrase do 13 ao 21 de febreiro.

Quecheparece

Entroido de Verín 2026: programa, datas, horarios…

O Entroido de Verín 2026 dura varias semanas e xunto cos entroidos de Laza e Xinzo de Limia forman un peculiar triángulo de Entroido en Galicia, considerado por moitos o mellor. Este ano o Entroido de Verín 2026 celébrase do 5 ao 18 de febreiro, onde toda a vila de Ourense vive por e para a festa.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en febreIro 2026

Febreiro é o mes por excelencia do Entroido, pero nalgún momento teremos que facer unha pausa de tanto disfrace e festa. E é aí onde entran as grandes estreas da televisión que che ofrecemos en R. Para abrir boca, entre todas as novas series deste mes, SkyShowtime estrea a esperadísima Los Tipos Malos 2, para que toda a familia a goce, e Ponies, coas súas investigacións ambientadas durante a Guerra Fría. Unha das sorpresas deste mes é que imos de viaxe ao Salvaxe Oeste coa incorporación de AMC Western á oferta da televisión que che ofrecemos en R. E tamén faremos unha parada en Praga coa estrea da T8 de The Rookie en Warner TV.n

Quecheparece

Festa da Arribada de Baiona 2026: programa, mercado medieval…

A festa da Arribada de Baiona 2026 celébrase do 27 de febreiro ao 1 de marzo con moitas actividades, nas que destacan o Mercado Medieval ou a representación teatral do Descubrimento na Praia Ribeira. É que coa Arribada 2026 lémbrase a chegada da carabela Pinta coas noticias do descubrimento de América. Consulta aquí todas as actividades do programa da Arribada Baiona 2026.

Quecheparece

Peaxe Ourense Santiago 2026: prezo da AP-53, descontos...

A forma máis rápida de ir en coche de Ourense a Santiago é a autoestrada AP-53 de pago. Canto custa a peaxe Ourense Santiago en 2026? Podes ver aquí a táboa de prezos en vigor dende o 1 de xaneiro de 2026 e os descontos que ten se pagas con telepeaxe. Ademais de toda a información sobre a peaxe Santiago Ourense, contámosche canto é a peaxe A Coruña Ourense, que nese caso implica coller a AP-9 e a AP-53.

Quecheparece

Festa do Cocido de Lalín 2026: datas, programa, restaurantes...

O domingo 8 de febreiro celébrase a Festa do Cocido de Lalín 2026, pero a festa gastronómica comeza xa semanas antes, co Mes do Cocido de Lalín, do 15 de xaneiro ao 14 de febreiro de 2026. Contámosche máis sobre o programa de actividades, o tradicional desfile de carrozas e, por suposto, onde comer un bo cocido de Lalín.

Quecheparece

Voos directos dende Santiago de Compostela 2026: Europa, Nova York, Sevilla...

Pensando na túa próxima viaxe? Axudámosche a elixir destino con esta lista de voos directos dende Santiago de Compostela 2026. Viaxa sen facer conexións a Sevilla, Valencia, Málaga, Bilbao... entre outros destinos. Aquí atoparás tamén os voos directos dende Santiago de Compostela a Europa, ademais de rutas internacionais como os esperados voos directos Santiago Nova York. Consulta aquí as rutas e as frecuencias deste ano, dende xaneiro de 2026, que iremos actualizando cada trimestre para que saibas todas as novidades de cada tempada.

Quecheparece

Entroido en Vigo 2026: programa, datas, horarios, desfiles...

Os galegos non tardamos moito en recuperar o espírito festivo ao comezo do ano. Mesmo co último bocado de turrón na boca, xa nos estamos preparando para o Entroido en Vigo 2026, do 13 ao 18 de febreiro. E aquí imos comentarche o programa das festas, os seus horarios e as datas nas que caen este ano.

Quecheparece

San Blas en Vigo 2026: programa, horario, furanchos...

O calendario de festas en Vigo empeza coa tradicional celebración de San Blas na parroquia de Bembrive o 3 de febreiro, pero o programa de San Blas Vigo 2026 arranca xa o venres 9 de xaneiro. Ademais de música, os furanchos son os outros grandes protagonistas da festa San Blas Vigo 2026, da que che contamos todos os detalles.

Quecheparece

Entroido de Ourense 2026: programa, datas, horarios…

O Entroido de Ourense 2026, do 12 ao 18 de febreiro, vén cargado de actividades, entre as que destaca o desfile de comparsas e carrozas do domingo 15 de febreiro. Durante todas as festas hai actuacións de orquestras, charangas, concertos, DJ, os entroidos dos barrios e moita diversión ata o 18 de febreiro, día do Enterro da Sardiña. Consulta aquí todo o programa do Entroido de Ourense 2026, para informarte das datas e horarios de todas as actividades.

Quecheparece

Todos os festivos en Galicia 2026: calendario laboral

Pensando en vacacións? Bótalle un ollo ao calendario de festivos en Galicia 2026. Consulta aquí tamén as pontes que hai en Galicia en 2026 ou o Entroido en Galicia 2026. E os festivos locais da Coruña, Santiago… e o resto de festivos locais en Galicia 2026 por localidades.