Nestes momentos, o máis importante para R é a túa saúde e a da túa familia. Esperamos que vos atopedes ben. Xa queda menos e imos conseguir gañar esta batalla xuntos.

Mentres tanto, seguimos traballando e buscando cada día as mellores solucións para ti, facendo realidade o lema de “Tecnoloxía por e para as persoas”. Por iso, puxemos en marcha as seguintes iniciativas para facer máis fácil de levar o confinamento a todas as persoas nos seus fogares e ás que están hospitalizadas.

Colectivos vulnerables e persoas hospitalizadas

Tentamos poñer o noso gran de area para loitar contra a fenda dixital, facilitando o acceso de conectividade a colectivos vulnerables. Non nos esquecemos das persoas que lamentablemente se atopan nun hospital e tratamos de facerlles máis levadía a súa estancia. Esta foi nosa achega:

  • 200 tarxetas SIM de datos e wificlientes R gratuíto para dotar de conectividade nos seus fogares aos/ás alumnos/as de familias con menos recursos económicos para permitirlles seguir o resto do curso telematicamente. Unha iniciativa realizada en colaboración directa coa Xunta de Galicia (a través da Consellería de Educación e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia).

  • acceso gratuíto á nosa plataforma de televisión online tv comigo a todas as persoas hospitalizadas. Nos primeiros 15 días, máis de 1.000 persoas a activaron

  • iniciativas sociales durante la crisis sanitaria: tv comigo

Compromiso coa sociedade

Durante este período de confinamento, estivemos ao teu lado, escoitando as túas inquietudes, informándote nas nosas redes sociais e blog, enviando consellos para facerche máis levadíos estes días e recomendando sempre un uso racional e responsable da rede. E canalizámolo na web R.gal/euquedonacasa para que esteas sempre ao día.

Ademais, reforzamos as nosas plataformas de atención ao cliente e o soporte técnico a empresas para dar resposta ás necesidades de teletraballo das súas empregadas e empregados.

Se che toca traballar fóra ou non tes wifi, dámosche xigas extra nas liñas de móbil que necesites.

Máis contidos de lecer

Reforzamos os nosos contidos de televisión para que os días se che fagan máis levadíos.

Somos conscientes de que cada situación é diferente, e queremos serche útiles. Por iso, se necesitas algo especial, por inverosímil que che pareza, consúltanolo. Tentaremos darche unha solución canto antes ou buscar a mellor alternativa.

Aquí seguimos para escoitarte, máis preto e unidos que nunca. Xuntos conseguirémolo, ánimo! Estamos convencidos de que todo vai saír ben. Mentres tanto, cóidate.