Quecheparece
Concurso: frases de dobraxe en galego
Participa neste concurso sobre frases de dobraxe en galego e gaña camisetas de Nikis Galicia.
Participa neste concurso sobre frases de dobraxe en galego e gaña camisetas de Nikis Galicia.
A centenaria cultura galega está chea de personaxes, criaturas e seres mitolóxicos que perduraron no noso imaxinario común durante centos de anos. Hoxe en día aínda mantemos moitos deles nas nosas raíces culturais. Facemos unha selección dos seres, criaturas e personaxes da mitoloxía galega máis coñecidos da nosa terra.
Sabes que están en Galicia os cantís máis altos da Europa continental? Son os cantís de Vixía de Herbeira. Contámosche como chegar, en coche ou a pé, e que vas atopar nunha das paisaxes naturais galegas máis impresionantes.
O Resu, Ortigueira, O Son do Camiño, o Morriña Fest… traémosche a lista completa de festivais Galicia 2024 para que saibas onde e cando se montan as festas cada mes do ano, en especial os festivais de Galicia no verán que son unha chea. Festivaleiro, garda ben esta información e compártea cos colegas cos que vas a ir de concertos en Galicia 2024: datas, carteis, entradas…
Queres saber onde celebra o Samaín en Galicia 2024? Percorremos as principais localidades onde podes gozar desta festa a noite do 31 de outubro. Contámosche as actividades e programación do Samaín en Ourense, Briz, Allariz, Ferrol, Cedeira, A Coruña ou Pontevedra para que goces desta tradición tan nosa.
O Camiño de Santiago foi un acicate máis para que dende hai séculos as ordes relixiosas se asentasen en Galicia. Grazas a iso, a nosa comunidade, e especialmente a provincia de Ourense, está chea de grandes mosteiros de gran riqueza arquitectónica e cultural. Recompilamos os principais mosteiros en Ourense para que poidas facer unha ruta e visitalos.
Es de burgers clásicas, hamburguesas gourmet ou prefires opcións máis innovadoras? Quizais propostas vexetarianas. Sexa cal for a túa preferencia, en Vigo atoparala. Aquí tes unha recompilación de locais nos que desfrutar das mellores hamburguesas en Vigo.
Apetéceche un baño tranquilo en augas cálidas e en plena natureza? Non te perdas o noso percorrido polas mellores termas en Galicia, xa que contamos cun bo número de augas termais ao aire libre e moitas delas son gratuítas. A gran maioría das termas naturais de Galicia concéntranse na provincia de Ourense, convertida nun auténtico paraíso termal. Así que aquí atoparás onde están as termas gratis en Ourense e no resto de Galicia.
A estas alturas, ninguén dubida da beleza e da variedade tanto do patrimonio natural como arquitectónico de Galicia. E se algún edificio chama a atención pola súa maxestosidade, son os castelos. Hoxe imos seleccionar para ti os principais castelos en Galicia, moitos medievais. Tamén che contamos os castelos en Galicia para visitar, porque na maioría podes entrar e, nalgúns casos, pasar unha noite entre os seus muros. Aquí atoparás os seus horarios e restricións.
"O Paraíso do Marisco" está no Grove. Cada ano, decenas de miles de persoas achéganse a esta localidade costeira para saborear os mellores produtos do mar e, de paso, gozar dos concertos e do amplísimo programa da Festa do Marisco do Grove 2024, do 3 ao 13 de outubro.
Chegou outubro e o tempo do outono vaise facendo sentir. Todos pensamos na manta e no sofá para poder gozar da televisión que che ofrecemos en R. Chegan moitas novidades que non non podes deixar pasar. Podes gozar da canle Dark e da súa nova serie Hay algo en el bosque ou dos novos episodios de Evil – T4 na canle Syfy.
Que remate o verán non significa que rematen as festas e as feiras populares. Unha das máis esperadas do outono é As San Lucas de Mondoñedo 2024, do 16 ao 20 de outubro, considerada unha das feiras tradicionais máis importantes de Galicia. Contámosche todas as actividades e o programa das San Lucas de Mondoñedo 2024.
A festa de San Froilán de Lugo 2024 é unha das máis populares do outono galego. Declarada Festa de Interese Turístico Internacional, as súas casetas de polbo, os concertos e citas tan soadas como o Domingo das Mozas atraen cada ano a miles de visitantes á "Cidade da Muralla" do 4 ao 12 de outubro. Consulta aquí o programa e os concertos de San Froilán 2024.
Participa no noso test de personalidade para saber quen es nunha festa.