O balance deste ano resulta especialmente difícil. Quen nos ía dicir a pasada Noitevella que en marzo ía cambiar todo tan rápido. Unha evolución que nos fixo reaccionar a fume de carozo e envorcarnos máis que nunca coa sociedade.

Este ano, cumprir ao máximo o noso compromiso contigo significa moito para quen formamos parte do equipo R, e de verdade que nos esforzamos por estar á altura do que necesitabas. Esperamos terche axudado. Dámosche as grazas un ano máis por estar aí.

A achega de R a iniciativas sociais

Durante a crise sanitaria tentamos facer máis levadío o confinamento a todas as persoas nos seus fogares e ás que estaban hospitalizadas, baixo o lema “Tecnoloxía por e para as persoas”.

La aportación de R a iniciativas sociales

  • Colectivos vulnerables e persoas hospitalizadas: para que ninguén quedase atrás, facilitamos conectividade con tarxetas SIM a escolares de familias con poucos recursos, en colaboración coa Xunta de Galicia (a través da Consellería de Educación e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) e outros organismos.

    Ademais, axudamos a aliviar a estadía das persoas hospitalizadas, que puideron acceder gratis a tv comigo, a televisión online de R.

  • Gigas gratis e internet compromiso: o teletraballo, as videochamadas ou as clases online dos estudantes esixiron máis gigas que nunca; por iso puxemos ao teu alcance datos extra para os teus móbiles. E fomos máis aló, ofrecéndoche internet compromiso: unha conexión a internet de calidade a un prezo reducido para os colectivos máis vulnerables.

  • Máis contidos de lecer: este ano pasamos moito tempo na casa e pensamos que poderiamos facerche máis levadíos os días reforzando os nosos contidos de televisión. Abrimos as canles infantís e de cine, ofrecemos especiais educativos e incorporamos 100 películas a rebobina de forma gratuíta.

Actividades R, online

A crise sanitaria obrigou a modificar o formato dos eventos culturais e tecnolóxicos nos que participamos dende R e que cada ano reúnen miles de persoas.

Actividades R online

As charlas crea R que habitualmente percorren Galicia celebráronse por primeira vez en formato virtual. Tes dispoñibles na nosa canle de Youtube todas as charlas sobre educación dixital para adultos que tanto éxito tiveron.

Online tamén se volveu a XGN R Encounter, a maior lanparty de Galicia. Fostes moitos os que seguistes en streaming todas as actividades formativas e lúdicas, competicións de videoxogos e arte dixital, a través da canle de Twitch.

E a pesar da pandemia, R non faltou ao seu compromiso co audiovisual galego apoiando un ano máis o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU). Tampouco quixemos perdernos a cita co emprendemento do Pont-Up Store e as súas múltiples actividades, que este ano se realizaron tamén de forma virtual.

O Resu resistiu e celebrou unha edición solidaria online e gratuíta cunha programación moi especial que repasaba os 15 anos de historia do festival a través da súa canle de Youtube. O Resurrection Fest Estrella Galicia Online permitía así revivir dende a casa a sensación de estar en Viveiro na mellor semana do ano.

Patrocinadores oficiais do Xacobeo 2021

O ano que vén espéranos un acontecemento de excepcional interese público, o Xacobeo 2021. E en R imos estar alí como patrocinadores desta cita que non se repite dende hai 10 anos. Con este apoio, R ratifica o seu compromiso permanente con Galicia. Iremos contando máis detalles nos próximos meses.

Patrocinadores oficiales del Xacobeo 2021

Outra gran noticia que nos deixa 2020 é a renovación co Basquet Coruña. Acompañaremos ao equipo en cada batalla sobre a cancha.

Máis galegos con fibra

A pandemia non nos parou porque seguimos coa teima de avanzar máis para chegar a máis galegos coa nosa fibra. Este ano sumamos máis fogares e negocios á rede de R con despregamentos en Cariño, A Estrada, O Grove, Guitiriz, Cambados, Noia, Vilanova de Arousa, Ribadumia, A Pobra do Caramiñal, Carballo, Padrón, Antas de Ulla, Ames ou Teo.

Ademais, dende o mes de setembro estamos a traballar en mellorar e ampliar a nosa cobertura da internet fixo, para que desfrutes dun servizo de calidade.

Más gallegos con fibra

Agradecémosche enormemente unha vez máis a túa confianza; porque grazas a ti podemos seguir crecendo día a día. Esperamos serche de axuda nestes meses tan difíciles e seguir séndoo no presente e no futuro.

Desexámosvos moita saúde a todos.

Feliz Ano!