En R traballamos para mellorar e ampliar a nosa cobertura da internet fixo, para que desfrutes dun servizo de calidade. Queremos que teñas a mellor rede de telecomunicacións. Este é o noso compromiso con Galicia.

Ti estás no centro de todo o que facemos e somos conscientes de que agora utilizas máis que nunca internet na casa para traballar, facer videochamadas ou para que os rapaces e as rapazas sigan as clases online. Así que nos puxemos a traballar para renovar a nosa rede e que desfrutes da mellor experiencia de navegación.

1,1 millóns de investimento

A metade dos clientes de R beneficiaranse deste plan de renovación da nosa rede que puxemos en marcha en setembro cun investimento de 1,1 millóns.

Dende o mes de outubro e durante este mes de novembro están a realizarse xa estes traballos de ampliación de capacidade en 14.000 fogares pertencentes aos municipios de Ares, Arteixo, Cabanas, Cambre, Cedeira, Culleredo, Mugardos, Narón, Pontedeume, e zonas da Coruña e Ferrol.

Son traballos de melloras na rede e nos equipos de acceso aos que se conecta o cablemódem da túa casa; pero ti non terás que facer nada, notarás a mellora de calidade de navegación de forma automática.

Queremos agradecerche enormemente a túa confianza porque grazas a ti podemos seguir crecendo día a día.

Esperamos que desfrutes estas melloras. E, con calquera dúbida, por aquí estamos.