As charlas crea R, as primeiras que realizamos de maneira virtual debido ás circunstancias actuais, foron un éxito. Se non puideches asistir ou queres volver velas, agora están dispoñibles ao completo na nosa canle de Youtube. Desfrútaas!

Queremos agradecer a túa participación dende casa nestas catro charlas informativas dirixidas á xeración que non naceu na era dixital. Esperamos que o pasases tan ben como nós e saques proveito a todos os consellos que escoitamos para que os nen@s usen ben as novas tecnoloxías.

crea R

Como xa sabes, levamos anos percorrendo Galicia con crea R: un dos proxectos nos que colaboramos coa Xunta a través da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), no marco do Plan de Digitalent.

crea R é unha proposta para familias que inclúe cursos de robótica (dirixidas a nen@s de 7 a 12 anos) e charlas sobre educación dixital para adultos. Debido ás circunstancias actuais, non podemos celebrar os talleres de robótica, pero si vos ofrecemos a posibilidade de unirvos ás charlas dende as vosas casas.