Dende R adoptamos diferentes medidas para paliar os efectos da crise sanitaria causada polo COVID-19, entre eles, o peche de colexios en Galicia.

Para os peques, que non van ao coles estes días, abrimos as canles infantís da televisión R e tamén as canles especializadas en cine, pensando en toda a familia. Esta medida estará dispoñible a partir de hoxe e é totalmente gratuíta.

Cine e infantil en aberto

Reforzamos os contidos infantís para o entretemento dos máis pequenos que non poden asistir ao colexio. Poderán ver os debuxos, series e películas de Panda, Disney Junior, Nickelodeon, Nick Jr e BabyTV.

Pensando en toda a familia, abrimos tamén a todos os clientes as canles de cine especializadas: Sundance TV, Xtrm, Somos e Dark.

Ademais, poderás acceder a todos estes contidos baixo demanda en rebobina.

Cine e infantil en aberto

Continuidade do servizo

Por outra banda, para intentar solventar posibles afeccións do COVID-19 nas comunicacións durante a crise sanitaria, vimos de tomar outras decisións coma establecer o teletraballo para as nosas persoas e reforzar o aseguramento da continuidade das telecomunicacións para fogares e empresas.

Xestións online

Tamén dende atención ao cliente estamos a traballar en diferentes medidas de continxencia para que sempre teñas a mellor atención. Lembra que a través da web de clientes, a app (Android e iOS), redes sociais e correo electrónico podes realizar todas as túas xestións como consultar produtos, consumos, pagamento de facturas, xestión de cambios, notificar unha avaría e moitas opcións máis.

Empresas

Se es unha empresa, podes estar tranquilo porque as nosas plataformas de atención ao cliente e soporte técnico aseguraron as conexións remotas para facilitar o uso de portátiles. Ademais, axudarante en calquera xestión relacionada coa conectividade.

Aprazadas as actividades R

Aprazáronse os eventos culturais e tecnolóxicos, que ían congregar numeroso público, previstos para estes días, como os monólogos R ou os talleres de robótica para nenos crea R. Buscaremos novas datas cando a conxuntura da crise sanitaria o permita.

Con estas medidas queremos poñer o noso graniño de area para facervos máis levadeiros estes días.